O meu gato é un poeta
Edicións Xerais de Galicia, 72 páxs., 12 €
Estaba por chegar un libro de poesía para primeiros lectores que, sen desatender o aspecto lúdico, asumise unha concepción interartística e multimedia, e Fran Alonso foi quen de artellalo, seguindo o ronsel iniciado con Cidades e Poetízate, cos que contribuíu a desacralizar tanto a dinámica creativa da poesía como o que atinxe ao proceso da súa recepción. Velaquí unha sorte de libro-espectáculo, con versións musicais dalgúns poemas a cargo de Xurxo Souto e a opción de seguir xogando coa poesía nunha web interactiva creada ad hoc, onde o discurso creativo repousa nas palabras dese gato lírico e sorprendente, concibido cun orixinal deseño que se inspira en ferramentas tipográficas.
[caption id="attachment_1641" align="aligncenter" width="167" caption="Fran Alonso"]
[/caption]
Baixo o título de «Un libro-espectáculo» publicouse nas páxinas de información cultural, sección «recomendacións», de La Voz de Galicia, o 7 de marzo de 2011.

Pingback: Crítica de Ramón Nicolás sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso | Xerais