Collected poems, Lois Pereiro

 

Lois Pereiro

Collected Poems (traducción de Jonathan Dunne)

Small Stations Press-Xunta de Galicia, 2011, 190 páxinas,  Bulgaria, 14 €

Unhas mans amigas agasállanme con este libro, do que sentira falar pero ao que non tiven acceso ata hai uns días. O título, Collected poems, recolle a tradución ao inglés da práctica totalidade da obra poética de Lois Pereiro. Ao meu xuízo é un importante libro por varias razóns pero apunto só dúas: por un lado testemuña a vitalidade do efecto Pereiro como protagonista do Día das Letras (alén deste título publicáronse hai poucos senllos estudos académicos da man da Universidade de Santiago e mais da Universidade de Vigo en coedición con Xerais, algo inusitado noutras convocatorias do Día das Letras, onde a data do 17 de maio simboliza o posible límite) e, por outra banda supón un acontecemento porque posibilita que Pereiro poida chegar, mercé ao exercicio da tradución, a un amplo horizonte de lectores que, se cadra, sen este libro nunca poderían facelo, de xeito que tamén facilita a proxección universalista do poeta, algo que por outro lado está na cerna da súa estética. Tampouco quixera deixar de citar o traballo de tradución, magnífico ao meu ver, que Jonathan Dunne realiza neste volume. Parabéns pola iniciativa e aplaudo que o proxecto chegase a bo porto: ao do lectorado de fala inglesa.

Chuzame! A Facebook A Twitter
This entry was posted in Crítica literaria, Día das Letras, Poesía and tagged , , , . Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>