Un cadro de Picasso/Un cadro de Velázquez (tradución de X. Ballesteros)
Faktoría K de Libros, Pontevedra, 2011, 36 páxs., 14€ (exemplar)
Hai libros que dá xenio que ocupen o noso tempo, xa non só polo seu contido, senón polo exquisito da súa edición e polo extremo coidado despositado no tratamento visual dos seus interiores, algo por outra parte tan relevante nunha proposta que pretende achegar o mundo da arte, cando menos o dalgunhas obras mestras, aos primeiros lectores e aos interesados no feito artístico en xeral.
Estes títulos posibilitan realizar unha atenta e documentada viaxe a través do que supoñen, e supuxeron, tanto «As meninas» de Velázquez coma o «Guernica» de Picasso, abordados ambos os dous desde unha perspectiva que permite esmiuzar, con sinxeleza, brevidade e rigor, aqueles elementos máis salientables que axudan a comprender as razóns que explican a singularidade e mais a relevancia destas dúas grandes pezas pictóricas universais achegándose, deste xeito, aos mundos simbólicos que nelas se encerran, aos contextos históricos en que se xestaron, ás técnicas empregadas, aos personaxes evocados, ás perspectivas que se exhiben ou ao tratamento da luz entre outras cuestións.
Conclúo estas liñas tal e como comecei, afirmando que dá xenio acceder a libros coma estes operativos para formar e informar con atractivo. Con eles pódense entender máis e mellor, por exemplo, as claves que se agochan neste video do Guernica en tres dimensións:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/I_65LYLzvvI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
