Unha amiga, viguesa-ourensá de adopción e aragonesa de nación, envíame un vídeo que quero compartir pois ofrece un percorrido visual coma se fose unha lectura elocuente sobre o patrimonio que, en gran medida, se nos furtou para os que vivimos, día a día, na cidade de Vigo.
Nel amósanse algúns edificios que xa non existen tanto pola voracidade inmobiliaria como pola falta de consideración cara ao noso patrimonio. Nas súas imaxes deixase ver, primeiramente, que é o que se atopa no espazo dos emprazamentos actuais e, despois e sobreexpostos, como eran orixinalmente. É unha viaxe ao que podía ser e non é malia que, con todo, tamén se advirtan algunhas recuperacións felices que se operaron neste »fe, fe, ferrové, / ferrové, ferrovello» tranviario e saudoso que cantou Celso Emilio Ferreiro.
Ramón, os vigueses andamos sempre nesa luita de renunciar á nostalxia do perdido para podermos sobrevivir. Así se fai a cidade, así crece, a costa do noso esforzo por olvidar e por, paradoxalmente, non perder a memoria. Unha aperta grande
Prezado Fran: concordo coa apreciación, sempre no gume da desmemoria e o devezo por non esquece. Unha aperta moi cordial.
Pingback: Brétemas » Onte 20: Vigo, arquitectura perdida