Xa me tardan estes Magos, de Mamá Cabra

Mamá Cabra

Xa me tardan estes Magos

Editorial Galaxia, Galaxia, Vigo, 2011, 28 páxinas + cd, 20 €

 

É motivo de satisfacción que, nestas datas, se poidan achar posibilidades para agasallar produtos galegos como este que arestora Galaxia ofrece entre nós baixo o título de Xa me tardan estes magos. Velaquí, así pois, o novo libro-disco de Mamá Cabra, que conta con magníficas ilustracións de Kristina Sabaite e no que cadran un monllo de poetas galegos de garantía como son Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria M. Roel, vocalista do grupo Mamá Cabra. Os poemas recrean, case sempre desde as instancias da ironía e a frescura, sen desatender a importancia do ritmo e da rima, motivos omnipresentes que teñen que ver coas festas do Nadal pero non só.

A sinxeleza da proposta é tamén outra das súas características: as ilustracións dan acobillo, nun atractivo deseño, aos propios poemas que aparecen musicados nun cd anexo que revela a forza e bo facer deste grupo musical. Os meus parabéns polo proxecto e aquí deixo unha mostra do seu traballo: «A panxoliña dos ratos», con letra de Gloria Sánchez:

Chuzame! A Facebook A Twitter
This entry was posted in Poesía and tagged , . Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>