O manuscrito de On the road, de Kerouac, en París

Até o 19 de agosto, no Museo de Cartas e Manuscritos de París, exporase o célebre  manuscrito no que Jack  Kerouac escribiu On the road (vía blogtailors): un rolo de télex de 36 metros de longo e 22 centímetros de ancho que acolle un único parágrafo de 320 páxinas e 125.000 palabras, sen marxes nin capítulos, escrito en 20 días e que se asemellaba, ao desenrodelalo, a unha estrada, como afirmou Kerouac en 1951, ao pouco de rematalo. A exposición cadra, por outra parte, coa película inspirada neste libro e que vén de se estrear en Cannes. Máis información sobre a exposición no Musée des lettres et manuscrits, unha web pola que paga a pena deixarse pasar. Abaixo o tráiler oficial da película:

Chuzame! A Facebook A Twitter
This entry was posted in Cine, Noticia and tagged , . Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>