María Reimóndez, con O monstro das palabras e Pirata ao fondo

Outra vez ese privilexio que é vivir a dinámica dun club de lectura. No centro en que traballo tivemos ocasión de gozar cunha nova visita ao «Lendo no Galiñeiro»: a derradeira deste curso escolar. Nesta ocasión foi María Reimóndez que nos agasallou cunha rápida e áxil revisión do que se pode atopar n´O monstro das palabras e en Pirata, en xeral en toda a súa produción narrativa: unha reflexión substancial sobre a lingua e as linguas, arredor do exercicio do poder, das relacións entre as persoas e do papel da muller na súa obra e mais no mundo. Acabamos dialogando sobre Implicadas no Desenvolvemento, os seus proxectos e realidades. Como non podía ser doutra maneira tamén se citou a Salma, ao seu Despois da medianoite e ao que alí se conta. Foi unha visita memorable, substanciosa e da que moito aprendemos. Grazas!

Chuzame! A Facebook A Twitter
This entry was posted in Divulgación, Opinión and tagged , , . Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>