Artur e Clementina, de Adela Turín e Nella Bosnia

Adela Turín (texto), Nella Bosnia (ilustracións) e Eva Almazán (tradución)

Artur e Clementina

Kalandraka, Pontevedra, 40 páxinas, 15 €, 2012.

No ano 1976 Adela Turín comezou a publicar, en Italia, a serie «Dalla parte delle bambine» e axiña se converteu nunha colección de carácter referencial polos seus contidos a prol da coeducación e mais da igualdade. A data de hoxe resulta inexcusable afirmar que estas propostas seguen a ser extraordinariamente operativas para avanzar neste camiño.

    A prosa de Turín, en aparencia sinxela porque se estrulla en si mesma até se converter nun discurso exposto coa precisa axilidade e claridade expositiva, adopta a fórmula da fábula para evidenciar, sutil e certeiramente, a discriminación sexual e a existencia de estereotipos sexuais, antes e agora.

    O interese desta espléndida proposta, na que non pouco que teñen que ver as ilustracións de Nella Bosnia,  introducindo aos poucos reflexións sobre conceptos e realidades como o desprezo, a culpabilidade ou a resignación, xunto coa acaída resolución do conflito: fuxir e emprender unha nova vida, fan deste Artur e Clementina un volume de lectura moi aconsellable.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
This entry was posted in Álbum ilustrado, Crítica literaria and tagged , , , . Bookmark the permalink.

2 Respostas a Artur e Clementina, de Adela Turín e Nella Bosnia

  1. Pingback: Letras galegas en Qué leer nº 178 (Unha de lecturas do verán) | Caderno da crítica

  2. Pingback: Rosa Caramelo, de Adela Turín e Nella Bosnia | Caderno da crítica

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>