Con Celso Emilio Ferreiro

Onte celebrouse a primeira presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro e acolleunos un espazo magnífico como é a JT PhotoGallery de Javier Teniente en Vigo, un lugar  que recomendo vivamente visitar. Só podo dar as grazas ao seu propietario, por cedernos a súa casa; a Celia Torres pola organización, coma sempre, impecable; ás garimosas  palabras de Manuel Bragado,  Luís Ferreiro e Abel Caballero, que se sumou voluntariamente a un acto e en quen vexo, como sinalou Bragado, a representación simbólica da cidade na que vivo e que está coa memoria de Celso Emilio Ferreiro. A miña gratitude a Isabel Ferreiro  pola súa simpatía, polos poemas declamados de seu pai e polas palabras que me dedicou. Por suposto non esquezo os magníficos Labregos do tempo dos Sputniks, que nos agasallaron con tres temas e que saían a toda velocidade, ao rematar o acto, para Fisterra.

      E, non podía ser doutra maneira, o meu agradecemento tamén a quen asistiron: aos meus, a docentes e alumnado do IES Valadares, a moitas persoas da nosa República da Letras que quixeron estar neste momento canda nós, aos amigos, amigas e a xente que descoñecía pero que se uniu con optimismo nesta devoción ferreiriana: unha bóla de neve que non se detén. Onte será un día  difícil de esquecer.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
This entry was posted in Celso Emilio Ferreiro, Presentación and tagged , , , , , , , , , . Bookmark the permalink.

3 Respostas a Con Celso Emilio Ferreiro

  1. Pingback: Entrevistas sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» | Caderno da crítica

  2. Celina di:

    Grazas a ti polas túas verbas e polo acto en xeral, seguemos a aprender cousas sobre CEF, Vigo e a cultura galega en xeral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>