-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Álbum ilustrado
O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso
Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso
O cullarapo Croque
A Porta Verde do Sétimo Andar, Vigo, 2012, 36 páxinas, 19 €
Publicado como a quinta entrega dos chamados «Q de Vian Cadernos» chégame esta fermosa publicación, requintada e expresivamente ilustrada por Luz Beloso, da man de Miguel Ángel Alonso Diz, ese forxador de versos inquedo e imaxinativo: un activísimo membro dese colectivo plural chamado «A porta verde do sétimo andar» que foi acadando un espazo propio para posibilitar editorialmente novas propostas narrativas, poéticas e, singularmente, tamén no ámbito da poesía para primeiros lectores, que comezan a ler sós e que tamén queren compartir lecturas pois sen dúbida este é un libro para compartir, aprender e gozar.
O libro, prologado suxestivamente por Xosé Neira Vilas e obxecto dunha intensa e coidada atención tipográfica, gobérnase por unha inequívoca vontade naturalista e imaxinativa, adentrándose nos fecundos terreos que, para a creación aliada coa fantasía, ofrecen os diversos elementos da natureza de xeito que sexan estes os que van fiando un discurso poético sinxelo, tenro e efectivo, que se achega a motivos como o dereito á diferenza, á lingua ou o amor.
Deséxolle a maior das sortes aos responsables deste proxecto. En ocasións, a fe depositada nos valores dun libro, coa forza de alguén que comeza, fai que o seu efecto e recepción vaia a máis e medre como unha bóla de neve; oxalá sexa este o caso pois ben o merece.
Os calderetas descobren a poesía en Celanova, VV.AA.
Os calderetas descobren a poesía en Celanova
Fundación Curros Enríquez-Concello de Celanova, Vigo, 2011, 32 páxinas, 6 €
Un amigo faime chegar unha recente publicación da Fundación Curros Enríquez e mais do Concello de Celanova rexida, fundamentalmente, por dous criterios fundamentais como son achegar ao feito poético aos máis pequenos e mais divulgar as figuras literarias de Celanova.
Deste xeito, un equipo conformado polo coñecido creador dos Bolechas, Pepe Carreiro, xunto con Abraham Carreiro e mais J. Carlos Martínez, articulan, a través de tres personaxes chamados Torcuato, Cristal e Roque, un percorrido visual polos espazos de referencia da vila ourensá, pragada de resonancias literarias, a través dunha conversa sobre a poesía co pano de fondo da presenza de Castor Elices, Manuel Curros, Castor Méndez, Xosé L. Méndez Ferrín e mais Celso Emilio Ferreiro, respecto de quen estamos a piques de entrar no seu centenario.
Teño para min que a iniciativa é positiva pois sempre é de agradecer calquera ferramenta, e moito máis se é un libro, concibida para divulgar a poesía, e a lírica de marca celanovesa aínda máis, pois sempre é un recurso interesante e rendible, talvez non unicamente entre os escolares da vila de San Rosendo.
Digo isto pois a quen isto escribe serviulle, asemade, para coñecer a orixe da denominación popular de «calderetas» aos orixinarios de Celanova. O conto relátao mellor Antonio Piñeiro, no limiar do libro, e aquí o reproduzo: “Contaba un freire, pouco antes da exclaustración, que o paso das tropas de Napoleón por esta terra provocou nas parroquias de Amoroce, Mourillós e Cañón unha común indixencia que levou ó abade do convento a ordenar periodicamente unha serie de repartos comestibles co fin de paliar a fame na poboación. E fíxoo de tal xeito que as xentes acudían ó convento coas súas “calderetas” á procura do caldo, e de aí nos vén o nome de “Calderetas” a nós”.
Parabéns, pois, pola iniciativa e que este sexa só un chanzo máis nese propósito de popularizar a poesía en xeral, e a celanovesa en particular, entre os máis novos.
Cando chove, de Leire Salaberria
Cando chove (tradución de G. Tolentino)
Faktoría K de Libros, Pontevedra, 2011, 36 páxinas, 13 €
Agora que chove decidín botarlle unha olladela curiosa a este álbum infantil e teño que dicir que me sorprendeu pola súa frescura -e non unha afirmación retranqueira-, por certa ironía que exhibe e mais e pola capacidade imaxinativa que encerra. Cando chove é, así pois, unha proposta gráfico-literaria de Leire Salaberria (Andoain, Guipúscoa, 1983), licenciada na Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco e na actualidade dedicada profesionalmente á ilustración, que baixo o título de Euria ari duenean foi galardoada nun concurso que bo sería imitar aquí como é a V Bolsa Etxepare ao mellor proxecto para a creación dun álbum ilustrado en éuscaro.
O álbum, ao meu ver, envolve e cativa a quen se achegue a el tanto pola capacidade fabuladora que emerxe dunha realidade máis ou menos cotiá tal é a chuvia como polo contaxio optimista que irradia esa voz feminina, esa nena que realiza un percorrido intelixente e enxeñoso non só polos espazos físicos -domésticos ou naturais, de interiores ou abertos- senón tamén por esoutros espazos emocionais polos que a chuvia pode discorrer provocando desemellantes estados de ánimo. Todo iso, xaora, operando cunha sutil graduación matices que o lectorado adulto non advirte, ou pode xa non advertir, mais que grazas a este traballo recupera. Parabéns polo premio, parabéns por este resultado final.
A viaxe de Olaf, de Martín León Barreto
A viaxe de Olaf (tradución de Manuela Rodríguez)
Kalandraka.-Concello de Santiago, Pontevedra, 2011, 48 páxinas, 13 €
Sigo con crecente interese os fallos anuais dos Premio Internacional Compostela de álbums ilustrados pois penso que este xénero é un elemento clave na divulgación da lectura e dos hábitos lectores entre os lectores e as lectoras do mañá, que formula na súa concepción enormes posibilidades creativas e que, neste caso concreto, sempre resulta unha garantía dado o perfil dos compoñentes escollidos para o xurado. Alén diso o galardón foi gañando en resonancia e, nesta quinta convocatoria, é xa un ben moi cobizado como demostra o aumento case exponencial de orixinais presentados ao certame.
Nesta ocasión optouse, ao meu ver, por unha proposta moi efectiva en canto ao discurso literario, se cadra menos arriscada ou vangardista que en anteriores resolucións, mais non por iso menos atractiva e novidosa
no que se refire ao tratamento visual que a acompaña. A viaxe de Olaf, de Martín León Barreto, discorre polas fronteiras do relato de inspiración acumulativa e circular no que o protagonista iniciará un percorrido á busca de novos horizontes, acompañándose deste xeito e para este obxectivo de animais que conlevan un evidente peso simbólico, permitindo así outras lecturas e pór en marcha un imaxinativo exercicio complementario ao que de seu nos amosa: cabalos alados, tigres arco da vella, elefantes, paxaros que saben falar e mesmo lucecús… Á sinxeleza expositiva, que non simplicidade, e mais ao meritorio exercicio de esencialización que dominan o relato, cheo de ritmo e de musicalidade na edición galega e debedor en parte do espírito do contos tradicionais, xúntaselles unhas fantásticas e expresivas ilustracións de filiación xeométrica, moi rechamantes pola súa diversidade cromática, convincentes e tan reais que semellan saír do papel. Parabéns, pois, a Martín León polo premio, ao xurado por esta escolla e á editorial que o converte nun fermoso galano, posibilitando así que cada lector, cada lectora, adulto ou non, se transforme nun novo Olaf disposto a viaxar.
O meu avó Carmelo, de Dani Torrent
O meu avó Carmelo (tradución de Manuela Rodríguez)
Kalandraka, Pontevedra, 2011, 32 páxinas, 14 €
Compartín un anterior traballo con Dani Torrent e quedei, como lector, moi satisfeito da interpretación artística que realizou sobre un texto moi gorentoso e distinto de Mercedes Neuschäfer, publicado non hai moito tempo. Por iso lin con moito interese esta proposta que nos achega Kalandraka baixo o título d´O meu avó Carmelo. Nesta ocasión Torrent aúna ilustración e texto literario e, ao meu ver, faino con fortuna pois a ilustración amosa unha interesante liña de influencia respecto tanto da cinematografía, como é evidente polo dinamismo que as ilustracións deitan, como pola pegada de certo orientalismo expresivo.
Por outro lado, o texto, conciso e breve, que tanto lembra a espírito do haiku, ponse ao servizo do relato: unha historia sinxela e emotiva que vai máis alá do retrato da relación familiar entre un neto e o seu avó. Torrent incorpora por baixo unha reflexión sobre a ausencia dos seres queridos e arredor do paso do tempo, exposta con moita elegancia e bo facer.






