Category Archives: Biografía

Máis sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro»

Onte sábado, á conclusión do interesante artigo titulado «Con Bernardino Graña» que subscribe Xosé Luís Méndez Ferrín na páxinas do suplemento «El Sábado» do Faro de Vigo, o autor de Arraianos engade algunhas reflexións arredor de diversos libros galegos. Agradézolle as reflexións no que atinxe a Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro e que reproduzo abaixo:

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás (Xerais, Vigo, 2012) ofrécenos unha voluminosa biografía do poeta de Celanova, feita con rigor e na que resplandece a verdade dos feitos e acontecementos relacionados co biografado. Como este estivo no centro da política de Resistencia nacionalista, a lectura da obra saca á superficie interesantes aconteceres históricos que foran mal ou maliciosamente relatados noutras xeiras. Moi ben escrito, este libro.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Biografía, Celso Emilio Ferreiro, Opinión | Coas etiquetas , , , , | Leave a comment

Adianto editorial: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro

O blogue de Edicións Xerais de Galicia enlaza un pdf que reproduce o adianto editorial que viu a luz nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia este pasado sábado 1 de setembro. O meu agradecemento ao xornal e mais á editorial. Pódese consultar premendo aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Adianto editorial, Biografía, Celso Emilio Ferreiro | Coas etiquetas , , , | 1 Comentario

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (III)

Leo en brétemas un xeneroso apuntamento sobre a biografía que moito valoro. O meu agradecemento a Manuel Bragado  por esa atenta lectura, de editor e amigo, do traballo que agora ve a luz e, xaora, polas súas palabras (tamén aquí).

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Biografía, Celso Emilio Ferreiro, Crítica | Coas etiquetas , , , , | Leave a comment

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (II)

Non podo dicir, como Joan Manuel Serrat, que «fa vint anys que tinc vint anys», pois xa conto con algún máis, pero si hai vinte anos que agardaba, con entusiasmo, o meu primeiro libro: unha guía de lectura d´O soño sulagado de Celso Emilio Ferreiro,  daquela libro de lectura obrigada en C.O.U., e que acollera  o meu lembrado Carlos Blanco nas Edicións do Cumio que dirixía.

     Daquela a hoxe si que van vinte anos, mais non esmoreceu o meu entusiasmo nin polo autor que me ocupara no devandito ensaio nin tampouco por recibir un novo libro como é este Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro que hoxe chegou ás miñas mans. Grazas ao equipo de Xerais que o fixo posible; grazas tamén a todas as persoas que achegaron o seu gran de area para ilo construíndo.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Biografía, Celso Emilio Ferreiro | Coas etiquetas , | 4 Comentarios

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (booktrailer)

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Biografía, Booktrailer, Celso Emilio Ferreiro | Coas etiquetas , | 6 Comentarios