Category Archives: Blogue

Celso Emilio Ferreiro no blogue «Poesía solidaria» e a «Poesía del Opus Pus» (Novas CEF: XL)

Un amigo faime saber da existencia dun blogue denominado «Poesía solidaria«, subtitulado «1.028 poetas de 117 países del mundo e 410 temas de compromiso social» a cargo de dous responsables que son Fernando Sabido Sánchez e mais Ana Muela, quen confesan a súa vontade de dar a coñecer o que denominan a «poesía comprometida» que se escribiu ou escribe no mundo. O repositorio poético que até o de agora presentan é cuantitativa e cualitativamente relevante pois hai pezas realmente extraordinarias e paga a pena perderse tanto polos poemas incorporados como polas fichas bibliográficas.

   Non me sorprende, así pois, a presenza por partida dobre de Celso Emilio Ferreiro neste blogue, representado no poema «Epitafio sin sepulcro» e, mais recentemente,  pola composición «Letanía del Opus Pus», que se rescata da antoloxía poética complementaria ao estudo biográfico-literario que publicou Xesús Alonso Montero no ano 1982 na editorial Júcar, libro do que hai pouco falei nesta bitácora. Deixo aquí a ligazón ao poema e reprodúzoo a continuación pois é un modélico exemplo de verso aliterativo baixo unha modulación sarcástica na que o poeta de Celanova era insuperable:

Letanía del Opus pus

Opus, pus, pústula postulada,
pócima parásita pestilenta,
pecunia purulenta, plutocracia,
pacto secreto, pocilga programada.

Opus, pus.

Peleopolítica,  peaje putrefacto,
protervo plan, pulpo, plusvalía,
punción punible, pábulo, parodia,
pedorro palote, pipí planificado.

Opus, pus.

Pálido pupilo, patria palafita,
pene pazguato, papirote pedáneo,
pirata, patulea, pantomima,
pazpalurda, pamema, paparrucha.

Opus, pus.

Patada parroquial, pezuña pontificia,
pícaro puto, pérfido, piara, purga,
pro domo sua, también.

Opus, pus.
Amén.

(A  presenza de textos en lingua galega neste blogue redúcese a un único mais extraordinario poema de Chus Pato, titulado «Certo, é posíbel estar namorada dun obús«, tirado de Nacer é unha república de árbores (Cumio, 2010). Agardo que no futuro os poemas na nosa lingua neste blogue sexan moitos máis.)

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Blogue, Celso Emilio Ferreiro, Divulgación | Coas etiquetas , , , | Leave a comment

Á caza (fotográfica, non cinexética) de lectores

Vía SP coñezo a historia de Sandra Barão Nobre, unha cazadora de lectores. Sandra é unha lectora impenitente  -“sempre agarrada a um livro”- que decidiu abrir un blogue chamado Acordo Fotográfico no que recolle fotografías de lectores e lectoras exercendo esa actividade, alén de relatar a historia do encontro e da lectura concreta en cada caso: un acto persoal, privativo e íntimo exercido en espazos  públicos que agora se comparte na rede. Pensei nestas cazarías lectoras, realizadas en parques, xardíns, prazas e cafés un día coma hoxe por razóns obvias. Estas gústanme, as dos elefantes e quen as fan non.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Blogue, Divulgación | Coas etiquetas , , | 2 Comentarios

«Escrever de graça», por Alexandra Lucas Coelho

Chego a Alexandra Lucas Coelho a través do Bibliotecário de Babel. Este blogue recupera un fragmento dunha interesante crónica que subscribe a xornalista de Público. Neste extracto que rescato reflexiónase sobre  o concepto de  «escrever de graça» e como cada día vai resultando do máis natural que se solicite escribir de balde. Déixoo aquí:

«Sento-me com outra amiga em Lisboa e ela conta-me que recusou idas e vindas e textos por não serem pagos, mas que isso não constituiu problema para quem a convidava, porque havia sempre gente para aceitar — como agora há cronistas a escrever de graça.
Eu vejo duas boas razões para escrever de graça. A primeira é quando alguém próximo nos pede. A segunda é quando reverte a favor de quem precisa. No primeiro caso trata-se de amizade, no segundo de voluntariado. O resto chama-se abuso.
O abuso não só perpetua o estado das coisas como o acentua. Cada vez que alguém acha natural não pagar a quem escreve está a dizer que a literatura é acessória, e a contribuir para que ela desapareça.»

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Blogue, Opinión | Coas etiquetas , | Leave a comment

Dous novos blogues: Pensamentos de Olafson Mokk e As escollas selectivas

Nacen dous blogues dos que me resulta moi grato dar conta deles, tanto polo afecto e admiración que sinto polos seus responsables como por conxecturar que serán bitácoras de longa vida e moi visitadas polos usuarios.

     Un é o bautizado como Pensamentos de Olafson Mokk, que chega do teclado de Alfonso Álvarez Cáccamo. A bitácora,  ao que se ve, inspírase nos eidos líricos da ironía palindronómica e promete -isto é suposición pero non será difícil constatalo- reflexións gobernadas polo enxeño, a lóxica esmagadora, a visión retranqueira  e a agudeza analítica que sempre caracterizou a escrita deste biógrafo, narrador e poeta que é Alfonso Álvarez Cáccamo.

    Por outro lado, As escollas selectivas, que conta xa con algunha semana de vida, inspírase nun principio como é o da divulgación do feito poético galego contemporáneo coa única condición de que quen apareza aí sexa nomeado previamente por outro poeta. Unha bitácora que irá medrando aos poucos e que, sospeito, pode converterse nun repositorio poético contemporáneo de extraordinaria utilidade. Os meus parabéns e moita sorte para esta iniciativa privada, que vén da man dos amigos Suso Díaz e mais Maripaz Paz.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Blogue, internet, Noticia | Coas etiquetas , , , , | Leave a comment