-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog Costa do Solpor
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
"Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Galaxia IES Valadares Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos Marcos Calveiro María Reimóndez Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Rinoceronte Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Xoán Carlos Domínguez Alberte Álvaro Cunqueiro Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (49)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (7)
Banda deseñada (5)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (5)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (298)
Crónica (80)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (199)
Docencia (2)
Documental (4)
Edición (1)
Editorial (6)
Efeméride (23)
Ensaio (103)
Entrevistas (55)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (14)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (36)
Literatura infantil (30)
Literatura xuvenil (17)
Manuscrito (113)
Música (15)
Narrativa (130)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (15)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (18)
Obituario (1)
Opinión (70)
Poesía (151)
Premio (48)
Presentación (27)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (12)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (44)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (31)
Vendas (2)
Video (76)
Video promocional (3)
Xornalismo (10)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Catálogo expositivo
Biblio-grafías, de Pepe Cáccamo
Biblio-grafías
Instituto Leonés de Cultura, León, 44 páxinas, 5,77 €
Non adoito ocuparme de catálogos de exposicións artísticas mais nesta ocasión debo facelo tanto pola singularidade dos seus contidos que exhibe como polo feito de proceder da vea artística dun gran poeta como é Pepe Cáccamo.
Refírome, así pois, ao proxecto Biblio-grafías de Pepe Cáccamo, editado polo Instituto Leonés de Cultura, que reproduce as orixinais pezas artísticas, en tantas ocasións impactantes, que conformaron una exposición que até agora só se puido ver na cidade de León ao longo do mes de abril.
Se os contidos da exposición, transmitidos a través das imaxes, resultan fascinantes non é menor o interese que suscita a presenza de textos ensaísticos ou poéticos, compañeiros de viaxe deste catálogo, realmente atinados. Velaí, así pois, un poema dese gran poeta fronteirizo e bo coñecedor da nosa lírica como é Antonio Gamoneda, que preludia o catálogo co poema «Aviso desvariado, ás veces cacofónico, pra o supremo inventor Pepe Cáccamo» que conclúe en lingua galega, afirmando: «Saúde, / saúde infinitiva e que se fodan os pretéritos, / irmán incombustíbel, leviatán benquerido, ti, / Pepe / Cáccamo».
En efecto, Cáccamo redescóbrese aquí como inventor de obxectos e realidades, tanxibles, sospeitadas ou imaxinadas. Tal e como o propio autor revela tanto no prólogo titulado «Material Metáfora» como noutro texto bautizado como «Biblioteca y Taller», a filiación destas pezas inspíranse na »moderna tradición del surrealismo», perpetuando a confianza «en el poder indagatorio de sus máquinas de visión»…, Biblio-grafías son, xa que logo, «libros abertos» que veñen sendo «un texto objetual» inspirado en analoxías de diversa orde onde o imperio da Metáfora, agora con maiúsculas, serve para guiarnos por estes itinerarios: unha invitación para entrarmos na que chama «Biblioteca Hermética».
Alén de senllas colaboracións máis, da man de dous dos máis salientable críticos de arte como son Carlos L. Bernárdez – que subliña o posicionamento de Cáccamo alén dos muros das convencións sociais e no ronsel da poesía visual, a arte povera e a arte conceptual- e Marcela Santorum -que ofrece unha posible interpretación das pezas subliñando o aspecto lúdico que paira nestas expresións artísticas-, velaquí unha achega artística que sería fantástico poder admirala máis preto de nós. Oxalá así sexa nun futuro non moi afastado. Mentres, deixo abaixo a reprodución dunha das pezas que, particulamente, máis suxestivas me pareceron: «O telégrafo de Manuel Antonio».
Os ollos das palabras, de Baldo Ramos e Caxigueiro
Os ollos das palabras
Xunta de Galicia, Santiago, 2012, 96 páxinas.
Froito da magnífica exposición Os ollos das palabras, que Baldo Ramos e mais o artista plástico Caxigueiro manteñen aberta até os primeiros días de xuño na Cidade da Cultura, editouse un catálogo expositivo un tanto singular pois alén de incorporar abondoso material fotográfico tirado dos fondos expositivos acrecenta dous libros poéticos inspirados neste proxecto. Lembroume esta publicación a participación que hoxe realicei para o programa radiofónico La Voz en Espiral onde dialoguei, con Suso Díaz, arredor da traxectoria literaria de Baldo Ramos. Coido que é ben deixar constancia dun traballo que, sospeito, non gozará dunha difusión como merecería ao se tratar dunha publicación que chegará con inevitables dificultades aos circuítos de distribución máis habituais.
Malia todo, fóra dun meritorio traballo de edición, este Os ollos das palabras pode, e talvez deba, lerse como o resultado da inspiración nada ao abeiro dun proxecto común como é confrontar, ou mellor sería dicir harmonizar, intervención plástica e creación literaria.
Prologado, entre outros, por asisadas palabras do poeta Eduardo Estévez, quen se achegue á publicación atopará, por unha banda, un conxunto de composicións do poeta de Celanova a través dos cales transita polos motivos máis queridos da súa estética como son a reflexión polos ecos que suscita a memoria, a materia, a palabra, o silencio e a limitación da propia linguaxe ou linguaxes; elementos por outra parte solidamente arraizados na súa xa dilatada obra poética.
Ao tempo, é a voz poética de Caxigueiro quen se incorpora, nese diálogo interartístico, á segunda parte do volume. Un autor do que particularmente descoñecía ningunha obra literaria anterior e que se amosa ben próximo ao terreo dunha estética marcada polo esencialismo, un intenso pouso reflexivo e mais certo intimismo de raíz, por veces, telúrica.
Un interesante diálogo entre, talvez, un escritor que pinta e un escultor que escribe; artistas ambos os dous á fin e ao cabo, que habilitan, sen dúbida, unha feliz confluencia.
Faces do país, de Carlos López Bernárdez
Carlos López Bernárdez
Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950
Fundación NovaCaixaGalicia, Vigo, 2011, 88 páxinas.
Non adoito encargame de recensionar catálogos expositivos mais este que me ocupa coido que o merece por moitas razóns. Unha delas é o carácter inédito da iniciativa e outra, talvez a máis relevante para min, descansa no rigor, solidez e axilidade expresiva que domina a documentada peza ensaística, sobre o retrato en Galicia no período que vai de 1890 a 1950, da man de Carlos L. Bernárdez, comisario da exposición homónima que ata fins de novembro deste 2011 aínda se pode ver no Centro Social NovaCaixaGalicia de Compostela e, ao longo de decembro e xaneiro de 2012, no espazo que a mesma entidade posúe en Pontevedra.
O discurso sobre a retratística galega deste período acompaña a reprodución, moi coidada como adoita acontecer nestes casos, dos máis dos retratos expostos e é así como, a través desta confluencia, somos quen de calibrar neles desde a influencia das vangardas, pasando polo que peneirou ou reorientou a chegada da guerra civil e as súas consecuencias ou esa liña de sentido que o autor denomina «tensión entre realismo e evasión».
Aquí pódese consultar unha visión rápida do máis salientable da exposición e esta ligazón contén unha galería dalgúns dos retratos da exposición e mais unhas declaracións orientativas do autor e comisario da mostra. Catálogo e exposición altamente recomendables porque permiten transitar por unha parte substancial da nosa propia identidade.
Vilagrafías, de Anxo Cabada
Vilagrafías
Verbum, Vigo, 2011.
Ata o día 11 de setembro pódese visitar no Verbum de Vigo unha magnífica exposición que presenta o fotógrafo Anxo Cabada e que se estrutura como unha revisión fotográfica, mais tamén literaria e sentimental da man dun bo número de escritores e escritoras galegas, arredor dun monllo representativo de cidades e vilas galegas. Eu recomendo vivamente a súa visita mais, para quen non poida achegarse, deixo aquí un paseo virtual pola mesma (aínda que cómpre agardar un chisco a que cargue). E aquí un suxestivo vídeo realizado por Xosé Luís Alonso para abrir a boca (aínda que creo que só se poderá ver para os que transitamos polo facebook).
Por último, velaquí o texto de Anxo Cabada, que precede o correspondente catálogo expositivo e que explica polo miúdo todo o seu traballo e intención:
A poesía e a fotografía teñen o mesmo itinerario e ás veces as mesmas postais na maleta. As vilas estanse a converter no grande escenario da terra, o labirinto perfecto para atopar o corazón perdido das cousas. É ben certo que ata agora a vida na cidade era sinónimo de progreso, mais hoxe son moitas as urbes que se converteron en escenarios do desencanto. Así, dende a ilusión ou o medo, as cidades resultan indefinibles. Do mesmo lugar hai unha visión diúrna e outra nocturna. Unha optimista e outra pesimista. Unha cara árida e outra amable. Un punto de encontro e moitos de desencontro. Desta idea xorde esta proposta, un traballo de escritores e escritoras sobre a súa vila ou cidade emocional que fai agromar a imaxe fotográfica.
As cidades son topografías da memoria e o sentimento, e tanto a cidade como a fotografía están en continua evolución e definición, por iso estas palabras e imaxes non tratan de documentar as vilas senón de buscar unha nova linguaxe, de reinventar a visión das cidades.
A partir das palabras dos escritores e escritoras que naceron, viven ou senten as vilas, e dende a experiencia cultural e vital, as fotografías son coma un mergullo nos lugares. Neles a imaxe e a sombra chegan a fundirse coa cidade, para facer un exercicio de reflexión sobre os espazos de dentro-fóra, día-noite, observador-actor, tentando recrear o labirinto da cidade, onde fotografía e poesía, nun camiño que transcorre en vías paralelas, buscan a súa propia expresión, a expresión da procura do noso imaxinario.
O tempo é un círculo, de Menchu Lamas
O tempo é un círculo
Área de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, 96 páxs., 2011, 12 €
Asistín, o pasado 9 de xuño, á moi literaria e festiva inauguración da exposición «O tempo é un círculo» de Menchu Lamas, comisariada por X.L. García Canido no espazo expositivo da Casa das Artes de Vigo, onde estará aberta ao público ata o día 10 de xullo.
A exposición acompáñase dun orixinal e atractivo catálogo que posibilita o acceso visual á obra de Lamas a través de distintos estratos, operativos para reflectir os desemellantes bloques temáticos dunha exposición que abrangue unha parte substantiva da súa produción, atendendo ás obras de gran formato que naceron nun período que comprende os dous últimos decenios.
Esta publicación, alén da presentación institucional, inclúe textos ensaísticos e interpretativos de X. L. García Canido e Miguel Cereceda, acompañados doutros de carácter literario subscritos por Manuel R. Romón, Julián Hernández, Antón Reixa e Antón Patiño que se salfiren, aquí e acolá, con fragmentos-citas da propia Menchu Lamas recollidos de distintos soportes. Uns e outros textos, abofé, resultan de lectura obrigada pois serven para iluminar con pertinencia o que as paredes da Casa das Artes amosan, responden preguntas e formulan outras novas ao lector-visitante, alén de facilitar que un se conduza con maior solvencia por todo este universo artístico tan atractivo que constrúe a pintora, desde as instancias da combinación da actividade intelectual coa artística, alicerzándose en conceptos como a materia, a xeometría, a abstracción e a figuración, o simbolismo ou a cor e a identidade entre outros. Menchu Lamas retorna, en fin, á súa casa e convídanos a visitala.






