-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (291)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (189)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (100)
Entrevistas (51)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (26)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (106)
Música (15)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (147)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Cine
Que libro se vendía máis no teu aniversario?
Nos Estados Unidos, advirto. Un recurso na rede permite, premendo a data do teu aniversario ou outra calquera, procurar os libros máis vendidos, en ficción e non ficción, recorrendo ao fondo do arquivo histórico que dispón The New York Times. O servizo ofréceo Biblioz.com.
No meu caso, na sección «ficción», apareceu Valley of the Dolls, de Jacqueline Susann, traducida ao castelán como El valle de las muñecas. Nos EUA empoleirouse axiña nas listas dos máis vendidos tras intensas campañas promocionais, malia moitas críticas negativas, entre elas as de Gore Vidal.
Un ano despois da súa publicación adaptouse para o cinema, sendo protagonizada por Patty Duke, Barbara Parkins e Sharon Tate (na foto superior, de Ron Galella, con Polanski), sen lograr cumprir as expectativas que se depositaran no proxecto. Como os camiños da rede tamén son inescrutables dei, por casualidade, cunha proba cinematográfica desta última actriz, xunto a Tony Scotti, para a versión á que me refiro. Sharon Tate, actriz de tráxico final e vítima dos seguidores de Charles Manson, semellaba perfecta para o papel de Jennifer North, axeitándose ao encanto e á inocencia que esixía o personaxe. Velaquí o «screen test» na versión orixinal.
[vía dangerousminds]
Dúas letras, de Fina Casalderrey e Eloy Varela
Fina Casalderrey e Eloy Varela
Dúas letras
Galaxia, Vigo, 48 páxinas + dvd, 20 €
Danse a man, felizmente nesta ocasión, literatura e cine nunha iniciativa conxunta que chega da man da editorial Galaxia baixo título de Dúas letras: un proxecto realizado a dúas bandas que a escritora pontevedresa Fina Casaldarrey e mais o cineasta Eloy Varela decidiron darlle forma e que se presenta agora nunha publicación desas que me parecen imprescindibles nesta tempada literaria.
As razóns que se poden argumentar son ben heteroxéneas pois esta publicación encerra, sen dubidalo, numerosos puntos de interese alén do estritamente literario ou cinematográfico. Particularmente cheguei, en primeira instancia, á curtametraxe rodada en branco e negro, galardoada xa nalgúns certames cinematográficos e incorporada a través dun dvd anexo que, asemade, inclúe extras en formade entrevistas co director, a guionista, a primeira actriz, o making off e as localizacións da gravación. Esta, desde un punto de vista temático, afonda nas consecuencias da emigración alén mar, ambientada na Galicia dos anos cincuenta, e vai nucleándose mercé á redacción que unha mestra fai dunha carta “ditada” por Áurea e a lectura doutra que recibe do fillo desta e que permiten
unir non só os espazos físicos unha aldea galega do interior e a cidade de Buenos Aires, senón tamén os sentimentais. Nela, fóra do arrecendo á inesquecible Mamasunción de Chano Piñeiro, algo inevitable e mesmo recoñecido pola autora do guión ao esculcar literariamente asuntos desta xinea, sempre tan dramática, exponse o conflito e resólvese nas imaxes con marabillosa naturalidade por un elenco de apenas cinco persoas entre as que salienta, alén da autora do guión e Mariano García, a protagonista, Teresa Fraga, asumindo un papel central que protagoniza con pasmosa naturalidade.
Por outra parte o libro, ademais de ofrecer varios e suxestivos textos ad hoc subscritos por Eloy Varela, Víctor F. Freixanes e mais Francisco Castro, que asedian desde diversas perspectivas as razóns últimas deste proxecto e as reflexións que del se poden derivar, inclúe o texto literario creado pola propia Fina Casalderrey a partir do guión inicial: unha proposta literaria homónima que expón substancialmente a mesma historia, nun rexistro diferente construído desde unha instancia case poética e nunha moi coidada dicción narrativa, que fai de novo pensar en cantas suxestións e impresións distintas son quen de transmitir esas dúas linguaxes artísticas diferentes e como se percibe a creación literaria espida, como se codifica o proceso narrativo ata ese punto medio común que tan ben se acada entre tenrura, ironía e tensión dramática; entre pasado, presente e futuro.
Dúas letras, a película e o relato, emprázanse nese territorio marabilloso das dúas artes que converxen para encoller o corazón de quen a lea ou de quen a visione: nela gurgulla unha emoción limpa, aguilloante e intensa.
Esta recensión, baixo o título de “Un gurgullar de recordos” publicouse nas páxinas
do suplemento “Culturas”, de La Voz de Galicia, o 21 de xullo de 2012.
O papagaio de Monsieur Hulot, de David Merveille
O papagaio de Monsieur Hulot
Kalandraka Editora Portugal, Matosinhos, 2012, 56 páxinas, 15 € (edición tamén en castelán)
Dá xenio poder ollar, ler e gozar libros coma este que traio agora á bitácora, que viu a luz orixalmente en 2005 mercé ás Éditions du Rouergue (reproduzo á dereita esa cuberta, idéntica ás versións existentes que veñen de aparecer mercé a Kalandraka e Kalandraka Editora Portugal), no que se homenaxea ao cineasta francés Jacques Tati (1907-1982), a través dun espléndido traballo do ilustrador David Merveille, nun libro sen texto, estruturado a través de páxinas despregables nas que resalta a ironía e o fino humorismo, ademais de posibilitar achegarnos ás reviravoltas que protagoniza o señor Hulot, ese personaxe creado e interpretado polo propio Jacques Tati (extraordinario o seu web, por certo), cando decide dar unha volta por Paris, incorporándose numerosas claves de filiación cinematográfica para un lector adulto como se pode advertir no deseño da propia casa de Hulot ou nas fontes -en forma de peixe e rotatoria- que aparecían noutras películas súas.
Á marxe disto, e alén de rescatar e pór ao día ese ronsel do cinema mudo no que non se pode deixar de pensar no herdo de Charles Chaplin ou Buster Keaton, para un lectorado máis novo estou certo que se transloce con facilidade esa idea primordial que paira no álbum como é a inequívoca vontade de plasmar o feito de que o cotián pode converterse, ás veces, en algo marabilloso, sorprendente e tamén divertido. Abofé que David Merveille, ofrecendo abondosos detalles aquí e acolá, sabe dar renda solta á imaxinación para que se poida ir completando, segundo as idades e competencias, o sentido destas secuencias, realmente máxicas, que sen dúbida recomendo.
Deixo aquí, para concluír, un booktráiler -naturalmente mudo- da edición brasileira deste volume:
O manuscrito de On the road, de Kerouac, en París
Até o 19 de agosto, no Museo de Cartas e Manuscritos de París, exporase o célebre manuscrito no que Jack Kerouac escribiu On the road (vía blogtailors): un rolo de télex de 36 metros de longo e 22 centímetros de ancho que acolle un único parágrafo de 320 páxinas e 125.000 palabras, sen marxes nin capítulos, escrito en 20 días e que se asemellaba, ao desenrodelalo, a unha estrada, como afirmou Kerouac en 1951, ao pouco de rematalo. A exposición cadra, por outra parte, coa película inspirada neste libro e que vén de se estrear en Cannes. Máis información sobre a exposición no Musée des lettres et manuscrits, unha web pola que paga a pena deixarse pasar. Abaixo o tráiler oficial da película:
Olladas (cinematográficas)
Por volta de 2008 un blogue comezou a empregar o termo supercut para se referir a unha páxina de vídeo-montaxes que gozase dun asunto central e que se funden finalmente nun clip.
Na rede atopei este exemplo que, ao meu ver, é magnífico: céntrase na forza das olladas extraídas dun bo número de películas que veñen sendo, máis ou menos, as do cine que vimos ou que puidemos ver. Dura case cinco minutos mais recomendo chegar a piques do final -mágoa que non quedase aí- onde os ollos bagoentos de Giulietta Masina nas Noites de Cabiria sería a conclusión perfecta.
