-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Convocatoria
Xornada «Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega» (Novas CEF XLII)
O Consello da Cultura Galega organiza unha iniciativa para conmemorar o centenario do poeta de Celanova. Trátase dunha xornada arredor da emigración galega e a figura de Celso Emilio quen pasou sete anos da súa vida en Caracas e experimentou vivencias que foron relevantes tanto na súa vida como na súa obra. A xornada celebrarase o vindeiro 24 de maio en Compostela baixo a coordinación do profesor Xosé Manuel Núñez Seixas. Premendo nesta ligazón accédese á información sobre a xornada e participantes.
Encontro Celso Emilio Ferreiro (1912-2012) Ética e política (Novas CEF XLI)
No seo dos tradicionais cursos de verán da Universidad Internacional Menéndez Pelayo celebrarase en Celanova, entre os días 16 e 18 de xullo de 2012, un encontro baixo o título «Celso Emilio Ferreiro (1912-2012). Ética e política». Velaquí información xeral sobre o encontro, o programa e mais quen participará nel.
Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina (Novas CEF XXXV)
Mañá, nos locais da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, no salón Arturo Cuadrado (Chacabuco 955), emprazado no barrio de San Telmo en Buenos Aires e ás 20:30, falarei de Celso Emilio Ferreiro, tanto da edición bilingüe de Longa noite de pedra como das novas achegas que incorporo na vindeira biografía que aparecerá en Xerais en datas próximas baixo o título de Celso Emilio Ferreiro no rodicio dos días. No apartado musical participarán María do Ceo e mais o seu grupo musical.
Sentada lectora, en Gondomar
Un acto imaxinativo e reivindicativo é o que Espazo Lectura vai levar a cabo este vindeiro domingo día 22 de abril no concello de Gondomar. Moito me pracería participar nela mais unha viaxe programada hai tempo vaimo impedir. Con todo, desde aquí vaian todos os meus azos aos seus organizadores e os meus desexos de que unha proposta coma esta, que defende a importancia da lectura, que contempla nestes tempos a lectura como rebelión, teña a fortuna que ben merece como o acto central da V Semana do Libro e a Lectura que Espazo Lectura organiza, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar.
Deixo aquí a información que me chegou sobre o acto e mais o cartel anunciador:
Este próximo domingo 22 Espazo Lectura convoca a toda a cidadanía a unha Sentada Lectora en Gondomar. Será un acto cívico a favor da lectura, un acto para defender a lectura como un elemento indispensable para elevar o nivel educativo e a capacidade crítica e analítica das persoas, moi especialmente nun momento de crise como o que estamos a vivir. Precisamente hoxe é máis necesaria ca nunca. Precisamente hoxe, a lectura debe ser unha rebelión imprescindible.
En que consiste o acto? Pois trátase de acudir á Alameda de Gondomar cun libro na man e sentar no chan para enchela de persoas con libros. Ás 12:15 horas actuará o grupo Migallas, especialmente para o público infantil. Logo permaneceremos sentados no chan, lendo durante 15 minutos. Finalmente, a actriz e escritora Paula Carballeira e a xornalista e tamén escritora Araceli Gonda lerán conxuntamente un Manifesto a favor da lectura. O acto despedirase coa actuación do coro Cantares do Brión, de Vincios. En caso de que a chuvia impedise o acto, trasladariámolo ao Auditorio Lois Tobío de Gondomar.
Celso Emilio Ferreiro nas XXII Xornadas de Lingua e Literatura (Novas CEF XXXII)
Este vindeiro venres participarei na sesión de apertura das XXII Xornadas de Lingua e Literatura, organizadas pola AS-PG e CIG-Ensino, cun relatorio arredor dos novos, ou rescatados, perfís da biografía de Celso Emilio Ferreiro.
