-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (47)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (289)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (187)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (5)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (25)
Literatura infantil (27)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (105)
Música (14)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Convocatoria
V Congreso Manuel Luís Acuña (Pobra de Trives, 26 e 27 de outubro)
Celebrarase, a fins deste mes, outro novo encontro suscitado pola figura do poeta e mestre Manuel Luís Acuña nas Terras de Trives, de onde era orixinario, aquel Raimbaud nórdico en palabras de Carlos Gurméndez. Van quince anos xa desde o primeiro congreso no que foron citas que, sen dúbida, revitalizaron a importancia do poeta e nas que se iluminaron moitas facetas tanto de Acuña como do tempo que lle tocou vivir. Nesta ocasión, organízase pola Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense da Universidade de Vigo, polo Concello da Pobra de Trives e por Nova Escola Galega, en cuxa web poden matricularse as persoas interesadas. Aquí e mais neste lugar pode consultarse o programa do Congreso.
Celso Emilio Ferreiro nas XXXVI Xornadas do Ensino de Vigo
A AS-PG e mais CIG-Ensino organizan, outra volta, as clásicas Xornadas de Verán por toda Galicia dirixidas ao profesorado e persoas interesadas en xeral. Nesta ocasión, na cidade de Vigo, convidáronme a compartir algunhas ideas sobre recursos pedagóxicos na rede vinculados con Celso Emilio Ferreiro, en especial os que viron a luz este ano, e mais arredor das máis salientables novidades bibliográficas publicadas con ocasión do centenario. A miña gratitude por este convite.
Mil primaveras máis para Tanxarina: Titiricircus
Titiricircus (ilustracións de P. Pastor)
Kalandraka, Pontevedra, 30 páxinas, 2012.
Que unha obra de teatro de monicreques cumpra vinte e cinco anos é sempre unha satisfacción e que esta peza veña da man dunha compañía do prestixio de Tanxarina Títeres aínda o é máis. Unha fermosa iniciativa, da man de Kalandraka, quere se unir a esta celebración gozosa a través da edición deste libro que se presenta no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, este vindeiro sábado a partir das 19:30 horas, no seo dunha serie de actos que tamén se estenderán até o domingo.
Este libro, ilustrado con sensibilidade e acerto por P. Pastor, que establece un ricaz diálogo coa iconografía clásica deste espectáculo artístico, relata con sinxeleza as vivencias de dous pallasos dun vello circo desaparecido que apostan polos títeres, por crear unha nova compañía gobernada por un alento novo, onde teña cabida o humor, mais tamén a sorpresa, a ironía, a fantasía e o optimismo. Todo isto supón, quen o dubida, unha emocionada homenaxe, un recoñecemento ao mundo dos monicreques e, por extensión, ao universo do circo, que se defende heroicamente día a día. Imaxe e narración, así pois, ao servizo dese marabilloso espazo teatral desde o que milleiros de persoas gozaron, gozamos, tantas ocasións: mil primaveras máis para Tanxarina e o seu Titiricircus!
Premio Biblos de novela para menores de 25 anos
(Patricia Casas, Alberto Ramos, Iria López Teijeiro e Pablo García Martínez, xunto con Tucho Calvo no medio)
Non se adoitan reproducir nesta bitácora convocatorias de premios ou galardóns literarios mais nesta ocasión fago unha excepción pois penso que esta iniciativa ben merece que sexa difundida e alentar a quen se ve con posibilidades para participar nela. Trátase do premio Biblos - Casa Grande do Bachao: un certame de novela para menores de vinte e cinco anos que presenta, arestora, a súa novena convocatoria. Velaquí as bases dun galardón do que xa saíron autoras e autores hoxe en día ben coñecidos e para os que tan importante resultou a orientación e os consellos dun importante titor ou titora. Dese aquí alento a participar nel e mais a difundir estas bases:
1. Poderán participar neste Premio todas as mozas e mozos que ao rematar o ano 2013 non teñan cumprido os 25 anos e que, con independencia do lugar onde nacesen ou esidan, amosen o coñecemento do idioma galego necesario para desenvolver nel unha obra narrativa de calidade.
2. Os/as autores/as deberán presentar unha memoria de entre 20 e 30 folios na que incluirán:
a) Unha exposición precisa das características que terá a futura novela, aportando a maior información posible sobre o argumento (trama, época e lugar en que se desenvolve a acción, personaxes, etcétera) e as técnicas narrativas que prevé utilizar.
b) Un capítulo ou fragmento que permita valorar o estilo do autor/a. O/a gañador/a terá liberdade no seu caso para intruducir as modificacións que estime oportunas no proxecto e no texto de mostra e adaptalos ás esixencias da novela no seu desenvolvemento, así como aos consellos que reciba do escritor titor.
3.- Cada traballo será presentado co nome e apelidos do autor/a, así como as indicacións necesarias para poder localizalo (dirección, teléfono, correo electrónico). Non se admitirán obras baixo pseudónimo nin colectivas.
4. Os traballos serán enviados a Biblos Clube de Lectores. Quintá, 8-MANDAIO. 15391 Cesuras (A Coruña).
5. O premio conlevará:
a) Unha escultura conmemorativa deseñada expresamente polo escultor Luís Loureira.
b) A estancia dun mes, incluída a manutención, na Casa Grande do Bachao, un lugar singular que reúne inmellorables condicións para que, se o escritor/a o desexa, desenvolva a última fase do seu proxecto.
c) Un ordenador portátil que, unha vez concluída a obra, quedará da súa propiedade.
d) A tutela dun escritor de renome, designado pola organización, que asesorará ao gañador/a en xuntanzas periódicas durante ese mes.
e) A publicación do libro en galego, coa percepción dos correspondentes dereitos de autor.
6.- A admisión dos traballos pecharase o 18 de marzo do 2013.
7.- Un xurado integrado por persoas de acreditada valía seleccionará os traballos finalistas que serán dados a coñecer a semana previa á do Día das Letras Galegas.
8.- As/os autoras/es finalistas deberán presentar antes do 13 de xuño do 2013 as súas
novelas cunha extensión non superior aos 150 folios no estado máis avanzado posible de acabado.
9.- O xurado elixirá a obra gañadora, que dará a coñecer a semana previa á do Día da Patria Galega.
10.- O/a autor/a gañador/a dedicará o mes de outubro a traballar na súa novela, seguindo un plan que acordará co titor.
11.- O/a autor gañador/a comprométese a entregar a novela totalmente finalizada antes de rematar o ano 2013 para a súa publicación por Biblos.
12.- Os outros autores/as finalistas recibirán como premio unha fin de semana para dúas persoas en habitación dobre na Casa Grande do Bachao.
13. A presentación ao Premio dentro do prazo indicado leva implícito o compromiso do autor/a de non retirar o seu orixinal antes de facerse público o fallo do xurado. Asimesmo, o autor/a garante que deica o momento do devandito fallo, a obra non concorrerá a ningún outro premio ou concurso.
14. Co obxectivo de acadar a maior difusión do premio, o/a autor/a comprometerase activa e persoalmente na promoción que Biblos estime necesaria da obra gañadora.
15.- Biblos contempla a posibilidade de chegar a acordos cos autores/as das obras finalistas para a súa publicación.
16. Cada autor comprométese a subscribir cantos documentos sexan precisos para que a edición da súa obra sexa inscrita no Rexistro da Propiedade Intelectual.
17. Os orixinais presentados na primeira fase que non estean entre os finalistas, serán destruídos.
18.- A participación neste premio conleva a aceptación das súas bases e da interpretación de Biblos en cantos puntos non se recollan explicitamente nelas.
19. Para calquera diferenza que deba ser dirimida por vía xudicial, as partes renuncian ao fuero propio e sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña.



PD. Engado esta información (abaixo) que veño de recibir.