-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Gastronomía
Cociñando ao pé da letra, de Yolanda Castaño e Andrea Costas
Yolanda Castaño e Andrea Costas
Cociñando ao pé da letra
Galaxia, Vigo, 2011, 184 páxinas, 22 €
Ben sabido é que a gastronomía e a literatura compartiron, en moitas ocasións, longas e celmosas singraduras. Desde o célebre Picadillo en diante, quen non lembra a feliz confluencia entre letras e cociña en casos como os que simbolizan pezas de Álvaro Cunqueiro, Castroviejo, Néstor Luján, Xavier R. Baixeras e tantos outros. Neste ronsel cómpre situar un libro que incorpora unhas magníficas, e en tantos casos sorprendentes, fotografías de Andrea Costas, un dos esteos fundamentais do proxecto pois con elas percórrense visualmente algo máis que a imaxe de quen nos fala dos pratos e da súa preparación: nelas cífrase, é doado advertilo, a personalidade de todos e cada un dos convidados, obtendo un resultado tan suxestivo como atractivo.
O volume, non se dixo aínda, coordínao Yolanda Castaño, responsable do limiar e duns medidos e acaídos apuntamentos biográfico-culinarios previos, quen convidou a máis dunha vintena de autoras e autores galegos que van de Anxos Sumai a Helena Villar Janeiro, de Chus Pato a Xosé Mª Álvarez Cáccamo, de Agustín Fernández Paz a María Reimóndez, de Marica Campo a Marga Doval por só citar algúns nomes. Todos e todas pertencentes a moi diferentes xeracións, formacións, espazos xeográficos vitais ou xéneros practicados dentro da literatura galega contemporánea, para que compartisen cos lectores receitas e procesos de preparación dun prato, pero non só.
Cada un dos literatos-gastrónomos aquí retratados non se limita a transmitir receitas: descríbeas libérrimamente, obviando a linguaxe técnica ou críptica para construír microtextos que van máis alá do que atinxiría aos ingredientes, ás súas combinacións e á preparación do prato pois todo se conta “literariamente”, desde diversas perspectivas e sensibilidades: ensaio, ficción, teatro…, que transparentan, e moi nidiamente, esa vontade de traspasar os límites do continxente para ofreceren textos literarios con vontade de permanencia.
Cociñando ao pé da letra subtitúlase “entra na literatura galega… ata a cociña” e posúe, deste xeito, esoutro valor tan necesario e preciso nestes tempos que é o de visibililizar e achegar un feixe de escritores e escritoras de noso a nós mesmos, facéndoo desde unha perspectiva cotiá, case íntima e subliñando por extensión os vincallos posibles entre a escrita e a cociña… Unha feliz iniciativa, que contaxia optimismo e que resulta esteticamente moi conseguida. Bo apetito e boa lectura!
(Presentación no Festigal 2011: Francisco Castro,
Andrea Costas, Yolanda Castaño e Marga do Val)
Esta reseña publicouse o 20 de agosto de 2011, nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, baixo o título de «Para ler e comer polos ollos».
Guía secreta da gastronomía de Galicia: Ourense, por Martín Álvarez
Guía secreta da gastronomía de Galicia: Ourense
Martín Álvarez
Alvarellos Editora, Compostela, 2010, 138 páxs., 16 €
Os libros que atenden aos valores da gastronomía galega, quer para descubrilos quer para redescubrilos, constitúen un capítulo á parte e ben relevante dentro do ensaio de carácter divulgativo. Nese ronsel que conta con egrexios precedentes como Picadillo ou Cunqueiro, que se pon ao día coas exitosas propostas de Benigno Campos e que se recrea literariamente entre nós por autores como Xabier Baixeras, engádese, con pleno merecemento, este traballo que chega da man de Martín Álvarez, chef e profesor de cociña, que xa fora gañador de dous premios Gourmand en 2006 polo seu famoso libro 45 recetas con ortigas e autor, asemade, de Estrugas (2006) e mais de O barquilleiro d´olvido (2009).
Esta recente “guía secreta”, así pois, articúlase como a primeira dunha serie que, baixo o epígrafe de “A lume lento”, recalará en diversos territorios galegos co obxectivo de rescatar e poñer o día os elementos gastronómicos de maior interese. A presente entrega, dedicada a Ourense, alén de incorporar unha abondosa información que bebe en fontes diversas, percorre todo aquilo que amosan feiras, festas, romarías ou mercados para logo darlle forma e expor, con indubidable acerto, esas tradicións gastronómicas máis salientables, esas receitas ou usos culinarios particulares e singulares que constitúen un elemento non pouco importante da nosa propia idiosincrasia.
Se a intención confesada do autor era a de espertar o aprecio pola nosa cociña teño para min que o obxectivo se cumpriu con creces e, aínda máis, quen se achegue ao volume descubrirá auténticas alfaias gastronómicas como a cociña que se prepara con flores silvestres ou mesmo as virtudes ocultas nas chamadas “malas herbas”; sen por iso esquecer a articuación dunha auténtica viaxe polo que dá de si a produción e preparación das carnes gandeiras e avícolas, os peixes, os produtos da horta, os licores, o pan, as castañas e froitos secos ou a inevitable repostería para a sobremesa. Un libro, en definitiva, para gozar cos ollos pois é magnífico o traballo de edición, mais tamén cos sentidos e, especialmente, co padal.
Baixo o título de «Segredos de cociña» publicouse un versión moi abreviada desta reseña no suplemento <<Culturas>> de La Voz de Galicia o 31 de xullo de 2010. Arriba reproduzo o texto íntegro por mor da concesión a este libro do premio Gourmand na categoría de «mellor guía de viaxe gastronómica». O seu autor consegue un premio Gourmand por terceira vez, de xeito que parabéns a el e ao seu editor Henrique Alvarellos. Aquí pódese ler un dos capítulos máis gorentosos da obra.