-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Ilustración
Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración MC 2011, ilustrador do cortaziano Discurso do oso
Souben hai pouco que Emilio Urberuaga acadou o Premio Nacional de Ilustración na convocatoria que anualmente vén da man do Ministerio de Cultura. Non coñezo o ilustrador persoalmente, mais sabía dalgunhas intervencións e traballos artísticos seus e, sobre todo, coñecíao polo excepcional traballo que deixou plasmado no Discurso do oso, en que se enfrontou á nada doada tarefa de interpretar un suxestivo e magnífico texto de Julio Cortázar.
No ano 2008 publiquei unha breve recensión do libro que talvez é oportuno deixar aquí. Parabéns ao premiado e aos editores das súas obras, alén de Kalandraka, Xerais e Obradoiro entre outras.
Discurso do oso (ilustracións de Emilio Urberuaga, tradución de X. Ballesteros)
Kalandraka, Pontevedra, 2008, 26 páxinas, 13 €
Polos ámbitos do onírico, máis ben do surrealismo de xinea tipicamente cortaziana se se me permite, chega do autor arxentino, acompañado de coloristas e sinxelas ilustracións do experimentado Emilio Urberuaga (Madrid, 1954), o Discurso do oso: unha sorprendente proposta que testemuña como a boa literatura, máis ben a espléndida literatura, trascende fronteiras, xéneros e idades. Lirismo e potencial imaxinativo conxúganse neste relato, sempre modulándose entre as dimensións do cotián mais tamén do fantástico, onde un oso que alenta nun edificio calquera, noitébrego e tenro, mais tamén rebuldeiro e cheo de simpatía, vive atento a ás súas angueiras cotiás, todas elas a abalaren entre a responsabilidade do seu traballo e o que é puro ludismo. Este oso –“o oso dos canos da casa”-, reparando por veces na impenitente soidade que pode caracterizar o ser humano e desde a instancia do humor, protagoniza un libro que reinterpreta singularmente unha mínima parte do mellor das Historias de cronopios de famas, agora para os máis pequenos e para os non tan pequenos.
