-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: internet
Dous novos blogues: Pensamentos de Olafson Mokk e As escollas selectivas
Nacen dous blogues dos que me resulta moi grato dar conta deles, tanto polo afecto e admiración que sinto polos seus responsables como por conxecturar que serán bitácoras de longa vida e moi visitadas polos usuarios.
Un é o bautizado como Pensamentos de Olafson Mokk, que chega do teclado de Alfonso Álvarez Cáccamo. A bitácora, ao que se ve, inspírase nos eidos líricos da ironía palindronómica e promete -isto é suposición pero non será difícil constatalo- reflexións gobernadas polo enxeño, a lóxica esmagadora, a visión retranqueira e a agudeza analítica que sempre caracterizou a escrita deste biógrafo, narrador e poeta que é Alfonso Álvarez Cáccamo.
Por outro lado, As escollas selectivas, que conta xa con algunha semana de vida, inspírase nun principio como é o da divulgación do feito poético galego contemporáneo coa única condición de que quen apareza aí sexa nomeado previamente por outro poeta. Unha bitácora que irá medrando aos poucos e que, sospeito, pode converterse nun repositorio poético contemporáneo de extraordinaria utilidade. Os meus parabéns e moita sorte para esta iniciativa privada, que vén da man dos amigos Suso Díaz e mais Maripaz Paz.
Alusión, de Arturo Casas
Alusión
Galaxia, Vigo, 2011, 160 páxinas, 19 €
Talvez non sexa moi correcto sinalalo nun texto como o presente mais non quero ocultar que gardo un grande aprecio pola persoa de Arturo Casas e non é menor a miña admiración polo traballo teórico-crítico que vén desenvolvendo desde hai anos, sobre todo a través das múltiples publicacións e ensaios que constitúen, hoxe por hoxe, unha das achegas máis rigorosas feitas, desde a perspectiva ensaística, á intepretación das liñas de forza do noso sistema literario, con especial atención á análise semiótica e cultural.
Por todo o dito saúdo con moito agrado a publicación dunha escolma significativa dos seus numerosos apuntamentos e comentarios vertidos no blogue Lándoas, que estivo activo ao longo dos anos 2008 e 2009 e que moitos e moitas seguimos con interese no seu día. A semántica plural presente no título de Alusión explícase en diversas claves: por suposto que unha delas é a que «alude» ao sistema de posibles referencias cruzadas no seo da blogosfera mais tamén ao fondo do seu sentido: «a angostura do espazo democrático no tempo noso e as alusións correlativas que iso ocasiona na esfera pública», como sinala lucidamente a súa prologuista, de nome Felicia Soutelo, quen alén de exhibir un rexistro narrativo envexable, un chisco irónico e extraordinariamente documentado, non sei se entender como heterónimo, ou case.
Se o prólogo resulta de lectura obrigada outro tanto se pode dicir deste exercicio de reapropiación lectora, que algúns sentimos saudosa pero non periclitada. Velaquí estas «lándoas», agora en forma de papel, que convidan a ler, a reler, a gorentar propostas textuais nadas nas marxes que agora xa non son marxinais nin periféricas; moi ao contrario preséntanse reforzadas como centrais e substanciais ao falaren sobre as identidades, sobre as manipulacións e os medios de comunicación, sobre os disfraces do poder…, reflexións tan necesarias, sempre, adobiadas por veces cunha sutil ironía. Un libro ben preciso sempre e moito máis nesta na época que estamos a vivir.
O avatar falante
Non adoito facer anotacións con este tipo de contidos, que caen fóra do habitual neste espazo pero, chegados a esta fin de semana e cun pouco de vagar por diante, deixo aquí un enlace deste «avatar falante», pois non todo vai ser crítica e libros. Probablemente xa coñecido por moitos e moitas internautas -grazas Celina!-, ou talvez non, este recurso articula oralmente diferentes mensaxes escritas en diversos idiomas, en distintos niveis e con desemellantes efectos, linguas entre as que están o galego e mais o portugués. Ao posíbel valor didáctico non está de máis engadirlle o aspecto lúdico, sen esquecer que non é máis ca un recurso que, con todo, emprega un tanto topicamente os nomes que se lles outorga a quen fala. Malia todo, se vos interesa, aínda que só sexa por enredar, premede aquí (vía Sitepal).
