-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Libro lecer
A Ramallosa. Caligrafías de luz, VV.AA.
A Ramallosa. Caligrafías de luz
Arraianos, Celanova, 2011, 40 páxinas
Hai ben de tempo que reservo un comentario para este volume, requintadamente editado pola Asociación Arraianos, titulado A Ramallosa. Caligrafías de luz, e cómpre que non conclúa o ano sen dar conta del por moitas razóns. Unha delas foi a xa amentada, isto é, o estupendo traballo de edición ao que foi sometido, mais tamén ben o merece por popularizar e divulgar a existencia dunha singular procesión laica que ten lugar, desde hai máis de vinte e cinco anos, na Ramallosa de Celanova: unha procesión turna na que se fai ostentación de ramallos, acompañados de farois escintiilantes, música e sempre alegría.
Mendez Ferrín, autor dunhas liñas limiares, pregúntase se a orixe do festexo estaría no combate entre luces e sombras, se sería unha homenaxe á Natureza ou se viría sendo unha evocación pagá dos defuntos celanovenses… Non ofrece resposta definitiva nin serei eu quen a dea pois a festa é a que é, e talvez non sexa preciso preguntarse máis. Falo aquí da publicación que, para min, xa beirea as contornas da bibliofilia e na que se atopa, ademais, un pequeno e documentando ensaio explicativo a cargo de Aser Álvarez e mais un vizoso, en ocasións espectacular, diálogo caligráfico-poético-fotográfico que sosteñen con intensidade efectiva Baldo Ramos e Carlos Lorenzo, responsables destas seccións redondeando o que xulgo como un cativador artefacto que xa atesouro no espazo dos afectos con agarimo e admiración.
Abrapalabra!, de Antón Cortizas, Carlos Coira e Jacobo Fernández
Antón Cortizas, Carlos Coira e Jacobo Fernández
Galaxia, Vigo, 2010, 58 páxinas.
Abrapalabra!, así pois, subministra na dimensión máis activa o material que se pode denominar esencial para a práctica da maxia -barallas, caixas, moedas ou diversos elementos para os xogos- con sinxelas e claras explicacións ideadas por Carlos Coira, acompañadas por un atractivo traballo artístico debido a Jacobo Fernández. A isto xúntaselle unha orientación que, ao tempo, quere «entender a maxia que se agocha nas palabras», ofrecéndose así unha achega moi salientable e acaída da man de Antón Cortizas, quen ofrece un compendio literario do moito que a linguaxe poética pode dar de si baixo unha perspectiva participativa, exhibindo así un enorme traballo que articula e rescata xogos visuais, adiviñas, trabalinguas e un longo etcétera de posibilidades que a poesía pode ofrecer.
Un proxecto moi interesante pola súa vertente lúdica e, abofé, galeguizadora.

