-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Música
Eno sagrado en Vigo
«Eiquí será» de Celso Emilio Ferreiro, na Antología de Gómez Naharro (Novas CEF IX)
Antología. Poesía vernácula musicalizada de la Península Ibérica
Asemblea de Extemadura, Mérida, 129 páxinas + CD, 10 €
Este pasado nadal uns amigos deixaron nas miñas mans un libro do que non tiven ocasión de dar conta ata agora. Trátase dunha antoloxía poética que recolle composicións musicadas de diversos autores peninsulares, seleccionada e musicada nun cedé que se anexa ao libro e que vén da man do cantautor extremeño Miguel Ángel Gómez Naharro. O volume, excelentemente editado pola Asamblea de Extremadura e que pode lerse premendo aquí, incorpora asemade un importante traballo plástico da man dun heteroxéneo grupo de pintores e fotógrafos.
O volume articúlase como unha consecuencia de cinco discos anteriores gravados por Gómez Naharro e que, afortunadamente, entendo como unha volta a ese espírito de concordia e harmonía que debería reinar diante do patrimonio cultural e lingüístico peninsular, unha postura que se foi esfarelando e desatendendo cada vez máis. Ademais do indubidable valor musical que encerra este libro-disco, quen se achegue a esta proposta atopará, interpretadas con sentimento e acerto, cancións tradicionais como «¡Ay Carmela» ou «Bella ciao», xunto con versos de Ausias March, Quevedo, Aresti, Espriu, Luis Filipe Maçarico, Pessoa ou, por suposto, Celso Emilio Ferreiro, de quen se musicaliza o poema «Eiquí será» que deixo aquí abaixo. Parabéns, sen dúbida, por este libro que moito agradezo ter podido acceder a el.
Novas CEF: Labregos do Tempo dos Sputniks (V)
Labregos do Tempo dos Sputniks é unha formación composta por García MC, O Leo e mais Silverio Outeiro, que acompañou a presentación do Caderno monográfico arraiano Celso Emilio fai 100 anos tanto na Casa dos Poetas de Celanova o pasado día 7 de xaneiro como uns días despois na libraría viguesa Librouro. Deixo aquí o video dunha das dúas pezas que interpretaron en Celanova, as célebres «Notas necrolóxicas» de Celso Emilio, ao que se ve exhibindo a mesma potencia e forza que en Vigo. O monográfico, por certo, inclúe un «Single labrego», co poema «O Reinado» gravado en estudio, que non se pode perder (foto dos Labregos: Lucía Mallo).
Eladio y los seres queridos: «El tiempo futuro» (Vigo e o que está por vir)
Non adoito ocuparme aquí de asuntos fóra do que teñen que ver con libros e lecturas pero non resisto a tentación de compartir desde aquí este vídeo que coñecín vía Fran Lorenzo e Óscar Fontán en Facebook. As miñas grazas a eles pola descuberta de Eladio y los seres queridos, da canción e, para min, desta visión deslumbrante, intensa e un tanto sorprendente que se espella neste vídeo protagonizado pola cidade de Vigo. A carón da canción, o extraordinario traballo visual perfila ángulos que nos rodean acotío e que, talvez, non somos quen de velos. Poida que aí se encerre o futuro e a «loucura que nos mantén»: as sirenas mesturadas co cheire a leña, a inxenuidade, esa tendencia case inesgotable ao continuo movemento e os soños do día a día. Parabéns tamén aos equipos de Zinquin e a Esmerarte.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Z51joi4TzR8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
