-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Noticia literaria
A poesía de Olga Novo, en La Voz en Espiral
Onte martes emitiuse unha nova entrega de La Voz en Espiral, programa radiofónico que ofrece Radio Fórum, de Mérida, centrado na divulgación da poesía e onde, cada tres semanas participo falando de autoras e autores galegos. Nesta ocasión, ao fío da publicación de Cráter, de Olga Novo, dialogamos con Suso Díaz e Maripaz Paz sobre o que supón este libro e a súa achega poética, alén de ler un par de composicións do devandito, e recomendable, libro.
Velaquí o podcast de todo o programa, que entrevistou inicialmente ao poeta David Benedicte.
Ecos da edición bilingüe de Longa noite de pedra (Novas CEF XI)
O pasado 12 de febreiro Fran P. Lorenzo subscribiu unha ampla reportaxe sobre a edición bilingüe galego-castelá de Longa noite de pedra, publicado hai pouco por Auga Editora, nas páxinas de El Correo Gallego, a quen lle agradezo a súa atención. Deixo aquí o fragmento ao que se pode acceder a través da rede:
A poucos autoras ou autores dunha literatura lles está reservado o privilexio de cifraren nun título poético o tempo que habitan ou de o convertiren no emblema dun sentimento colectivo, mesmo nun lugar común. Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, é un deses casos. Así o sinala o crítico literario e tradutor vigués, Ramón Nicolás, na introdución de Longa Noite de Pedra/Larga Noche de Piedra, versión bilingüe galego/castelán deste título fundamental da poesía contemporánea, que vén de incorporar ao seu catálogo Auga Editora (non así á súa web, onde non está a disposición dos leitores), e que, como sinala o propio Nicolás no limiar, está pensada «fundamentalmente para o leitor non galego con certas inquedanzas».
Longa noite de pedra saíu do prelo en 1962, sete anos despois d’O soño sulagado (1955), considerado o primeiro poemario independente de Celso Emilio en lingua galega. Apareceu na colección Salnés, unha sorte de sucursal lírica de Galaxia, na que confluían en labores de dirección o propio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Fernández del Riego. Á publicación do libro sucedeulle un recoñecemento unánime do público e da crítica e a inmediata conversión do seu autor en poeta de referencia no sistema literario galego. E non só. O celanovés virou ademais nun dos escritores máis lidos e traducidos fóra de Galicia, mercé, como lembra Nicolás, «ás seguintes edicións realizadas, a partir de 1968, desde a colección poética de El Bardo», editorial catalana, dirixida por José Batlló, que recolleu, na altura, a tradución do profesor Basilio Losada. Losada asinaría tamén a tradución ao castelán incluída por Akal no primeiro tomo das Obras completas, de CEF, publicada en 1975 na colección Arealonga, ao coidado de Xesús Alonso Montero.
Longa noite de pedra, edición bilingüe galego-castelá
Este centenario de Celso Emilio Ferreiro posibilita a materialización dun proxecto había moito tempo acariñado e que, sen a colaboración da Fundación CEF, que sempre animou o proxecto; de Edicións Xerais, que cede os dereitos para a tradución e de Auga Editora, que o fai realidade, nunca podería ver a luz. O obxectivo da publicación, unha nova edición bilingüe dun dos libros claves da nosa poesía, alén de render un recoñecemento ao que Longa noite de pedra significa desde hai xustamente agora cincuenta anos, cando viu a luz inicialmente na colección Salnés de Galaxia, pretende revitalizar, na medida das súas posibilidades, a presenza de CEF fóra de Galicia.
Foi un privilexio traballar co obxectivo de difundir a obra de Celso Emilio Ferreiro a través desta tradución ao castelán, que conta cunha introdución para o lectorado non galego co propósito de reparar, con brevidade, na importancia do libro e de quen o escribiu. Para min é unha honra poder unirme á nómina de tradutores da poesía de Longa de noite de pedra ao castelán, que van desde Basilio Losada, pasando por Vicente Araguas ata Penélope Pedreira e Moisés R. Barcia. O requintado desa edición, que con tanto coidado traballaron Mercedes Pacheco e mais Xosé A. Perozo, alén do gran traballo da ilustradora María Lires, fan que un se sinta moi satisfeito desta nova aventura ferreiriana. Desde aquí a miña gratitude ao grupo de persoas que, unidas baixo esa luz que proxecta a figura de Celso Emilio Ferreiro, fixeron posible esta publicación.
Celso Emilio Ferreiro: novos achados
A cinco días da que se presenta como unha celebración case cabalística do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro -derradeiro de sete irmáns, naceu ás catro da tarde do día catro de xaneiro de 1912, un día no que a súa nai, Obdulia Miguez Buján lle dixera que «o día que ti naciches / houbo estranas sinales no ceo»-, as páxinas de información cultural de La Voz de Galicia recollen, como achega previa á data de celebración, dous poemas como limiar dun artigo máis longo que aparecerá mañá publicado no suplemento «Culturas» do mesmo xornal baixo o título de «Descubrir o iceberg Ferreiro». Un dos poemas é, na realidade, non compilado, e pódese consultar aquí e o outro é radicalmente inédito, tirado dun «Libro de Notas» de Celso Emilio e que reproduzo abaixo. Ao tempo Xesús Fraga, a quen lle agradezo o seu traballo, recolle algunhas das ideas que me suxeriron os dous poemas e que deixo aquí.
Mozo
Sai a rúa,
vai ós sindicatos,
asiste ós mitines,
forma nas manifestaciós,
insulta ás autoridás,
gaba á revolución cubana,
dalle vivas ó Che,
mais, por favor,
non lle chames «masa»
ó que é pobo.
Celso Emilio Ferreiro (circa 1970)
Gonzalo López Abente: un perfil hoxe
No estudo bio-bliográfico que preludia a recuperación de Bretemada, de López Abente, o profesor Miro Villar subliña a existencia de certa descualificación crítica respecto da obra do escritor muxián que provén dalgúns dos seus coetáneos galegos mais, significativamente, non así de voces críticas do exterior. Se cadra estes xuízos primeiros, e talvez mediatizados pola sombra do gran Pondal, alicerzados en opinións subxectivas que resultan doadamente rebatibles, afectan xa non só á súa obra poética senón tamén ao que se refire a outros xéneros nos que López Abente se moveu con recorrencia. Este lastre pesou, sen dúbida, na proxección e presenza que a figura de López Abente goza no canon actual, ao que non axudou a celebración dun Día das Letras no afastado 1971, de carácter máis simbólico e resistente que outra cousa. Participo da idea que a súa obra demanda, por estas razóns, unha revisión a fondo e sen prexuízos que recupere unha voz que aboia ata o de agora nunha inxusta terra de ninguén.
A obra poética de Gonzalo López Abente cífrase en seis libros publicados en vida, mais o rescate dunha peza poética realizada no ano 1971, alén dunha antoloxía da que precisamente se responsabilizou Miro Villar no ano 1995 e que constitúe, xunto á amentada recuperación de Bretemada, a única posibilidade accesible para saber do seu quefacer poético. Máis escuro e desasistido é o panorama que atinxe á súa obra narrativa pois esta apunta á existencia doutras seis pezas absolutamente inatopables desde hai bastantes anos. Consólame saber que non ha tardar, en Edicións Xerais, unha vindeira edición das súas catro novelas curtas –O diputado por Beiramar, O novo xuez, Buserana e Fuxidos, alén do texto “O escándalo”- nunha rigorosa edición a cargo do profesor Suso Sambade, que tiven a oportunidade de coñecer. Este traballo volverá proxectar con rigor a López Abente no primeiro plano de actualidade e permitirá abordar esoutra faceta creativa non menor que foi a da prosa. O autor muxián ben merece que se manteña acesa a memoria do seu legado literario.
Este texto publicouse nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 10 de decembro de 2011, baixo o título de «Unha obra que demanda unha revisión a fondo».