Category Archives: Noticia

Campaña da promoción da lectura en Denver, Colorado

O grupo Burning Through Pages, de Denver, Colorado, puxo en marcha unha interesante campaña promocional da lectura. Ademais doutras iniciativas distribuíron dous carteis dirixidos a pais e nais  e ao lectorado máis novo, presentando este último un lema que me gusta especialmente para definir o libro, isto é, unha máquina do tempo que existiu desde hai séculos. Velaquí (vía galleyCat)

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Divulgación, Noticia | Coas etiquetas | Leave a comment

Designación como «escritor do mes» (AELG)

No día de onte a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega comunicoume a designación como «escritor do mes», neste maio tan significativo para o noso sistema literario. Síntome moi honrado por este recoñecemento e desde aquí, como é obrigado, o meu agradecemento a quen o fixo posible. Beizón.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Noticia | Coas etiquetas , | Leave a comment

O circo lírico do País dos Ananos. Espectáculo lírico-musical (Novas CEF XXVIII)

A través do web celsoemilioferreiro chégame esta información que comparto e reproduzo deseguido:

O Circo Lírico do País dos Ananos xorde da fusión dun recital poético cun espectáculo circense. Unha pista na que a poesía xera números musicais, monicreques, visións extraordinarias e moito humor, na presenza dun público moi participativo. Dirixido por María Lado abre xa o período de contratación.

A velada do Circo Lírico do País dos Ananos presenta música en directo da man do grupo Labregos do tempo dos Sputniks -formado por García de Dios Ke Te Crew, o Leo i Arremecághona, mais Silverio Outeiro ex Xenreira- números de marionetas de fío e sombras chinesas con Borxa Ínsua xunto á voz das poetisas María Lado e Lucía Aldao. Complétase o elenco coa participación dun reducido número de poetas locais, convidados a participar na pista, con textos propios ou alleos, nun arriscado número con feras devoradoras de vates. O público tamén ten moito que dicir, pois, cal circo romano, eles poderán salvar ou pedir a cabeza dos artistas presentes.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Celso Emilio Ferreiro, Noticia | Coas etiquetas , | Leave a comment

Dificultades para integrantes da Associação Portuguesa de Escritores (APE)

A crise en Portugal chega a todos os recantos, tamén ao que afecta ao ámbito de quen traballa na esfera da creación literaria. O presidente da Associação Portuguesa de Escritores (APE) advertiu que son cada vez máis os integrantes da asociación que viven en dificuldades por mor da voracidade desta crise económica e como solución inmediata advirte que apoiarán medidas de carácter social e que se creará unha «Casa do Escritor» para paliar estas situacións extremas. Fóra de que supoño que nesa Casa  tamén poderán entrar Escritoras afectadas  coido que a noticia é un significativo índice de como están as cousas. Reproduzo aquí un fragmento da información tirado de iOnline:

    O presidente da Associação Portuguesa de Escritores (APE) alertou hoje que são cada vez mais os associados em dificuldades devido à crise económica que o país atravessa e revelou que vai ser criada uma Casa do Escritor para os apoiar. (…) «Os escritores vivem dias difíceis, como vive o país, como vive a maioria dos portugueses, e aumentaram os pedidos de ajuda», comentou José Manuel Mendes.

     O responsável pela entidade, fundada em 1973 e que conta atualmente com 750 associados, referiu que têm surgido «cada vez mais casos de escritores a viver em dificuldades».

     «Além de todos os constrangimentos iguais aos dos outros portugueses, no caso dos escritores há as dificuldades no acesso à edição. Há um número vasto de autores que não consegue publicar», indicou, sem precisar em números.

De acordo com o presidente da direção da APE, a entidade «está a alargar uma rede de benefícios sociais para todos os sócios e sobretudo os que estão a viver em precariedade».

    «Além disso, queremos criar em breve uma Casa do Escritor como forma de expressão plena de solidariedade», salientou.

    Para José Manuel Mendes, «as obras literárias são um acervo insubstituível que integra o património imaterial da nossa cultura e é preciso pensar e salvaguardar o seu futuro».

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Crónica, Noticia | Coas etiquetas , | Leave a comment

Reabre a Libraría Cartabón

Un compromiso adquirido con anterioridade non me vai poder permitir compartir mañá algo tan festivo, e realmente raro nestes tempos, como é a reapertura dunha libraría. Falo da Libraría Cartabón, que xa viña sendo desde hai anos un magnífico espazo de encontro arredor dos libros e da literatura, da man  de dous extraordinarios profesionais e amigos como son Gonzalo e Maribel. Estou certo que desde mañá han seguir conducindo esta libraría coa mesma  fe depositada no futuro do libro e do libro galego en particular, que sempre dispuxeron no lugar máis escolleito do seu local constituíndo  o seu auténtico símbolo de identidade.

      Beizóns para esta nova Libraría Cartabón, que ademais reclama a vixencia da lingua de noso a través dun fragmento dese ferreiriano «Deitado frente ao mar», tan acaidamente seleccionado neste ano Ferreiro e que incorpora con orgullo na súa fachada: poesía de primeira na rúa para uns libreiros de primeira. Grazas por estardes aí (as fotos son de Raquel Pérez).

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Noticia | Coas etiquetas | 7 Comentarios