-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Novidades editoriais
Letras gallegas en Qué leer, nº 170. Entrevista con Fran Alonso: «En literatura no caben las certezas»
Na entrega da revista Qué leer, correspondente a este mes de novembro que comeza, ademais doutro texto que subirei á bitácora en poucas datas, dou a coñecer unha entrevista realizada a Fran Alonso por mor da publicación, entre outros asuntos sobre os que dialogamos, de Ninguén: proposta que está sendo ben acollida pola crítica e respecto da que se acaba de pór a circular unha imaxinativa «primeira campaña viral na rede a favor dun libro galego» . Deixo aquí a entrevista:
Humberto Eco á busca de lectores
Camilo Franco subscribe nas páxinas culturais de La Voz de hoxe unha reportaxe sobre a decisión de Humberto Eco de «refacer» o seu célebre O nome da rosa e editar unha versión light, segundo o autor, acorde aos novos tempos.
Deixo aquí o enlace da reportaxe, no que o xornalista ourensán inquire a opinión de varias persoas entre as que me encontro, ademais de incluír dous artigos de opinión.
O asunto creo que é de suma relevancia pois pode ser tanto a punta dun iceberg que se move devagariño e inflexiblemente cara a nós ou, simplemente, unha decisión, libérrima, tomada en aras doutros intereses.
Breviario, en Biblos. Clube de lectores, nº 52 (setembro-outubro 2011)
Fiel á súa cita, acode aos quioscos o número correspondente a setembro-outubro de 2011 de Biblos. Clube de Lectores. Revista galega de información literaria. Como sempre deixo aí algunhas, e breves, reflexións sobre aspectos da actualidade literaria e títulos que chegarán este bimestre.
1. Este outono semella anunciarse como un mes de transición, e se cadra este 2011 un pouco máis, á espera das novidades que focalizarán a atención nos últimos meses do ano, coa edición dalgúns premios e mais doutros libros que agardan ventos e oportunidades máis favorábeis para o mercado e os lectores. Malia iso detéñome en tres títulos concretos que se ofrecen nesta tempada.
2. Inevitablemente os traballos centrados na eséxese literaria e nas facetas biográficas de Valentín Paz Andrade ocuparán unha destacada atención ao longo do ano vindeiro. Nestes ámbitos é unha realidade o dito que reza “o que diante dá, dá dúas veces”, polo que lle desexo a mellor das sortes á iniciativa de Tucho Calvo de ofrecer, nunha edición revisada e actualizada que garde o saibo da súa edición orixinal, o seu Valentín Paz Andrade. A memoria do século XX: un insubstituíbel achegamento á figura do escritor, político e empresario pontevedrés que se converteu no seu día nun verdadeiro documento histórico e que hoxe é unha fonte na que é obrigado beber para coñecer máis o personaxe e, abofé, o pasado século XX no que tantos acontementos Paz Andrade protagonizou.
3. Publícase tamén estes días o último libro de Fran Alonso baixo o título de Ninguén. O escritor vigués retorna ás marxes que transitara en Silencio –unha das súas achegas que máis me entusiasmara-, tripando de novo asuntos como a incomunicación, a soidade e a despersonalización, sen esquecer a presenza abouxadora do mundo das novas tecnoloxías no noso día a día nin ese aguillón irónico que vai cravando aquí e acolá.
4. Outra das novidades é o título Asasinos, asasinos, asasinos! de Vicente Piñeiro González. Nel explótase, ficcionalmente, a biografía da intelectual e escritora Juana Capdevielle, esposa de Francisco Pérez Carballo, gobernador civil da Coruña tamén asasinado. Dou en cavilar que a novela, máis ben un diario ficcionalizado, malia basearse en datos históricos contrastados, opta por un recurso técnico dificilmente verosímil pero os lectores xulgarán. Con todo cómpre agradecer a achega que resulta operativa para lembrar a figura de quen protagonizou un dos capítulos máis escuros e crueis da guerra civil.
5. Para bibliófilos. Luís Alonso Girgado e Luís Cochón editan facsimilarmente Soma de Craridades por Álvaro Cunqueiro e Unha carta a Luís Seoane por Santiago Montero Díaz, unha auténtica marabilla no mundo da edición, moi acaída neste ano dedicado á memoria de Álvaro Cunqueiro.
Este texto foi publicado na sección «Breviario» de Biblos. Clube de Lecturas, nº 52, setembro-outubro de 2011.
Sobre Jordi Sierra i Fabra: A modelo descalza
Hai por volta dun ano Jordi Sierra i Fabra anunciaba a publicación simultánea, en castelán e catalán algunas delas, de tres novelas como foron Siete días de julio, La nueva tierra e mais La modelo descalza (en Siruela). Por aquelas datas tiven a fortuna de comezar a tradución ao galego para a editorial Galaxia desta última proposta que viu a luz hai uns días baixo o título d´A modelo descalza. A novela, protagonizada por Jon Boix, un personaxe que xa aparecera noutra novela anterior do autor -Las chicas de alambre- propón, coa atractiva e nada previsible excusa da resolución dun caso de tintes policíacos, un achegamento obxectivo, desposuído de moralina e dotado dunha evidente carga de denuncia, ao mundo das top-models, das escravitudes e abusos de todo tipo que se agochan baixo os ouropeis do éxito doado e da vida regalada.
A tradución engádese á significativa nómina de títulos ofrecidos no noso idioma como son, entre algúns outros, Nun lugar chamado guerra (2002), Durmido sobre os espellos (2003), Soidades de Ana (2007) e Kafka e a boneca viaxeira (2009), en Galaxia; Do outro lado do espello (2007) e O meu cole (2008), en Xerais; en Planeta Oxford Contos e poemas para un mes calquera (2006) ou en Anaya, O gardián da Lúa (1994), ¡¡¡Lambertooo!!! (1995) e A nave fantástica (1996).
Os estratosféricos números que o autor manexa no que se refire a libros publicados e exemplares vendidos, algo que topicamente se asocia a certos lugares comúns que caen polo seu propio peso se se analizan con rigor e obxectividade as súas novelas, converten a Jordi Sierra nun caso pouco común entre os narradores ibéricos, cunha indiscutible e auténtica lexión de seguidores. Velaquí unha oportunidade máis para achegarse á obra dun autor, en palabras do meu amigo Toni Iturbe, «arrollador en su energía y humanidad».
Teatro en Baía Edicións
Inacio (ilustracións Óscar Villán)
Fábula galénica
Baía Edicións, A Coruña, 2011, 60 páxinas, 8,65 €
Pedra sobre pedra
Baía Edicións, A Coruña, 2011, 60 páxinas, 5,77 €
Nestes tempos en que os xéneros mal chamados menores teñen aínda unha maior dificultade para chegar a ver a luz cómpre reparar en dúas publicacións que veñen da man de Baía Edicións, en coedición co Agadic, e que acollen dúas publicacións dramatúrxicas de interese galardoadas, por outra parte, co premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques tanto na modalidade de adultos como na infantil.
A proposta gañadora nesta última modalidade, Fábula galénica, que vén da man de Inacio Vilariño e que conta con ilustracións de Óscar Villán, expón no seu título a diáfana relación coas fábulas de carácter tradicional mais ao tempo opérase nel unha indubidable e consciente actualización dos seus contidos. Por outro lado resulta un texto, ao meu ver, moi suxestivo no que se refire ás posibilidades de escenificación e, alén de conectar textualmente axiña co lector, está dotado dunha fluidez dialogal moi estimable.
Por outro lado, Pedra sobre pedra, de Xosé A. Neira Cruz, vencedor na categoría de teatro de monicreques para adultos, retoma o asunto da construción do Pórtico da Gloria protagonizado polo Mestre Mateo, afondando na idea do furto intelectual dunha obra artística ou das propias ideas, e asemade no concepto de calumnia. Igualmente suxestivo e aberto no que á posible escenificación se refire, salienta nel a súa atractiva armazón estrutural e expresiva -exemplar e acaído resulta o emprego de fragmentos no verbo dos
arxinas ou fala dos canteiros na boca dalgúns personaxes-, alén das numerosas claves metaliterarias e simbólicas traídas con naturalidade e que, como Festina lente, a novela que hai alguns anos publicou Marcos Calveiro, testemuña o que, sen dúbida, aínda pode dar de si a temática histórica de noso ollada desde novas e convicentes perspectivas.


