-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (290)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (187)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (25)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (105)
Música (14)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Opinión
«Socialitzar no és gratis», por Anna Manso
Dels llibres dels autors catalans en viuen moltes famílies, però, sobretot, alimenten un país de cultura i veu pròpia. Ara que les escoles i les AMPA fan les llistes dels llibres de cara al curs que ve és hora de decidir si volem que els autors catalans siguem una espècie en perill d’extinció o tinguem futur.
Begoña Caamaño sobre a Gala das Letras (premios AELG 2013)
Son devoto, e apaixonado, lector de Begoña Caamaño e para min resulta unha enorme alegría que a súa Morgana en Esmelle estea colleitando esta enxurrada de recoñecementos, sen dúbida todos eles ben merecidos. Onte deixou, tan discretamente coma é ela, un fermoso comentario nun apuntamento do meu blog ao fío da existencia duns vídeos subidos á rede por Tati Mancebo. Teño para min que as súas palabras ben merecen ser rescatadas dese espazo e difundilas desde aquí. Grazas, Begoña!
Agora que vexo os vídeos de Tati é aínda maior a mágoa por non ter asistido o sábado á gala e partillar momentos tan intensos con xente tan boa. Grazas a Ana Romani, por darlle voz as miñas palabras e a Francisco Castro, por ter que improvisar, xa que realmente non agardaba ser eu, coa miña Morgana en Esmelle a afortunada.
Ben sei que contar con aliados tan poderosos e sabias como Merlín, Morgana ou Víviana, fai que a maxia xogue ao meu favor, pero tan ben sei que calquera das obras finalistas, e mesmo moitas que non chegaron a selo merecerían igualmente un premio que, coa honra de ser escolleito pol@s colegas, trae consigo a responsabilidade de anovar os votos de compromiso coa nosa lingua.
Unha aperta a Ramón Nicolás, a quen, amais de felicitar polos seus dous ben merecidos premios, teño que agradecer o espazo que me brinda no seu blog. Apertas tamén a Tati Mancebo, polo traballo calado tras dunha cámara e que hoxe me permite vivir a gala como se alí estiver. A miña gratitude a AELG por, mesmo en tempos tan difíciles, ser quen de manter uns premios que teñen por obxecto fomentar o uso e o disfrute da nosa lingua. Grazas tamén a todos os escritores e todas as escritoras que elexiron a Morgana para honrala dun xeito que me abruma e conmove e, coma non, grazas a todas e todos os seguidores deste blog a todos quen ledes en galego dende unha historia gráfica a un ensaio, dende un xornal ata unha novela, dende un poema ata un blog. Sen vós nada tería sentido. Sen vós, aínda que houber mil premios, a lingua estaría morta. Benzóns.
Begoña Caamaño
Premios AELG 2013: un milleiro de grazas
A de onte foi unha noite inesquecible e para min moi conmovedora. Á alegría que me produciu saudar a moitas persoas que quero ben e que asistiron á gala dos Premios da AELG, celebrada na Coruña, sumóuselle a circunstancia desmesurada de que se lle outorgase o galardón na categoría do ensaio a Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro e, por se fose pouco, na do blog literario a esta bitácora. Os meus parabéns para quen resultou tamén galardoado e para todas e todos os finalistas nas diversas categorías. Non esquezo tampouco agradecer o labor de quen fai posible esta noite tan fermosa. A miña gratitude, de corazón, pola vosa xenerosidade.
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, premio Losada Diéguez 2013 na modalidade de non ficción
Souben da noticia da concesión do premio Losada Diéguez a Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro por unha chamada do secretario do xurado, segundos antes de entrar nunha xuntanza dos membros da Fundación Celso Emilio Ferreiro, razón pola que a nova foi felizmente celebrada entre persoas que confluímos na vontade de perpetuar o legado de Celso Emilio. Talvez outra das conxuncións astrais ás que a memoria do poeta de Celanova nos ten afeitos nos últimos tempos.
Desde aquí comparto a miña alegría con todas as persoas que visitan esta bitácora de cando en vez e aproveito para transmitir a miña gratitude aos membros do xurado que tiveron o vagar e a paciencia de ler este libro; grazas tamén a Luís Ferreiro pois o bo que pode ter esta biografía débese á súa xenerosa colaboración e alento; grazas a todas as voces que circulan por estas páxinas e que, en boa medida, a alicerzan e singularizan; grazas a quen confiou neste proxecto desde o comezo e a quen sempre están preto de min. Grazas, por último, a todo o equipo de Edicións Xerais que o fixo posible.
Non esquezo os meus parabéns a Begoña Caamaño que colleitou, con esa alfaia que é Morgana en Esmelle, a modalidade de ficción deste galardón: «O Calvario Power» nesta ocasión, benquerida Begoña.
Novas nalgúns medios:
No Día do Libro
Hoxe, Día do Libro, a miña aposta é polo libro galego, isto é, polo libro en lingua galega. Á imaxe remito para testemuñar que dispomos dunha literatura rica, heteroxénea e plural da que se sentir orgulloso.
Creo que nunca o fixen e a data de hoxe é unha boa ocasión para lles dar as grazas tanto ás persoas particulares que editan e promocionan as súas obras como ás editorais galegas que, particularmente, sempre me trataron e tratan con moita xenerosidade. A miña gratitude a Xerais, Toxosoutos, Galaxia, Faktoría K, Rinoceronte, Kalandraka, Espiral Maior, Laiovento, Trifolium, Baía, Ouvirmos e Hugin e Munin entre outras, hoxe e sempre.

