-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (290)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (187)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (25)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (105)
Música (14)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Presentación
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro na Feira do Libro de Lugo
Onte, tras a presentación de O aprendiz do home do saco do meu amigo Antonio Reigosa, fixemos o propio con Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro nunha tarde invernal, fría e chuviosa, na Feira do Libro de Lugo. A de onte constituíu para min outra ocasión para verificar o interese que suscita a figura de Celso Emilio Ferreiro, sexa onde for. Desde aquí só quero agradecer, outra vez máis, as xenerosas palabras de Manuel Bragado e de Luís Ferreiro e lamentar, por un imprevisto, a ausencia de María Reimóndez que ía exercer tamén como presentadora. A miña gratitude tamén a quen se desprazou á Praza Maior de Lugo, desafiando as inclemencias e sen importarlle outros espectáculos televisivos nese serán do Día das Letras 2013.
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro na Feira do Libro de Lugo
O venres da vindeira semana, Día das Letras Galegas, continúa a xeira de presentacións de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, nesta ocasión no espazo que brinda a Feira do Libro da cidade de Lugo. O acto celebrarase ás 20:30 horas e contarei co xeneroso acompañamento de Manuel Bragado, Luís Ferreiro e, nesta ocasión, da escritora lucense María Reimóndez.
A FEIRA DO LIBRO DE LUGO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
comprácense en convidalo/a ao seguinte acto:
Día 17 VENRES DÍA DAS LETRAS GALEGAS
20: 30 horas: Presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás.
Participan: Luis Ferreiro, María Reimóndez, Manuel Bragado e o autor.
Da presentación de Faneca Brava, de Manuel Portas á Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida
Chego á casa moi contento tras a presentación de Faneca Brava, a última novela de Manuel Portas, desenvolta no seo da Feira do Libro de Compostela. Malia as dificultades e molestias producidas polo boureo das festas da Ascensión foi un pracer acompañar a Fran Alonso e mais ao autor na presentación dun libro do que me ocuparei máis adiante con vagar pero que vexo con enormes posibilidades para se converter nunha das lecturas obrigadas para este vindeiro verán: unha novela que fala da vida, dotada dunha armazón moi meditada e con ingredientes ben acaídos para acadar ese horaciano «prodesse et delectare», ese «ensinar deleitando» que Portas defende a ultranza (abaixo unha foto que nos realizou a nosa amiga Gracia Santórum).
Ao tempo, descubro na rede que xa é unha realidade o volume-homenaxe titulado Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida: un proxecto longamente acariñado que me honrei de coordinar, integrado por unha manchea de voces entre as que se atopan persoas que xa desapareceron como Isaac Díaz Pardo ou Herminio Barreiro e outras como as de X.L. Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero ou Carlos Oroza por só citar algún nomes. Tempo haberá para falar del.
Un día magnífico, sen dúbida.
Presentación da novela Faneca Brava, de Manuel Portas, na Feira do Libro (Santiago)
Mañá venres, ás 19.00 e na Feira do Libro de Santiago, acompañarei a Fran Alonso e mais a Manuel Portas na presentación -unha estrea mundial, como gusta de dicir Portas- de Faneca Brava, unha novela da que será un pracer falar un pouco pois, malia carecer de dotes de adiviñación, e aínda co saibo das súas últimas páxinas acabadas de ler hai pouco, creo que conta con todos os ingredientes para se converter nun dos grandes éxitos narrativos deste vindeiro verán. Debullarei algunhas das razón que me levan a esta conclusión na presentación do libro. Esperámosvos alí.
Na Feira do Libro de Ferrol con Celso Emilio Ferreiro
Participei onte na presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro na Feira do Libro de Ferrol, nun acto que serviu para poñer o peche desta edición que, ao que parece, resistiu meritoriamente as acometidas da crise. O libro presentouse xa en diversos lugares até o de agora e en cada un deles non deixa de sorprenderme e fascinarme a expectación e o desexo de coñecer máis arredor da figura de Celso Emilio Ferreiro, como onte se confirmou unha vez máis diante dun nutrido grupo de persoas.
As xenerosas palabras tanto do editor Fran Alonso, en representación de Xerais, como as de Luís Ferreiro, director da Fundación Celso Emilio Ferreiro, foron para min desas que reverberan na memoria durante moito tempo resultando, en ocasións, conmovedoras, como tamén o foi a presenza de persoas queridas como Medos Romero, Manuel López Foxo, Luís Mera e Henrique Dacosta, alén doutras admiradas por min e que alí coñecín como ese traballador incansable que é Antón Cortizas. A miña gratitude á organización da Feira do Libro, aos presentadores do acto e a todas aquelas persoas que asistiron polas complicidades ferreirianas.


