Category Archives: Promoción da lectura

Taboleiro do libro galego (II)

Nesta segunda entrega do taboleiro do libro galego non se observan grandes mudanzas respecto dos títulos que maior aceptación tiveron nas librarías galegas consultadas a anterior semana, ás que desde agora se suma tamén a libraría Andel. Por este motivo a periodicidade da sección pasará  a ter, desde agora, un carácter quincenal. Grazas, de novo, a todas as librarías colaboradoras polo seu entusiasmo neste proxecto.

      Velaquí, así pois, os resultados desta última semana.

        

NARRATIVA 

1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.

2º-. A noite branca, de F. X. Fernández Naval, Edicións Xerais de Galicia.

3º-. Viagem ao Curdistán para apanhar estrelas, de Sechu Sende, autoedición.

4º-. Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira, Redelibros.

5º-. O mundo secreto de Basilius Hoffman: un faro na escuridade, de Fernando M. Cimadevila, Urco Editora.

POESÍA

1º-. Emily on the road, de Ramón Blanco, Acha Escrava.

2º-. Monicreques, de Xosé Costas Currás, Pen Club.

3º-.  Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.

4º-. O meu primeiro Celso Emilio, X. Lastra e outros, Edicións Xerais.

5º-. Esplendor arcano, de Ramiro Torres, Grupo Surrealista Galego.

ENSAIO-TEATRO

1º-.  AGE. A Emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, de Manuel Darriba e Daniel Salgado, 2.0 Editora.

2º-. Banqueiros, de Francisco Pillado Maior (coord.), Laiovento.

3º-. Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño, de Camilo Franco, Biblos.

4º-. O labirinto da saudade, de Luís G. Soto, Laiovento.

5º-. Falemos de ourensanía, de  J. M. Baltar, Auga Editora.

INFANTIL-XUVENIL

1º-.  Dragal III, de Helena Gallego, Xerais.

2º-. Malos tempos para os fantasmas, de Agustín Fernández Paz, Xerais.

3º-. Cidades, de Fran Alonso, Edicións Xerais.

ÁLBUM ILUSTRADO

1º-.  María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.

2º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Galaxia.

3º-. O soño de Matías, de Leo Lioni, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA

1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.

2º-. Cousas de mortos, Manel Cráneo, Demo Editorial.

3º-. Cartas de inverno. Novela gráfica, de Antonio Seijas e Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Literatura galega, Promoción da lectura | Coas etiquetas , | 3 Comentarios

Booktrailer de Dragal, a triloxía de Elena Gallego

Excelente e coidadísimo booktrailer da triloxía do dragón de Elena Gallego: sen dúbida ao mesmo nivel doutras producións internacionais. Parabéns á autora do libros, ao guión e á realización de Miguel Abad e mais a Edicións Xerais.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Promoción da lectura, Video | Coas etiquetas , , , | Leave a comment

Ler non é clandestino: vídeo para a promoción da lectura

A miña amiga Gracia Santórum faime chegar este magnífico vídeo para promocionar a lectura que preparou, xunto con Anxo Fernández, como despedida dun traballo fundamental que levou a cabo na comunidade educativa do IES Chano Piñeiro en Forcarei e que converteu nun auténtico exemplo de dinamización lectora. Recomendo expresamente a lectura do apuntamento que acompaña a este vídeo, do que extraio estas palabras que subscribo enteiramente:

       «Cremos na lectura como solución. Cremos na lectura como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría. Cremos na lectura como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do horizonte sen fin.

       Cremos na lectura como CULTURA. E sobre todo cremos na lectura no noso idioma, na nosa lingua. Porque só defendendo ambas cousas, LINGUA E CULTURA o noso país terá futuro de seu».

        Parabéns por este traballo e parabéns pola túa traxectoria na defensa e nos valores da lectura, Gracia.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Divulgación, Promoción da lectura | Coas etiquetas , , | Leave a comment

Campaña de RIF para a promoción da lectura

Vía blogtailors chego á información dunha campaña publicitaria en defensa do libro e da lectura da xente máis nova, en especial a máis desatendida, a través da asociación estadounidense sen ánimo de lucro »Reading is Fundamental» (RIF), que leva traballando desde os anos sesenta nos devanditos ámbitos. A canción que acompaña ás imaxes -todas elas facendo referencia a algúns clásicos da literatura infantil e xuvenil- producírona The Roots e conta coa colaboración de Black, Chris Martin, John Legend, Regina Spektor, Jim James, Nate Ruess, Jason Schwartzman, Melanie Fiona, Carrie Brownstein e Consequence.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Promoción da lectura, Video | Coas etiquetas , , | Leave a comment