Category Archives: Recursos didácticos

Xogando (e aprendendo) con Celso Emilio Ferreiro

Dei cun recurso didáctico que me ocupou moi interesado durante un tempo e ao que lle recoñezo moitas posibilidades. Sei del a través do blog da biblioteca do IES Río Cabe e trátase dunha proposta interactiva, a xeito de test, vinculada con aspectos biográficos e literarios de Celso Emilio Ferreiro e moi ben artella. A anotación, titulada «Viaxe ao… interior de C. Emilio Ferreiro», pódese consultar premendo aquí ou aquí. Dá xenio ver traballos deste tipo. Moitos parabéns a quen o idearon.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Blogue, Celso Emilio Ferreiro, Recursos didácticos | Coas etiquetas , , , | 2 Comentarios

«Moraima», vídeo do IES «Castro Alobre» de Vilagarcía de Arousa (Novas CEF LVIII)

Catro alumnas de 1º de Bacharelato do IES «Castro Alobre» de Vilagarcía de Arousa (Inés, Ainhoa, Irene e Loaira), baixo a coordinación da profesora Carme Moure realizaron este coidado e artístico vídeo para conmemorar o centenario do ano Celso Emilio Ferreiro, baseándose no célebre poema dedicado a Moraima. Moitas grazas (vía trafegandoronseis).

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Celso Emilio Ferreiro, Recursos didácticos, Video | Coas etiquetas , , , | Leave a comment

Entrevista a Marguerite Duras

En 1984, tras recibir o Goncourt pola novela O amante, Marguerite Duras concédelle unha entrevista ao xornalista Bernard Pivot  para o programa Apostrophes.  Teño para min que é un documento extraordinariamente interesante, tanto polas atinadas preguntas como polas respostas da Duras, algunhas delas antolóxicas.  O programa contabiliza un total de setenta minutos que se poden consultar aquí en oito partes. Deixo abaixo a primeira destas gravacións.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Divulgación, Recursos didácticos, Video | Coas etiquetas , | 2 Comentarios

Proxecto Celso Emilio Ferreiro, no CEIP da Barqueira (Cerdido) (Novas CEF LV)

A través de Carta xeométrica coñezo este proxecto tan fermoso: unha onda máis, como sinala con acerto o responsable do devandito blogue, nesa  «marea Celso Emilio (que) non para». Alumnado do CEIP da Barqueira puxo en marcha un traballo multidisciplinar no que saliento esta xeitosa e didáctica «entrevista» a Celso Emilio e mais esta versión rapeira de «Deitado frente ao mar», gravada polo propio alumnado de 3º ciclo e que incorpora propostas artísticas realizadas na materia de Plástica. Dá xenio  ver cousas así! Grazas.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Celso Emilio Ferreiro, Recursos didácticos, Video | Coas etiquetas , , | 2 Comentarios

Video do Centenario de Celso Emilio desde o EDNL do IES Lagoa de Antela (Novas CEF XLVI)

Magnífico e extraordinariamente documentado este vídeo que chega desde o EDNL do IES Lagoa de Antela. Os meus parabéns.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Celso Emilio Ferreiro, Recursos didácticos, Video | Coas etiquetas , , | Leave a comment