-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Reedición
Excelente edición de Follas Novas en El Patito Editorial
Follas Novas (ilustracións de Álvaro de la Vega)
El Patito Editorial, Compostela, 2012, 216 páxinas, 22 €
Un amigo faime un agasallo que moito agradezo. Trátase dunha nova edición de Follas Novas, que preparou El Patito Editorial por mor da celebración do 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e que se engade á serie de publicacións que o selo compostelán vén realizando arredor da obra literaria rosaliana.
Manifestar algo medianamente orixinal ou distinto dos ríos de tinta que se verteron arredor deste poemario é ben difícil e non pretendo agora ese obxectivo. Tan só quixera dar conta desta extraordinaria edición, da dimensión estética do libro tamén, na que Álvaro de la Vega realiza un exemplar e enriquecedor diálogo con este poemario, incorporando así unha interpretación artística tan universal como a que simboliza esta obra na produción rosaliana. Nunca está de máis reler Follas Novas pois, como as grandes obras, resulta un exercicio que sempre posibilita redescubrir algún matiz que en lecturas anteriores, talvez, non se reparara. Poder facelo nunha edición tan requintada como a que me ocupa supón unha verdadeira regalía.
Poetízate. Antoloxía da poesía galega, de Fran Alonso
Poetízate. Antoloxía da poesía galega
Xerais, Vigo, 2011 (8ª ed.), 224 páxinas, 11 €
«A poesía non morde» afirmaba Fran Alonso no limiar deste libro que viu a luz, orixinalmente, no ano 2006; e abofé que a aseveración foi ben afortunada porque crebou a sacralidade que semella ou semellaba dominar o xénero e motivou un interese innegable como amosan os seus case dez mil exemplares distribuídos, case dez mil libros habitando espazos que de seu nos sitúan nunha tradición singular pero que tamén serven para desvelar descubertas contemporáneas. E como a poesía non é algo estantío nin inmutable, porque entre nós e día día hai máis voces e máis poetas, esta oitava edición actualiza os seus contidos e mellórase cunhas suxestivas palabras previas de Carlos Negro a carón de novos poetas non incluídos até o de agora como son Xoán Abeleira, Elvira Riveiro, Xerardo Quintiá, Berta Dávila, Dolores Tembrás, Rosalía Fernández Rial e David Rodríguez, alén doutras composicións que veñen de Antón Reixa, Ana Romaní, Carlos Negro ou María Lado.
Poetízate cumpriu un salientable papel nestes anos de percorrido como foi o de descubrir que había un xénero literario que non era cousa doutro tempo nin prato gorentado por xente un tanto estraña; serviu para revitalizar, coas necesarias doses de desenfado e desinhibición, o interese pola nosa poesía entre os lectores máis novos para o que se escolmaron poemas atractivos, reveladores e significativos… Por experiencia sei que, para un apreciable número de estudantes e de lectores en xeral, Fran Alonso converteu a súa proposta no primeiro encontro, en moitos casos fascinante, con Celso Emilio Ferreiro, con Rosalía, con Cabanillas ou Luz Pozo…, con Antón Lopo, Marta Dacosta, Antía Otero ou Xela Arias entre tantas outras voces. Beizón por contarmos cun libro coma este e longa andaina para esta nova edición: que siga a colleitar lectores e lectoras do futuro e mel nas filloas se son de poesía.

