-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Revista
Nova entrega de Ferrol Análisis (nº 26)
Ferrol Análisis nº 26
Club de Prensa de Ferrol, A Coruña, 2011, 15 €, 336 páxinas.
Un amigo faime chegar a adoito voluminosa entrega dunha das revistas culturais e anuais de carácter máis plural e, sen dúbida, mellor coidadas tipograficamente entre as que se editan en Galicia desde hai máis máis de dúas décadas, período no que vén realizando un meritorio traballo ininterrompido, cumprindo sempre con fidelidade a súa cita cos lectores e lectoras.
Alén das lóxicas colaboracións que se vinculan máis estreitamente con aspectos ou personaxes ferroláns, acolle intervencións do acontecido nos Cursos de Verán «Carlos Gurméndez» e cédese un apreciable espazo para atender a dúas figuras, de dimensión literaria, que o ano pasado ocuparon os primeiros lugares da actualidade cultural como foron Lois Pereiro -da man de Siro, quen se detén na xénese duns retratos do escritor monfortino- e mais Álvaro Cunqueiro -analizado a cargo de Ángel Basanta e Darío X. Cabana-, prestándolle tamén atención a algunhas facetas do profesor ferrolán Santiago Montero Díaz, nun estudo que subscribe Xesús Alonso Montero.
Ademais, asumindo o criterio da pluralidade temática incorpórase un oportuno estudo de Xosé R. Barreiro Fernández arredor da significación política das Cortes de Cádiz no seu segundo centenario alén doutros, que resulta imposible recollelos aquí nin sequera parcialmente, entre os que salientaría o que versa arredor do músico Manuel Quiroga, o que esculca sobre a vida da soprano Carolina Casanova ou o aritgo que subscribe Marcos S. Pérez Pena sobre xornalismo.
Complétase esta entrega, nunha edición exenta, co número vinte e cinco dos seus Cadernos, nesta ocasión dedicados a Ferrolterra e mais as orquestras de baile, un traballo de Germán Castro e Juan Díaz Fraguela. Longa vida a esta revista e mais aos Cadernos.
Revista Raigame nº 35
Mariló e Xulio Fernández Senra (dir.)
Raigame, nº 35. Revista de arte, cultura e tradicións populares
Deputación de Ourense-Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo , Ourense, 2011, 98 páxinas
Hai xa algunhas semanas que teño no meu poder unha nova entrega da revista semestral Raigame, que veño seguindo con interese desde o seu nacemento, aló por 1995, cando comezou a acoller diferentes colaboracións ensaísticas que se vinculaban coa nosa cultura, arte, literatura e tradicións populares, entendendo estas dun xeito amplo e integrador.
Nesta ocasión a presenta entrega adopta a fórmula de monográfico -como xa o foron diversos números dedicados a Lugrís Freire, Novoneyra, Xocas ou Ramón Piñeiro- dedicado a Xosé Neira Vilas, cuxa figura e obra aglutina un feixe de reflexións dun salientable número de especialistas da obra do autor de Gres ou devotos das dimensións da súa figura, a carón dun abondoso material gráfico e documental de elevado interese.
A revista pódese consultar en rede premendo aquí, onde tamén se posibilita consultar o resto dos números desta colección. Mentres, agardamos pola seguinte entrega, ao que sei, centrada tanto en distintos aspectos de Celso Emilio Ferreiro e de Valentín Paz Andrade como protagonistas homenaxeados neste 2012.
As Nobel científicas. Festa da palabra silenciada nº 27
As nobel científicas. Festa da palabra silenciada nº 27
Figa, Vigo, 2011, 18o páxinas.
Chega un novo número da Festa da palabra silenciada cuns contidos que, coma sempre, superan as expectativas máis esixentes. Nesta ocasión artéllase un monográfico que bota unha lúcida ollada arredor de seis das científicas -afortunadamente aínda vivas- que recibiron o galardón neste eido, dun total de nove que foron galardoadas na historia do premio fronte a oitenta e catro homes. Ao respecto, no editorial deste número, lémbrase que desde o ano 1901 ata o 2010 só trinta e nove mulleres recibiron ao premio fronte a máis de oitocentos homes. Os resultados son, coido, moi significativos.
Retomando os contidos do monográfico velaquí un monllo de colaboracións que reparan na biografía e mais nos traballos de Rita Levi-Montalcini, nada no 1909 e aínda activa, Ada Yonath, Christiane Nüsslein-Volhard, Linda B. Buck, Françoise Barré-Sinoussi e mais Elisabeth Helen Blackburn, a través dos exhastivos e documentados artigos de Mónica Bar, Teresa Nuño, Marga do Val e Carme Adán. Investigadoras as primeiras sobre as que, probablemente, pouco se sabe, posibilitando así que se abran as portas do coñecemento entre nós para se converteren elas nun necesario paradigma no que moitas xeracións se poidan ver e avanzar con determinación na precisa igualdade. Ao fío deste tema inclúese un interesante e recomendable artigo de María Xosé Queizán, titulado <<A capacidade intelectual das mulleres>>, que atende ás razóns das dificultades históricas para a investigación científica da man da muller no que atinxe á incomprensión do seu traballo e mesmo á invisibilidade dos seus adiantos científicos.
Por outro lado, na sección <<actualidade>>, diversas ensaístas reparan nos ecos das persoas desaparecidas hai pouco como Valentín Arias, Felisa Barreiro Mosquera, Herminio Barreiro ou Agota Kirstof, engadíndose asemade reflexións sobre unha diversidade de asuntos, sen esquecer as páxinas de recensións literarias, nas que me honro de colaborar (pódense ver a temática dos artigos tratados nesta sección e os títulos dos libros reseñados na reprodución do índice incorporada ao final deste mesmo apuntamento).
Parabéns, en fin, ás responsábeis todas de que esta embarcación continúe coa súas necesarias singraduras. A presentación desta entrega realizarase no Museo do Mar vigués, o vindeiro día 24 de febreiro de 2012, baixo o acobillo da memoria perenne de Rosalía de Castro.
De Vidal Bolaño a Rosalía
A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño
Laiovento-Xunta de Galicia, Santiago, 590 páxinas, 26 euros
Xesús Alonso Montero (director)
Revista de estudos rosalianos, nº 4
Fundación Rosalía de Castro, Padrón, 328 páxinas
VIDAL BOLAÑO: UNHA REVISIÓN NECESARIA
Cómpre entender como unha magnífica noticia a publicación dunha síntese da tese de doutoramento que Xosé M. Fernández Castro defendeu no seu día e que agora ve a luz baixo o título de A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Unha proposta que cómpre valorar na súa xusta medida nun tempo en que a edición de textos ensaísticos conleva un inequívoco risco comercial que fai complexa a súa posta en circulación. Con todo, o dramaturgo Vidal Bolaño merecía por méritos propios unha monografía como a presente na que se afonda na carreira profesional do home de teatro en dúas liñas principais; unha delas amosa as claves principais da súa personalidade pública, internando aos lectores nos elementos máis substanciais da súa vida, obra e pensamento para, a continuación, abordar unha análise globalizadora, e exhaustiva, arredor de Agasallo de sombras nun exercicio que fai agromar de seu as liñas esenciais do traballo teatral de Vidal Bolaño na perspectica dramatolóxica, subliñando asemade moitas das polémicas que rodearon “o elenco e a estrutura do Centro Dramático Galego”, como sinala o propio autor.
A miña valoración deste ensaio ten que ser, á forza, positiva e satisfactoria. Reclama xustamente a atención dos lectores sobre o traballo e a personalidade dunha das persoas claves no desenvolvemento da nosa dramaturxia máis recente, fai pensar na necesidade de realizar unha edición moderna das súas pezas dramáticas e, por último, revela a rigorosidade que o autor do ensaio aplicou neste traballo pois alén do esforzo que supón dialogar coa bibliografía previa é doado constatar o intenso mergullo na tarefa de recadar material todo tipo para a redacción: entrevistas, cartas, consulta de fontes hemerográficas… Todo isto faime pensar que non estou errado se considero esta monografía como unha das achegas ensaísticas máis salientables e relevantes entre as publicadas no que vai de ano, ademais teño para min que a súa publicación non debería nin merecería pasar desapercibida.
ROSALÍA DE CASTRO: NOVOS ASEDIOS
Un amigo agasállame co que entendo outra feliz iniciativa, tras un ano de obrigado silencio por cuestións orzamentarias, como é a publicación da cuarta entrega da Revista de estudos rosalianos, que edita a Fundación Rosalía de Castro e mais o Centro de Estudos Rosalianos. A publicación, dirixida por Xesús Alonso Montero, recupera o seu pulso e volve converterse nunha cita ineludible para os rosaliólogos, mais tamén tamén para quen lle interese estar ao día no ámbito das novas investigacións que se realizan arredor da autora de Follas Novas.
Non hai espazo para dar conta aquí nin sequera da abondosa nómina dos colaboradores deste número. Con todo, gustaríame subliñar a inclusión de sempre rigorosos e perfilados capítulos verbo de cuestións biográficas de Rosalía, como o que vén da man dunha das mellores especialistas na materia, Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda arredor, nesta ocasión, de José Martínez, pai de Rosalía. Non esquezo outras propostas como as que revisan a súa obra á luz de novas visións críticas, xunto con lecturas de libros rosalianos, comentarios textuais, exhumacións poéticas ou unha entrevista con Takekazu Asaka, que revela interesantes informacións verbo da recepción da obra de Rosalía no Xapón.
Non quixera concluír sen insistir na pertinencia de novas seccións como a que incorpora visións plásticas sobre Rosalía da man de Antón Pulido ou Isaac D. Pardo; a que dá corpo ao epígrafe titulado “o meu encontro con Rosalía”, neste caso da man de Manuel Sánchez Salorio ou, finalmente, a sección que convida a escribir ficción cun fondo ou asunto rosaliano, respondendo ao pedimento no presente número Mª. X. Queizán e mais M. Zabal, con dous suxestivos textos. Unha entrega que mata a sede de saber sobre Rosalía, esperando que sexa de aquí a un ano.
Esta recensión publicouse co título que dá encabeza este post nas páxinas do suplemento «Culturas», de La Voz de Galicia, o 5 de novembro de 2011.





