-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Televisión
Novas CEF (IV)
O programa Eirado, da Tvg2, emitiu o pasado sábado día 14 de xaneiro un programa especial dedicado a Celso Emilio Ferreiro, que incluíu a primeira parte dun documental preparado por Luís Menéndez. Ademais, Pemón Bouzas entrevistou a diversas persoas, entre elas a Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro e mais a Mónica Góñez, profesora e especialista na narrativa ferreiriana. Deixo aquí o enlace para quen lle interese.
Novas CEF (II)
Mañá, o programa Eirado da TVG, presentado por Pemón Bouzas, centrarase na figura de CEF. Emitirase na TVG2 ás 23: 32. Reproduzo aquí a nota informativa do programa:
Despois do monográfico da semana pasada sobre Valentín Paz Andrade, a segunda edición deste ano de «Eirado» estará dedicada tamén de xeito íntegro a outra das figuras protagonistas deste 2012, o escritor e político galego Celso Emilio Ferreiro, cuxo centenario se celebra no declarado polo Parlamento Galego como Ano Celso Emilio. Durante este tempo, que tamén coincide co medio século de «Longa noite de pedra», exposicións, edicións, concertos e moitas outras actividades porán de manifesto a vixencia dunha obra imprescindible da literatura galega do século XX.
O espazo da tvG2 terá como convidado o seu fillo, Luís Ferreiro, quen fará apuntes biográficos sobre seu pai e falará tamén do traballo da Fundación Celso Emilio Ferreiro, da que é director, unha institución que pretende fomentar o coñecemento e a difusión da súa obra e contribuír a difundir o seu extraordinario legado.
Para achegarse á obra de Celso Emilio, «Eirado» contará esta noite coa colaboración dos profesores Mónica Góñez e Ramón Nicolás, especialistas na súa narrativa e na súa poesía respectivamente.
Ademais, o programa iniciará este sábado unha serie de reportaxes sobre Celso Emilio Ferreiro, a cargo do xornalista Luís Menéndez, que terán continuidade durante as dúas semanas vindeiras. Na primeira achega desta noite, «Eirado» ofrecerá un amplo retrato biográfico do escritor celanovés.
Como é habitual, no «Eirado» de hoxe tampouco faltará a música, que estará tamén centrada nos versos de Celso Emilio. O espazo cultural recuperará do arquivo da Galega actuacións dos cantautores Amancio Prada, Luís Emilio Batallán e Suso Vaamonde, tres artistas que musicaron os poemas do autor.
(A foto é agasallo duns amigos: un recanto da «Calle Celanova» e «Calle Celso E. Ferreiro. (poeta)» na cidade de Zaragoza, sabía da segunda, mais non da primeira, o que evidencia a intelixencia dos representantes municipais que tomaron a decisión. Grazas José e mais Celina.)
De Fringe a Sons of Anarchy: a importancia dos guionistas
Lamento non lembrar quen, pero teño a certeza que algún internauta deixou por algures unha reflexión na que sinalaba que a gran literatura actual se cocía enriba das mesas dos guionistas das teleseries norteamericanas. Pola miña parte non me atrevo a afirmalo con tanta rotundidade, sobre todo porque non é doado avaliar como inflúe o medio televisivo ou o cinematográfico no ámbito estritamente literario, e ao contrario. Con todo, éme difícil resistirme, desde hai algúns anos e mercé á xenerosidade dun amigo, a valorar estas series ideadas para o consumo televisivo non só desde a óptica dos aspectos cinematográficos que encerran, nos que pouco entendo fóra de recoñecer a adecuación e verosimilitude dos papeis desempeñados por actores e actrices, o atinado do labor de dirección ou realización, mesmo a pertinencia ou idoneidade, ou non, das respectivas bandas sonoras. Chámame a atención nas máis destas grandes producións a milimetrada construción de mundos de ficción que acaban por ser, nalgúns casos, sorprendentemente críticos con determinadas realidades da política ou da idiosincrasia dos EUA que, queirámolo ou non, se proxectan con escasas barreiras na nosa vida cotiá. Ideas, por certo, que xorden nun sector profesional no que a paridade xenérica é un desideratum ben lonxe de acadar.
Para testemuñalo remito a cada unha das tempadas que van de Fringe a Madmen, pasando polos Soprano, Dexter, The good wife, Boston Legal, Damages (Danos e prexuízos) ou a sorprendente Sons of Anarchy (unha panda sobre rodas de estética custom cunha moi suxestiva e rendible conexión irlandesa), entre tantas outras.
No desenvolvemento narrativo destes guións asúmense con naturalidade recursos que pouco teñen que envexar aos dos grandes narradores contemporáneos, de aí a solidez nos perfís dos personaxes, tantas veces sometidos ás súas propias contradicións, a exposición sorprendente dos progresos na investigación científica actual nalgúns casos -Fringe é un caso, neste sentido, paradigmático-, xiros inesperados nas liñas argumentais, fantástica recreación ambiental e histórica -por veces mesmo afectando aos rexistros expresivos-, mantemento exemplar da intriga, saltos no tempo que se asumen con naturalidade polo televidente, voces narrativas en off e tantos outros elementos que sería prolixo enumerar aquí. O labor excelente dos guionistas aínda brilla máis en todos eses casos devanditos, se couber, ao acompañarse da excelente factura cinematográfica que pon o cabo ao seu traballo. Todas elas son producións nas que hai un enorme investimento económico, boa parte do cal tamén é para os guionistas, eses escritores profesionais que parecen non existir mais que resultan fundamentais para a boa andaina do proxecto.
Fringe é unha das miñas favoritas. Fóra da trama, na que goza dun peso determinante iso que se dá en chamar «mundos paralelos», que admito pode interesar máis ou menos, dous capítulos da terceira tempada, un alicerzado no espírito da banda deseñada e outro que homenaxea o espírito do Frankestein de Mary Shelley, resultáronme antolóxicos pois neles a creación literaria case se toca cos dedos. Por todo iso eu agora tamén me pregunto onde vai Peter Bishop.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/b5uIjKGB3NQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Libros de e sobre Lois Pereiro, entrevista en ZigZag Diario (TVG)
Hai hoxe un mes gravaba, e emitíase, no Zig-Zag Diario da TVG unha entrevista que María Solar me realizou sobre os libros que, daquela, apareceran de e sobre Lois Pereiro. Hoxe xa habería que engadir algúns títulos máis, o que confirma a vitalidade deste Día das Letras dedicado a Pereiro, e que non esmorece pasado o mes de maio.
Ao se tratar dunha visión panorámica, e breve, deixo aquí o vídeo -beizóns Juan!- para quen lle interese.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qMn5ykHqs64" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
30 gramos, de Leonel Moura
O programa Palabra de autor/Palabra de autora emitiu hoxe, na Televisión de Galicia, unha pequena gravación que me realizaron sobre 30 gramos, o libro do polifacético artista portugués Leonel Moura, que traducín, ou máis ben adaptei, e que editou Alvarellos Editora. Velaquí as gravacións do programa.
