Category Archives: Sen clasificar

Manuscrito e entrevista na televisión cubana CMQ (1954): Ernest Hemingway


Arriba primeira páxina de Adeus ás armas.  A continuación vídeo que recolle a entrevista realizada a Hemingway  polo xornalista Juan Manuel Martínez tras a concesión do Premio Nobel de Literatura en 1954.  A gravación realizouse no domicilio do escritor en Cuba, Finca Vigía, e nela exprésase en castelán.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Na categoría Entrevistas, Sen clasificar, Video | Coas etiquetas , , , , | Leave a comment

María Solar: “Os lectores gáñanse desde pequenos» (en Qué leer, nº 184, Letras galegas)

ESTA PROFESIONAL DA RADIO E TELEVISIÓN PÚBLICAS GALEGAS XA LEVA ALGÚN TEMPO TRIUNFANDO NO ÁMBITO DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL GRAZAS A TÍTULOS COMO O RECENTE AS MEIGAS DE LUPA (XERAIS)

María Solar (Santiago de Compostela, 1970), realizou estudos de Periodismo, Bioloxía e Maxisterio e desenvolveu o seu traballo profesional no ámbito da comunicación,  cunha traxectoria especialmente intensa tanto na Radio Galega como na Televisión de Galicia, onde presenta e coordina actualmente ZigZag Diario, un interesante programa de contidos culturais. Responsable de títulos de ensaio e investigación, nos últimos anos centrouse no ámbito da literatura xuvenil e infantil onde conseguiu diversos galardóns e recoñecementos.

- Como naceu a súa  querenza polo xénero da literatura infantil e xuvenil?
- Naceu seguramente dunha infancia solitaria e do convencemento de que é un xénero poderoso nas súas posibilidades e nos seus resultados. Os lectores gáñanse desde pequenos e cando aos nenos lles gusta o que len son o público máis apaixonado, entregado e soñador. Devolven moito ao autor.

- As súas últimas achegas gozaron de éxito e aceptación entre crítica e lectores. Como valora esta recepción?
-Recibino como un impulso para seguir e para pecharme a escribir  cada noite un momentiño cando xa todos dormen. Creo no xenio para encontrar unha  boa idea e desenvolvela, pero tamén no esforzo e o oficio para aprender de todo  o que escribiches antes e mellorar. Por iso o tempo vai visibilizando, xunto ás novas obras, as anteriores e forxando unha traxectoria.

- Con As meigas de Lupa internouse na novela para un público adolescente, pero con moitas claves para un lector adulto…
- Gústame traballar con varios niveis de lectura, o autor debe ofrecer historias nas que o lector poida afondar máis ou menos, iso representa chegar a máis persoas. Non se pode estimar a idade dos lectores polos seus anos de vida, tería que ser polos seus anos de lectura ou polas súas vivencias, de maneira que o libro debe ser intelixente e ofrecer unha historia clara e nidia, na que poder remexer e atopar máis detrás de cada personaxe, da época histórica, das relacións, de maneira que o libro sexa realmente como sinala a recomendación editorial «desde os 12 anos ata os 100″.

- Canto hai da súa experiencia profesional n´A verdadeira historia da mosca da tele?
-Naceu dunha vivencia profesional, en concreto dunha mosca moi pesada que tiñamos no estudio de TV onde gravo o meu programa cada día e que se comportaba como unha profesional amolando só cando se acendía a luz vermella. De aí xurdiu unha historia moi divertida e tola contada por un destes insectos en primeira persoa, na que un humano a fai pasar por mil vicisitudes en teles de medio mundo. É un libro moi ecoloxista que non fala nada de ecoloxía.

- O seu traballo na TVG vincúlase con contidos culturais. Dende esta perspectiva, cal é a súa visión sobre a importancia deste tipo de programas?
- Máis que nunca a cultura ten que ter os seus propios programas para amosarse e, á vez, ten que estar tamén no resto da programación. Os libros, as películas, a música son atractivos para o espectador, por iso é imprescindible que haxa programas de cultura accesibles que nos abran os ollos sobre o que se está a facer, que é moito.

Este texto publicouse nas páxinas da revista Qué leer, nº 184, na sección «Letras galegas», baixo o título de «María Solar y el público más soñador». Ofrezo aquí a versión galega desta entrevista.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | 3 Comentarios

Celso Emilio Ferreiro no Foro de debate marinense Portocelo

O Foro de debate marinense «Portocelo» organizou un acto de recoñecemento á figura de Celso Emilio Ferreiro neste ano do centenario do seu nacemento. Baixo a forma de conferencia-coloquio celebrarase mañá venres, ás 20 horas, no Museo Municipal Manuel Torres de Marín. Será un pracer visitar Marín para participar nese acto, no que tamén intervirá a profesora Ana Acuña Trabazo. Grazas pola invitación.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Celso Emilio Ferreiro, Divulgación, Sen clasificar | Coas etiquetas , , , , | Leave a comment

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore: unha marabillosa curta

Vía Trafegando ronseis (beizóns Gracia!) chego a esta espectacular curta da que coñecía un tráiler promocional que xa aventuraba e perfilaba unha proposta alegórica, ao meu ver, memorable.  Velaí un universo conformado polo fucarán Katrina, Buster Keaton, o Mago de Oz  e, sempre, o amor polos libros como eixe vertebrador dunha historia conmovedora. Moi recomendable para libroferid@s.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | Coas etiquetas , | Leave a comment

Lírica medieval galego-portuguesa na rede

Como excelente noticia entendo a aparición dunha web na que se integran textos, nalgúns casos manuscritos e mesmo música, dese corpus que constitúe a lírica medieval galego-portuguesa. Un magnífico recurso para a docencia e investigación mais tamén para a lectura en rede do que é un dos nosos grandes patrimonios literarios.

Parabéns, pois, ao Projeto Littera por este rigoroso e útil traballo.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | Leave a comment