-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Varios
Begoña Caamaño, con Circe e Morgana ao fondo
Hoxe, a carón dun conxunto de colegas de profesión e mais outras persoas da comunidade docente na que traballo, todas unidas polo interese na lectura, gozamos dun agasallo como foi a visita de Begoña Caamaño. Non coñecía persoalmente a Begoña, malia termos amizades comúns, mesmo certas orixes xeográficas parellas, e só falara con ela a través do teléfono mais xa captara, non resulta difícil, un engado persoal pouco común. Begoña é unha muller transparente, exprésase con sinxeleza e defende con simpatía e rotundidade as súas conviccións literarias e persoais, coas que é difícil non estar de acordo. Iluminounos sobre o seu persoal proceso de escrita, arredor da xestación de Circe e mais de Morgana en Esmelle -esas dúas novelas que non canso de recomendar-, falou das claves da súa concepción do que é a literatura: a revisión dos mitos, a súa deconstrución, a sororidade… Compartiu, con xenerosidade, un tempo que nos soubo a pouco.
Cada vez estou máis convencido do enorme talento creativo que atesouran algunhas persoas que escriben no noso idioma, cando este cadra cunha postura tan afastada da vaidade e tan garimosamente próxima, un séntese privilexiado por coñecelas. Grazas Begoña.
Quérote Celta
Quen seguides este blogue ídesme permitir esta licenza de hoxe. Non ten moito que ver con lecturas e libros a non ser a apelación á épica que subxace nas súas imaxes, que tamén é un termo literario. Dedicado a Iago (vía moiceleste.com).
Día do Libro, desde Buenos Aires
Hoxe, no Día do Libro, andarei por aquí, da man da memoria de Celso Emilio Ferreiro, quen me posibilita esta viaxe soñada a unha cidade na que estivo a piques de ir vivir. Prometo compor algunha crónica se as tecnoloxías mo permiten.
Xornadas de homenaxe a CEF da Liga Estudantil Galega (Novas CEF XXIX)
Retorno de Compostela moi satisfeito pola miña participación nas Xornadas de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Grazas pola atención prestada a todas as persoas que asistiron, grazas a Ana Corvelle pola súa atención e mais polas súas palabras na presentación e grazas tamén á Liga Estudantil Galega, incluídos tuiteiros, por levar a cabo esta iniciativa na Facultade de Filoloxía da USC. É un orgullo que parte da mocidade estudantil, con escasos recursos pero con vontade de saber e coñecer, poidan organizar un evento coma este, tan operativo de seu para botar unha ollada crítica, valorativa e informativa a unha das figuras cimeiras da nosa literatura máis recente. Beizóns.

