Category Archives: Varios

A pirámide do sistema capitalista (cartel)

Publicouse en The Industrial Worker, o xornal do Industrial Workers of the World, no ano 1911: «We work for all» (quen poden). Premer para ampliar.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Divulgación, Varios | Coas etiquetas , | 2 Comentarios

Escritoras e escritores en poses pouco habituais

Coñezo e trato algunhas escritoras e escritores, supoño que algo natural derivado destas lideiras da crítica literaria, que me leva ocupando xa hai algúns anos. Outra cousa é a amizade, por suposto, que tamén manteño con algunhas persoas deste ámbito, nalgúns casos ben antes de que se estreasen como prosistas, ensaístas ou poetas.

     Talvez por esta sexa a razón pola que non me resulta moi estraño ver estas imaxes de autores e autoras en poses pouco habituais. Teño para min que  estas fotografías, tiradas maioritariamente desta web,  por seren pouco habituais ou inesperadas, se cadra acaban por erixirse nas que máis e mellor lembren os lectores: as de Suso de Toro cun can e lentes escuras, Manuel Rivas coa flor do toxo, Celso Emilio disfrazado de indio, Avilés de Taramancos como cazador de xaguares ou as de Xurxo Lobato ao pé das escaleiras…,  quen non as lembra?

    Velaquí deixo algunhas que me suscitaron este apuntamento, por esta orde: Susan Sontag (Annie Leibovitz),  Proust (1892), Ernest Hemingway (John Bryson en Ketchum, Idaho, 1959), Collete (1912)  e Virginia Woolf, vestida de princesa abisinia (á esquerda, foto de Antonio Zazueta, 1910).

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Divulgación, Fotografía, Varios | Coas etiquetas , , , , , , , | 2 Comentarios

Un mapa literario interactivo do Reino Unido e Irlanda

The Guardian, xunto coa National Book Tokens,  lanza un suxestivo e interactivo mapa literario do Reino Unido e mais Irlanda. Nel atópanse librarías, espazos literarios de interese para visitar, eventos e un longo etcétera de información para quen queira viaxar nas vacacións, ou cando se poida, deixándose levar por este roteiro literario e libresco. Sería complexo facer aquí algo semellante? (vía blogtailors)

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Divulgación, Varios | Coas etiquetas , , , | Leave a comment

Emili Teixidor e Celso Emilio Ferreiro

Souben de Emili Teixidor ben serodiamente mais lembro unha interesante conferencia que ditou hai non moitos anos, Pilar Sampedro recordarao certeiramente, nuns encontros de Bibliotecas Escolares na cidade de Compostela. O seu discurso, certamente dominado por un ritmo pousón e reflexivo, mais tamén altamente informativo, discorreu por elementos que serpeaban por eidos autobiográficos mais tamén literarios. A súa morte testemuña esa case oceánica distancia que nos afasta da literatura que se fai tanto en Cataluña como en Euskadi, e á que chegamos agás moi contados casos a través de traducións casteláns.

    Souben máis tarde que Teixidor lía con certa devoción autores galegos, nomeadamente a Celso Emilio Ferreiro, a quen por volta de mediados os anos setenta lle solicitara permiso para a incorporación do seu célebre poema «Teoría da arbre» ao seu libro Sempre en dic Pere, traducido ao castelán como No me llames Pedro. Deixo abaixo a sinatura e o agradecemento persoal que lle enviou a Celso Emilio. Que bo sería traducir algunha peza do autor ao galego!, fóra da meritoria Pan negro, por suposto.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Varios | Coas etiquetas , , , | Leave a comment

Reutilizar os libros

Unha publicación recente dunha  artista estadounidense chamada Lisa Occhipinti dá a coñecer, baixo o título de The Repurposed Library, unha mostraxe das posibilidades que ideou para transformar aqueles libros antigos ou que xa perderon interese nunha serie de obxectos ben peculiares. Pódense tamén ver algunhas solucións curiosas e de autoría diversa premendo aquí. Abaixo deixo o vídeo promocional deste volume de Occhipinti.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Noticia, Varios | Coas etiquetas , | Leave a comment