-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Video
«Deitado frente ó mar» de Celso Emilio Ferreiro, por García MC (Novas CEF XLVII)
Serxio García, Mc de «Dios Ke Te Crew» versiona a «Lingua proletaria do meu pobo» de Celso Emilio Ferreiro. Hoxe máis ca nunca.
DEITADO FRENTE Ó MAR…
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gosta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo prós que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño…
Celso Emilio Ferreiro
Video do Centenario de Celso Emilio desde o EDNL do IES Lagoa de Antela (Novas CEF XLVI)
Magnífico e extraordinariamente documentado este vídeo que chega desde o EDNL do IES Lagoa de Antela. Os meus parabéns.
Todo Celso Emilio Ferreiro en imaxes (Novas CEF XLIV)
Magnífico este vídeo de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro realizado polo Equipo de Normalización Lingüística do CPI Celso Emilio Ferreiro de Vigo. En seis minutos ofrécese un percorrido, empregando imaxes e música, que recolle esplendidamente a súa biografía, o perfil literario e o seu lado máis humano. Tal e como era de agardar, porque ademais levan o nome do poeta, o resultado é estupendo. Parabéns!
Poesía de Celso Emilio Ferreiro na voz da mocidade (vídeos) (Novas CEF XLIII)
Desde o CPI Campolongo, en Pontevedra, chégame un «Longa noite de pedra» recitado na linguaxe de signos.
Asemade, vía Carta Xeométrica, coñezo dous vídeos máis: no primeiro, gravado con teléfonos móbiles, intervén alumnado e profesorado do IES Fontem Albei e segue, como elemento unificador, o poema «Contribución ao plan de desenvolvemento económico» que viu a luz na revista Vieiros (nº 2, México, 1965), ao que se lle suman outros versos do poeta no ano do seu centenario. Por último, no IES Elviña ofrecen unha gravación que recolle os actos de homenaxe que lle tributaron ao poeta con versións musicais de senllos poemas: «Deitado fronte ao mar» e «Viaxeiro». Velaquí as tres: unha bóla de neve que non cesa!
«Ás veces fáltannos as palabras», de Baldo Ramos
Desde o IES de Tomiño chégame este vídeo no que o poema «Ás veces fáltannos as palabras» de Baldo Ramos une linguas e persoas desde o galego nunha fermosa iniciativa. Beizón!