-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Category Archives: Xornalismo
Celso Emilio Ferreiro, unha obra en seis libros
O soño sulagado (1954)
Primeiro libro en lingua galega tras o clandestino Voz y voto. Nel repousan, con afán totalizador, as preocupacións ás que lle deu forma poética e polas que transitou dese momento en diante: a reivindicación e a intención belixerante, os poemas abeirados á dimensión máis íntima e sentimental e aqueloutros que, aínda timidamente, xa deixan asomar o aguillón sarcástico e mordaz que centrará en exclusiva outros poemarios como as Cantigas de escarnio e maldicer ou Cimenterio privado.
Longa noite de pedra (1962)
Cúmprense no 2012 cincuenta anos desde a súa aparición na colección Salnés, vinculada on Galaxia. O poemario non se reeditaría ata que ve a luz unha edición bilingüe, no selo catalán de El Bardo, en tradución de Basilio Losada. A consecuencia máis inmediata deste libro sería a súa proxección do autor como un dos poetas máis salientables do ámbito peninsular do momento. Poucos libros coma este no século XX: crónica poética dun tempo, pero operativa e chea de validez aínda hoxe.
Viaxe ao País dos Ananos (1968)
Recibido no seu día con certa polémica, CEF vén de experimentar en carne propia a persecución á que o somete unha nova directiva da Hermandad Gallega de Caracas, onde traballaba nunha sorte de autoexilio e da que foi expulsado. O poemario agroma destas vivencias e, alén de ser unha resposta a certa emigración logreira, nel encérranse grandes achados poéticos sobre a propia existencia e o intimismo.
Poesía galega completa (2004)
No ronsel de proxectos compilatorios semellantes como os que se efectuaron en Akal ou Sálvora, no ano 2004 reuniuse a práctica totalidade da súa obra poética en lingua galega. Nela, alén de poder atopar libros como Onde o mundo se chama Celanova (1975) incorpóranse poemarios de difícil acceso como o cartel de cego Paco Pixiñas (1970) e un feixe de composicións inéditas que completan o seu percorrido poético creativo.
Obra narrativa (2003)
Como creador percorreu tamén outros xéneros e no da prosa non se moveu con desacerto. Reúnense neste volume as dúas incursións que realizou baixo o título de A fronteira infinda (1972), unha colección de innovadores relatos, e mais A taberna do galo (1979), unha sorte de crónica ficcional de saibo celanovés, primeira parte dun proxecto máis ambicioso no que traballaba cando a morte o sorprendeu.
Crónicas, semblanzas e artigos (2005)
De non termos un coñecemento, malia que sexa parcial, do apreciable labor que desenvolveu desde mozo ata a véspera da súa morte en diversos soportes xornalísticos, tampouco se terá unha idea cabal das dimensións da súa achega intelectual e literaria. Neste volume recóllense, nunha pequena pero substantiva parte, crónicas, contos e diversos artigos. Un primeiro paso para un traballo aínda pendente.
Estas fichas, baixo a orientación de ofrecer unha concisa información sobre a obra accesible na actualidade de CEF, complementaron o artigo «Descubrir o iceberg Ferreiro» e publicáronse igualmente no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 31 de decembro de 2011.
#Álvaro Cunqueiro, xornalista. Faladoiro en Vigo
Reproduzo a nota informativa sobre este faladoiro no que intervirei mañá ao fío dos actos conmemorativos do centenario Álvaro Cunqueiro:
O xoves día 1 de decembro ás 20 horas celebrarase na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) en Vigo o undécimo e último dos faladoiros incluídos no programa do Centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). O escritor e director da editorial Galaxia, Victor Freixanes, a profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra, o ensaísta e crítico literario Ramón Nicolás e o xornalista e conselleiro de “Faro de Vigo”, Ceferino de Blas, falarán sobre “Álvaro Cunqueiro, xornalista”.
Poesía 1933-1981 e Álvaro Cunqueiro en Ortigueira
Poesía 1933-1981
Galaxia, Vigo, 2011, 308 páxinas, 19,90 €
Constituía realmente unha necesidade, e deixar pasar este ano sería unha oportunidade lamentablemente perdida, a de ofrecer aos lectores unha edición da obra lírica de Álvaro Cunqueiro que, dalgún xeito, puidese incorporar esoutras composicións poéticas que ata hoxe non se compilaran en forma de libro e que durmían no esquecemento das hemerotecas. Este foi o obxectivo dos profesores Xosé-Henrique Costas e mais Iago Castro que xuntan nun volume, alén do neotrobadoresco Dona do corpo delgado publicado en 1950 e desa peza única chamada Herba aquí e acolá, volvendo recoller aquí só os poemas que se presentaban na edición de 1980, a sección Outros poemas, talvez o capítulo de maior interese, sobre todo por se completar con medio cento de composicións, escritas maioritariamente entre 1933 e 1960, recollidas agora por vez primeira en forma de libro.
Non menos celmosos resultan os denominados “poemas apócrifos”, con 13 composicións que, nese xogo paródico tan do gusto do mindoniense, deu a coñecer como supostas traducións de poetas estranxeiros que, na realidade, nunca foron nin existiron, ou máis ben foron e existiron unicamente na súa imaxinación. Velaquí, así pois, un grupo de “alófonos fantásticos”, en feliz terminoloxía dos seus introdutores, talvez a parte máis substanciosa e suxestiva do que esta achega supón. Por último, a edición complétase co epígrafe “Paratextos” un feixe de apuntamentos, comentarios ou debuxos que do autor sobre os novos poemas ou sobre as falsas traducións. Mágoa, unicamente, que a publicación ignore a referencia, como debería ser de regra a meu entender, da fonte desde a cal estes poemas aparecen aquí felizmente rescatados.
Con todo, esta Poesía 1933-1981 vólvenos ao pracer de asomarnos a esa sorte de manantío, textual e literario, seica inesgotable e sempre novo, que simboliza a poesía cunqueiriana para a nosa tradición literaria.
O CUNQUEIRO MENOS COÑECIDO
Claudio Rodríguez Fer (editor)
Álvaro Cunqueiro en Ortigueira
Consello da Cultura Galega-Concello de Ortigueira
Ed. non venal, Santiago de Compostela, 2011, 56 páxinas.
Por outra banda, o Consello da Cultura Galega e mais o Concello de Ortigueira impulsaron unha publicación, de carácter non venal e introducida documentadamente polo profesor Claudio Rodríguez Fer, na que se recollen, logo dunhas palabras limiares de Ramón Villares, unha serie de artigos que Cunqueiro publicou en Era Azul, un semanario editado en Santa Marta de Ortigueira, e outros tres textos que viron a luz en “La Voz de Ortigueira” nun tempo posterior a aquel outubro de 1936, cando o mindoniense se establece neste vila costeira para se dedicar á docencia nun colexio privado; un labor que compaxinará coa redacción de colaboracións inspiradas nos principios ideolóxicos do falanxismo, o que posteriormente lle abrirá as portas para seguir unha traxectoria profesional sempre relacionada coa práctica do xornalismo.
Alén dos contidos que encerran nestas prosas exhumadas, de carácter fortemente apoloxético respecto da causa falanxista e, nalgúns momentos, de tonalidade intensamente ultraconservadora, o certo sempre é que se amosan gobernadas por un peculiar e significativo caudal imaxinativo, de xinea culturalista e, sobre todo, posibilitan un cabal e rigoroso coñecemento das actividades que Cunqueiro desenvolveu nun período moi concreto como foi o da propia guerra civil.
Esta recensión saíu publicada nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 1 de outubro de 2011 baixo o título de «Universo Cunqueiro».
Contesta ou disparo, de Fran Alonso
Contesta ou disparo
Domicilio Virtual Edicións, http://sites.google.com/site/domiciliovirtual/
, Vigo, 2011, 86 páxinas.
Accedo a este e-book de balde titulado Contesta ou disparo, publicado baixo licenza Creative Commons, e leo con devezo esas entrevistas-lóstrego que Fran Alonso rescata, nunha publicación aberta aos internautas, dos seus tempos como redactor no Diario 16 de Galicia baixo a intención de celebrar vinte anos de escrita pública; un libro, por outra parte, que resulta felizmente complementario ao seu Un país a medio facer (2008).
Debruzarse nestas páxinas supón, para min e en primeiro lugar, un exercicio de (re)coñecemento do labor dun xornalista vocacional que, algúns anos máis tarde, gañaría o mundo da edición, sen nunca deixar de lado a súa presenza nos medios; por outra banda, posibilita recuar no tempo e retrotraernos a vinte anos atrás para reparar, a través dun meritorio exercicio de síntese que esixe a entrevista con espazo moi reducido, no que o conxunto de entrevistados apuntan sobre a realidade que representan:
xentes do espectáculo, do cinema, da edición, da fotografía, da música, das artes plásticas, da banda deseñada, dos medios escritos e radiofónicos, da poesía, do teatro, do ensaio, e da narrativa… Entre estes trinta e catro representantes hai xa algúns desaparecidos, polo que os seus resultan testemuños moi valiosos; outros pasaron a un segundo plano da actualidade pero boa parte deles son persoas aínda con responsabilidades ou moi activas nos seus respectivos campos profesionais, políticos e culturais… Uns e outros espellan, nun momento concreto da nosa historia recente, opinións e visións moi concretas, en ocasións conxunturais -que entrevista non o é?- mais sempre significativas para perfilar cómo eramos, qué nos interesaba, qué se nos ofrecía…, hai xa vinte anos. Alégrame o rescate destes textos: non merecían ficar no esquezo.
Cunqueiro e Lugo, Lugo e Cunqueiro
Viaje a Lugo
Alvarellos Editora, Compostela, 2011, 200 páxs., 18 € (Edición de María Xesús Nogueira)
Cando aínda non se dispón dunha edición sistematizada da abondosa obra literaria de Álvaro Cunqueiro, aínda menos da súa produción xornalística dispersa pendente dunha urxente catalogación, ben está poder achegarnos a aqueles volumes que a compilan parcialmente. Un traballo, especialmente feliz, é este que dá a coñecer Alvarellos Editora orbitando arredor da presenza, ou da evocación, que a cidade de Lugo suscitou en diversas ocasións no mindoniense.
A edición, que recolle na lingua orixinal as propostas cunqueirianas, vén esplendidamente introducida e anotada por unha das mellores especialistas no autor de Merlín e familia como é a profesora María Xesús Nogueira, articulando un discurso introdutorio rigoroso e medido que se converte, ademais, nunha magnífica invitación para ler ese conxunto de vinte e catro prosas rescatadas -algunhas coñecidas para o especialista, outras non tanto como, por exemplo, o discurso de apertura do Bimilenario que Cunqueiro pronunciara no ano 1975- entre as que circulan Fole, Esquío, Luís Pimentel ou o mapa de Fontán, entre moitas outras.
Por este percorrido lucense, primeira das achegas neste ano do centenario do nacemento de Cunqueiro, só cómpre deixarse levar polo seu modélico ritmo e extraordinario engado, o que non é pouco.


