-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog Costa do Solpor
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
"Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Galaxia IES Valadares Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos Marcos Calveiro María Reimóndez Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Rinoceronte Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Xoán Carlos Domínguez Alberte Álvaro Cunqueiro Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (49)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (7)
Banda deseñada (5)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (5)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (297)
Crónica (80)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (197)
Docencia (2)
Documental (4)
Edición (1)
Editorial (6)
Efeméride (23)
Ensaio (103)
Entrevistas (54)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (14)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (35)
Literatura infantil (30)
Literatura xuvenil (17)
Manuscrito (113)
Música (15)
Narrativa (130)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (15)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (18)
Obituario (1)
Opinión (70)
Poesía (151)
Premio (48)
Presentación (26)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (12)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (44)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (31)
Vendas (2)
Video (75)
Video promocional (3)
Xornalismo (10)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Alvarellos Editora
Arredor de Bretemada, de Gonzalo López Abente
Bretemada (edición de Miro Villar)
Alvarellos, Compostela, 2011, 227 páxinas, 20 €
No ano 1925, as páxinas da revista Céltiga editada en Buenos Aires, acollían unha significativa prosa de Vicente Risco titulada “A velliña vella”. Este texto alegórico, moi reiterado e estudado anos despois, vehiculiza a través dun personaxe o que viría sendo unha metonimia de Galicia pois nel simbólizase tanto o pensamento político de Risco, por extensión do Grupo Nós naquel momento, como o sentimento de perda da identidade galega e a orfandade dun pobo que esqueceu as súas orixes. Algúns anos antes de ver a luz este texto, Gonzalo López Abente, compañeiro de tarefas e angueiras de Risco, mais tamén de Otero, Castelao, Cuevillas e tantos outros no seo das Irmandades da Fala, deu cun substantivo, como foi “bretemada”, baixo o que quixo artellar, neste caso poeticamente, unha metonimia de Galicia.
Sería cousa de ficción científico-literaria calibrar qué modificaría tanto a valoración de López Abente na literatura do seu tempo como o seu posto no canon da poesía galega do século XX se o libro que agora se rescata non permanecese inédito nos fondos da Real Academia Galega ata hoxe e vise a luz pouco despois da súa redacción. Con todo, se Xosé Luís Méndez Ferrín, responsable dunhas notas limiares desta edición, apunta que esta publicación constitúe “un acontecemento de altísima importancia” coido que non se debe entender como unha afirmación gratuíta.
Suscribo esta anterior aseveración, pois non é difícil valorar a relevancia deste libro que nos chega mercé ao labor da Fundación Gonzalo López Abente, da compostelá Alvarellos Editora e, sobre todo, do bo facer como editor literario do profesor e filólogo Miro Villar, que deposita o preciso rigor neste traballo informando do percorrido biográfico do autor muxián, alén de engadir as pertinentes reflexións arredor da xeración literaria á que pertenceu, explorando as claves da súa obra poética publicada e reparando na recepción desta última, ademais de ofrecer atinadas valoracións arredor da obra rescatada.
Bretemada, así pois, acolle un cento de poemas nos que agroman as principais doutrinas identitarias do nacionalismo galego incipiente daquela xeira que López Abente abrazaba, materializadas poeticamente en asuntos como o devezo pola liberdade e a férrea e rotunda defensa da lingua e da tradición, sen esquecer tampouco a exaltación da singularidade e beleza da nosa paisaxe.
Non merecería ficar esta publicación dispersa e esquecida entre as últimas novidades editoriais. A exhumación destes textos ilumina un traxecto descoñecido do percorrido literario de Gonzalo López Abente e, por extensión, da historia literaria e cultural de noso. Bretemada pon de relevo o traballo inspirado dun poeta que entendo como un valioso material literario, por fin á disposición de quen desexe achegarse a el.
Esta reseña publicouse nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 10 de decembro de 2011, baixo o título de «Rescate dunha voz precisa».
Máxico tear natural, de Xosé Manuel Lobato
Xosé Manuel Lobato
Máxico tear natural
Alvarellos, Compostela, 113 páxinas, 15 €
Co habitual bo facer que caracteriza o selo de Alvarellos Editora deuse a coñecer un peculiar, e atractivo, volume que Xosé Manuel Lobato subscribe co obxectivo de espallar e dar a coñecer o noso patrimonio natural. Nel ofrécese un percorrido íntimo se se quere, unha viaxe sucada a través de vinte e tres etapas na que se repara, con especial sensibilidade, nos ecos que a visión e vivencia da paisaxe suscita en espazos únicos como son a Raia ourensá, o Pico Sacro, Fisterra, San Simón ou as fragas do Eume entre outros.
Lobato introduce a quen se achegue á súa proposta, dominada por un atento narrador-camiñante de efectivo e coidadoso poder descriptivo, nunha realidade na que se deposita a crenza das posibilidades do noso medio natural, diverso e rico. Un legado “real aínda que brincando na liña do misticismo” que convida a coñecer e que, ao tempo, estamos obrigados a conservar e respectar.
Baixo o título de «Roteiros galegos» esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 30 de xullo de 2011.
30 gramos, de Leonel Moura, sinatura na Feira do Libro de Madrid
Mañá venres, a partir das 19:30 horas, na Caseta nº 35 (Egartorre Libros) da Feira do Libro de Madrid (no Parque de El Retiro), Leonel Moura, acompañado do editor Henrique Alvarellos, vai asinar exemplares da súa novela/manifesto 30 gramos, tanto da súa edición en galego como da súa recente edición en castelán. Gustaríame acompañalos pero non é posible. Desde aquí fágolles chegar, ao autor e ao editor, os meus desexos dunha xornada chea de éxitos.
Letras galegas, en Qué leer, nº 164
Letras Galegas: «Os pequenos selos editoriais»
Tamén hai proxectos editoriais de interese que pugnan por atopar un público e un oco neste panorama da edición galega
Se ben grandes editoriais como Edicións Xerais de Galicia, Galaxia, Sotelo Blanco, Kalandraka (e o seu selo irmán Faktoría K de Libros), Toxosoutos e algunha outra enfronta estes novos tempos aplicando un criterio un tanto máis restritivo no plan editorial anual, o que contribúe a resistir estes embates dunha situación pouco favorable para todos, o certo é que outras casas con recursos máis limitados e que se caracterizan pola súa menor produción anual, seguen querendo estar presente nos andeis das librarías e na venda on-line, ofrecendo produtos que poden ser para un público máis restrinxido, aínda que non sempre. Nesta crónica, sen un afán exhaustivo, cítanse algunhas delas e as súas principais actividades, nunha serie que se completará nunha próxima entrega.
Á procura de novos espazos
No ámbito de cómic destaca El Patito Editorial, con sede en Compostela e que, dirixida por Gemma Sesar e Fausto Isorna, leva xa cinco anos recuperando obras clásicas da banda deseñada galega, prestando tamén atención á obra de autores galegos, españois e estranxeiros; rematan, ademais, de dar a coñecer un marabilloso Nuevas aventuras de Dick Turpin. A ela súmase a coruñesa Cerditos de Guinea ou Demo editorial.
No que atinxe ás recuperacións de obra de autores galegos, pero tamén atenta a outros libros de investigación, de pequeno ou gran formato, apostando nos últimos tempos polo ensaio e novas liñas de edición como a narrativa hai que citar a aquela tamén compostelá, e histórica, Alvarellos Editora que o seu actual director, Enrique Alvarellos, recuperou con moito acerto. Tamén Andavira Editorial segue ofrecendo libros de carácter universitario e técnico entre o que sobresae un recente estudo subscrito polo profesor X.M. Cid sobre o profesorado ourensán en tempos da II República.
Centrados, como obxectivo primordial, no labor promocional do libro galego, a través da revista bimestral Biblos. Clube de lectura, o selo editorial homónimo, dirixido por Tucho Calvo e Carmela Boo, mantén unha continua presenza a través da colección «Mandaio» que o club regala aos seus subscriptores. O último éxito desta foi a novela Malas cartas, de Manuel Pereira Valcárcel.
Non se esquece aquí a presenza de Laiovento, un selo histórico que segue capeando o temporal dende 1989 con obras de carácter ensaístico ou teatral na súa maior parte. Entre as súas apreciables contribucións máis recentes destacan dous recentes estudos sobre a figura e obra de Carvalho Calero, a cargo de Manuel Rosales e Piar García Negro.
E conclúo este primeiro percorrido coa pontevedresa Cumio, que deu a coñecer unha interesante serie de ensaios sobre saúde e estética, xunto con senllas antoloxías de poetas galegos, recitadas polos seus propios autores, como foron as correspondentes á obra de Chus Pato e de Xosé Mª Álvarez Cáccamo-, xunto con outros títulos de investigación e promoción musical galega.
Baixo o título de «Los pequeños sellos editoriales» este texto viu a luz en castelán nas páxinas do número 164 da revista Qué leer. Reproduzo arriba a versión en lingua galega desta colaboración.
30 gramos, de Leonel Moura, premio Lois Tobío da AGE á mellor tradución 2010
A Asociación Galega de Editores, a través dunha inicial selección previa, e logo por un xurado composto por María Solar, Xosé A. Perozo, Charo Portela e Antón Pedreira, tiveron a ben outorgar o premio «Lois Tobío» á mellor tradución á novela 30 gramos, de Leonel Moura, publicada por Alvarellos Editora no seo dun fermoso acto que se desenvolveu onte na Deputación Provincial de Lugo.
Da concesión deste galardón alégrome polo recoñecemento que supón ao extraordinario olfacto que demostrou Quique Alvarellos para atopar esta peza literaria, que tamén resultou finalista no premio Ánxel Casal mellor libro de ficción, e agradézolle desde aquí ao editor lugués outra vez a confianza depositada no meu traballo. Para min supón toda unha honra conseguir un premio que leva o nome de Lois Tobío. Grazas a todas e a todos e parabéns para quen resultaron galardoados.

