-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (47)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (288)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (182)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (5)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (20)
Literatura galega (23)
Literatura infantil (27)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (104)
Música (14)
Narrativa (127)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (14)
Obituario (1)
Opinión (67)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (10)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Andavira Editorial
Letras galegas, en Qué leer, nº 164
Letras Galegas: «Os pequenos selos editoriais»
Tamén hai proxectos editoriais de interese que pugnan por atopar un público e un oco neste panorama da edición galega
Se ben grandes editoriais como Edicións Xerais de Galicia, Galaxia, Sotelo Blanco, Kalandraka (e o seu selo irmán Faktoría K de Libros), Toxosoutos e algunha outra enfronta estes novos tempos aplicando un criterio un tanto máis restritivo no plan editorial anual, o que contribúe a resistir estes embates dunha situación pouco favorable para todos, o certo é que outras casas con recursos máis limitados e que se caracterizan pola súa menor produción anual, seguen querendo estar presente nos andeis das librarías e na venda on-line, ofrecendo produtos que poden ser para un público máis restrinxido, aínda que non sempre. Nesta crónica, sen un afán exhaustivo, cítanse algunhas delas e as súas principais actividades, nunha serie que se completará nunha próxima entrega.
Á procura de novos espazos
No ámbito de cómic destaca El Patito Editorial, con sede en Compostela e que, dirixida por Gemma Sesar e Fausto Isorna, leva xa cinco anos recuperando obras clásicas da banda deseñada galega, prestando tamén atención á obra de autores galegos, españois e estranxeiros; rematan, ademais, de dar a coñecer un marabilloso Nuevas aventuras de Dick Turpin. A ela súmase a coruñesa Cerditos de Guinea ou Demo editorial.
No que atinxe ás recuperacións de obra de autores galegos, pero tamén atenta a outros libros de investigación, de pequeno ou gran formato, apostando nos últimos tempos polo ensaio e novas liñas de edición como a narrativa hai que citar a aquela tamén compostelá, e histórica, Alvarellos Editora que o seu actual director, Enrique Alvarellos, recuperou con moito acerto. Tamén Andavira Editorial segue ofrecendo libros de carácter universitario e técnico entre o que sobresae un recente estudo subscrito polo profesor X.M. Cid sobre o profesorado ourensán en tempos da II República.
Centrados, como obxectivo primordial, no labor promocional do libro galego, a través da revista bimestral Biblos. Clube de lectura, o selo editorial homónimo, dirixido por Tucho Calvo e Carmela Boo, mantén unha continua presenza a través da colección «Mandaio» que o club regala aos seus subscriptores. O último éxito desta foi a novela Malas cartas, de Manuel Pereira Valcárcel.
Non se esquece aquí a presenza de Laiovento, un selo histórico que segue capeando o temporal dende 1989 con obras de carácter ensaístico ou teatral na súa maior parte. Entre as súas apreciables contribucións máis recentes destacan dous recentes estudos sobre a figura e obra de Carvalho Calero, a cargo de Manuel Rosales e Piar García Negro.
E conclúo este primeiro percorrido coa pontevedresa Cumio, que deu a coñecer unha interesante serie de ensaios sobre saúde e estética, xunto con senllas antoloxías de poetas galegos, recitadas polos seus propios autores, como foron as correspondentes á obra de Chus Pato e de Xosé Mª Álvarez Cáccamo-, xunto con outros títulos de investigación e promoción musical galega.
Baixo o título de «Los pequeños sellos editoriales» este texto viu a luz en castelán nas páxinas do número 164 da revista Qué leer. Reproduzo arriba a versión en lingua galega desta colaboración.