-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (47)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (289)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (186)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (5)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (25)
Literatura infantil (27)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (105)
Música (14)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (67)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo
Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, por Xesús Alonso Montero
Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil en o franquismo
Xerais, Vigo, 2011, 416 páxinas, 22 €
Hai libros que un evoca, pasado o tempo, porque se lembra algún detalle perpetuado con teimosía na memoria; outras veces valórase a oportunidade da súa publicación, a información nova que achega ou a atinada interpretación que, respecto de determinados acontecementos, se realiza; mesmo en ocasións tamén se recorda pola presenza de capítulos inesperados. Non ten sentido afirmar aquí o que, este lector, lembrará ou non da lectura deste ensaio que subscribe Xesús Alonso Montero, no ronsel deses últimos traballos que vén ofrecendo e que se abeiran á investigación literaria, política, sociolóxica e cultural do tempo republicano, da guerra civil, do exilio e do (anti)franquismo, pero talvez non estea errado ao aseverar que a este libro se lle poden aplicar, con pertinencia, todos e cada un dos trazos que se sinalaron.
É un libro oportuno porque este mesmo ano se celebra o centenario do nacemento do biografado: un filólogo sobre o que se abateu unha sorte dramática en moi diferentes sentidos. Un libro informativo, e formativo, pois o profesor Alonso Montero deita nestas máis de catrocentas páxinas un valioso caudal documental como son as abondosas referencias epistolares exhumadas ou a Causa xudicial que se instruíu contra Aníbal Otero por só citar dous exemplos, ademais doutros moitos textos escasamente coñecidos que son presentados e interpretados con claridade, resultando operativos para desfacer as lendas que gravitaban arredor da detención e posterior encarceramento de Aníbal Otero, tras a sublevación militar, en base a seren descubertos no seu poder uns documentos interpretados erroneamente cando eran transcricións do seu traballo filolóxico, dando conta así das verdadeiras causas que xustificaron a pena que lle foi imposta. Non resultan de menor interese as pasaxes centradas en recuperar unha parte substantiva da nosa filoloxía e da filoloxía hispánica, con referencias abondosas a figuras como Ramón Menéndez Pidal ou Navarro Tomás, ambas as dúas moi vinculadas co filólogo lugués. Finalmente, preséntase un capítulo inesperado, como o que se titula “Réplica a esta biografía”, no que o ensaísta realiza unha afortunada e ben fiada incursión nos terreos da ucronía, á que tan ben lle acae o que o propio autor sinala neste libro: “quizais a literatura (…) é unha defensa contra as ofensas da vida”.
Un ensaio, en fin, do máis salientable entre o aparecido neste ano e que entendo de lectura obrigada para interesados na Filoloxía, na Lingüística, nos eidos biográficos e para os que desexen mergullar, con garantías, nalgunhas das claves da nosa historia máis recente.
Esta texto publicouse, con mínimas modificacións, nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia, o 25 de xuño de 2011, baixo o título de «Máis que unha biografía».
