-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Antón Lopo
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo
Antón Lopo
A palabra exacta
Editorial Galaxia, Vigo, 2011, 188 páxinas, 10 €
Á forza cómpre cualificar como espléndido o traballo que Antón Lopo ofrece nesta biografía de Lois Pereiro. E a argumentación que sostén a afirmación é ben simple: está extraordinariamente escrito e, por outro lado, a estrutura pola que optou para se achegar á dimensión humana do autor da Modesta proposición…. resulta igualmente exemplar.
Ben sabido é que Lopo non se move por vez primeira nestes eidos das biografías e ese camiño percorrido beneficia indiscutiblemente a presente entrega pois, asumindo unha perspectiva que mestura con mestría unha acaída articulación técnica e estrutural coas ferramentas propias do xornalismo, consegue artellar unha proposta para que os que tivesen algo substantivo que dicir o expresen aquí, desde a súa propia e intransferible voz.
Velaí como, logo da recreación da nominación do autor na sede da Real Academia Galega, cédese a voz a aquelas persoas, de carne e óso, que en primeira instancia nos achegan ao espazo máis íntimo do autor, ás orixes e ao período de aprendizaxe como son Inés, a nai de Pereiro, ou o seu irmán Xosé M. Pereiro. Tras eles é Piedade quen ocupa a atención da biografía nun exercicio tecnicamente exemplar no que o biográfo e a compañeira de Pereiro len e relen, comentan e puntualizan un borrador previo da transcrición dunha conversa mantida tempo atrás; capítulo, ao meu ver, que filtra aspectos da vida laboral, sentimental e persoal do autor coido que pouco visibles ata agora.
Cunha técnica de filiación dramática é Fernando Saco quen espella un diálogo que permite rescatar fotos, libros, retallos dunha vida dun tempo afastado que agora se actualiza. Asemade, non podía faltar a presenza de Manuel Rivas -o amigo-, quen subliña a complicidade persoal contraída e mais deixa luminosas proxeccións interpretativas sobre a obra pereiriana. Aínda a continuación, neste ronsel de testemuños, se engaden as perspectivas de Inés, a irmá do poeta, perfilando con maior precisión algúns dos ángulos máis íntimos e persoais de Lois Pereiro.
Non resulta de menor trascendencia a análise do legado literario de Pereiro a cargo de diversos especialistas como Daniel Salgado, X. Cordal, Pepe Cáccamo, Lino Braxe, Antón Patiño ou Hugo Martínez que preludian un memorable capítulo final no que Lopo reconstrúe ou reiventa unha entrevista que nunca puido chegar a facer.
Se esta aproximación biográfica e interpretativa satisfai con creces as expectativas, resultando nalgúns treitos autenticamente emocionante e permitindo navegar con seguridade e rigor polas augas da vida e da obra de Pereiro, non é menos acaído o propio título, erixido xa como icona do creador que perseguiu con teimosía esa «mot juste» flaubertiana, sen nunca desprenderse dun sorriso irónico.
Letras gallegas en Qué leer, nº 162
CITAS OBLIGADAS PARA EL NUEVO AÑO
Ocupada la crónica del mes pasado con el fallecimiento de Francisco Fernández del Riego, centramos esta página en un breve balance narrativo del año anterior y algunos de los acontecimientos que se anuncian para este 2011
ALGO DE LO MÁS SIGNIFICATIVO
A pesar de que ha sido innegable la disminución cuantitativa en la oferta editorial gallega de este pasado año, me resulta difícil recordar un año en el que hayan coincidido novelas, libros de relatos, poemarios o ensayos de tanta altura e interés. Es imposible aquí abarcar todos los géneros de manera que me ocuparé de cinco destacadas novelas que concitaron el beneplácito de crítica y lectores.
En narrativa me quedaría con Periferia, de Iolanda Zúñiga, premio Xerais de este año, por su fuerza, su heterodoxia y compromiso y añadiría Todo é silencio, de Manuel Rivas, por su habilidad para tejer un tapiz en el que se ahonda en las tiranías ejercidas desde el poder; no olvidaría tampoco Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes, por su valor como retorno de un gran narrador con una pulida obra mayor; finalmente incluiría Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, por abrir nuevos y exitosos caminos para el género negro y Obediencia, de Antón Lopo, premio García Barros 2010, con el que amplía con acierto las fronteras de la ciencia ficción.
LO QUE VIENE
[En el aspecto cultural] además de la apertura parcial de la polémica y costosa “Cidade da Cultura” en el Gaiás compostelano, después de más de una década desde el inicio de las obras, concretamente de sus dos primeros edificios dedicados a la biblioteca y al archivo, serán básicamente dos los autores sobre los que girará la atención mediática de este año.
En primer lugar buena parte de las publicaciones previstas se vertebrarán alrededor de Lois Pereiro, figura que como ya avisamos en una crónica anterior, ocupará indudables esfuerzos editoriales al haber sido elegido como homenajeado para el Día das Letras Galegas. De hecho, resulta significativo que ya se encuentren en circulación diversas publicaciones madrugadoras como el estudio del pintor y ensayista Antón Patiño titulado Radiografía do abismo (Espiral Maior) al que añadirá próximamente Dicionario de sombras, sobre idéntico asunto. A esto cabe añadir la reedición a cargo de Edicións Positivas de sus dos poemarios más conocidos y la edición de un inédito titulado Conversa ultramarina: un diario epistolar dirigido por Pereiro a Piedad Cabo. Finalmente, no se puede obviar la espléndida Fotobiografía sonora, a cargo de Ouvirmos, donde el sello lugués incluye un abundante corpus documental y fotográfico que revisa la trayectoria biográfica y literaria de Pereiro a cargo de Xosé Manuel Pereiro, periodista y hermano del poeta, Manuel Rivas, Lino Braxe y Xurxo Souto, junto con dos discos compactos, que recogen música y poesía. No serán, ni mucho menos, las únicas publicaciones sobre el autor monfortino, como iremos viendo a lo largo de este año.
Otro de los personajes literarios de quien se hablará, y mucho, este 2011 será del escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, de quien se celebra el centenario de su nacimiento, como se celebrará en el 2012 el centenario de Celso Emilio Ferreiro. Por lo menos están proyectadas, de la mano del Consello da Cultura Galega, un conjunto de ambiciosas actividades entre las que destacan un congreso que tendrá lugar en el mes de septiembre, además de lecturas dramatizadas y un nuevo montaje de la pieza teatral O incerto señor don Hamlet.
Top 10- narrativa galega 2010
Nesta última entrega de Biblos dou a coñecer, na habitual sección «breviario», unha breve listaxe do que considerei como máis salientable no eido da narrativa galega deste ano pasado. Con certeza faltan títulos, e mesmo algúns que foron moi do meu agrado, mais todos non poden estar. Velaquí o artigo:
Os comezos dun novo ano son datas propicias para o balance. Neste caso cumpriría o da década, mais neste espazo atrévome só cunha revisión anual e de xeito moi conciso. Un top 10 de carácter moi persoal, sen orde de prioridade e exposto aínda a risco de non poder incluír todo o que realmente me gustou do estritamente editado en narrativa no pasado 2010, acompañado tan só cun par de frases argumentativas.
- Periferia, de Iolanda Zúñiga. Premio Xerais 2010. Poderoso mergullo, heterodoxo e escasamente convencional, no universo das favelas paulistas, metáfora do propio mundo.
- O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro. Premio Lazarillo 2009. Unha documentada, intensa e moi solvente novela sobre os últimos pasos de Vicent Van Gogh.
- O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro. O retorno á Venecia das viaxes e descubertas asombrosas da man dun personaxe histórico revisitado con acerto.
- Todo é silencio, de Manuel Rivas. Novela-metáfora de intensas resonancias onde o narcotráfico é só un apoio para afondar nas tiranías exercidas desde o poder.
- Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras. Novo detective, atractivo argumento e outro éxito deste habilidoso e efectivo autor de novela negra.
- Obediencia, de Antón Lopo. Premio García Barros 2010. “Algo máis na ficción científica”, así titulei unha crítica e coido que aí se concentra a vontade renovadora e orixinal do autor.
- Futuro imperfecto, de Xulia Alonso. Unha das sorpresas da tempada: un percorrido autobiográfico conmovedor polas estremas da vida e da morte.
- Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes. O retorno devecido dun narrador que non defraudou, mesmo superando esixentes expectativas.
- O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre. Unha proposta narrativa suturada con moito enxeño, exhibindo un amplo abano de recursos para afondar nas incógnitas da propia condición humana.
- Un último destino, de Xosé C. Caneiro. O retorno ao espazo da vella Dalmara, poboada singularmente por eses personaxes melancólicos nun coidado exercicio de estilo.


