-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- La Voz en Espiral
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Pez de plata
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro Agustín Fernández Paz Alvarellos Editora Antonio García Teijeiro Baldo Ramos Biblos Buenos Aires Cabalo de ouros Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Despois da medianoite Diego Ameixeiras Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Longa noite de pedra Manuel Rivas María Reimóndez María Xosé Queizán Marcos Calveiro Miguel Anxo Fernán-Vello Miro Villar Periferia Qué leer Radio Fórum Rosalía de Castro Salma Toxosoutos Trifolium Víctor F. Freixanes Valentín Paz Andrade video Xerais Álbum ilustrado (27)
Arte (1)
Biografía (11)
Blogue (4)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (62)
Cine (2)
Convocatoria (17)
Crítica (11)
Crítica literaria (160)
Crónica (68)
Día das Letras (28)
Divulgación (37)
Docencia (1)
Efeméride (15)
Ensaio (68)
Entrevistas (21)
Exposición (2)
Faladoiro (1)
Fotografía (4)
Gastronomía (2)
guión (1)
Homenaxe (6)
Ilustración (1)
internet (3)
Libro lecer (2)
Literatura (9)
Literatura infantil (16)
Literatura xuvenil (9)
Música (4)
Narrativa (83)
Noticia (11)
Noticia literaria (9)
Novela (3)
Novela gráfica (3)
Novidades editoriais (12)
Opinión (38)
Poesía (86)
Premio (17)
Presentación (6)
Programa radiofónico (11)
Recursos didácticos (4)
Reedición (2)
Relatos (3)
Revista (13)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (3)
Teatro (5)
Televisión (5)
Textos (3)
Tradución (31)
Valentín Paz Andrade (11)
Varios (19)
Video (41)
Video promocional (3)
Xornalismo (6)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Antonio García Teijeiro
Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña. Iniciativas sobre a obra de Celso Emilio Ferreiro (Novas CEF XXIV)
A través dun amigo chego a unha iniciativa desenvolta pola Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña (Duran Loriga, 10) integrada na rede das Bibliotecas do Concello da Coruña. Nese espazo de lectura e cultura artellouse unha actividade relacionada con Celso Emilio Ferreiro co gallo do seu centenario aproveitando a data do Día Mundial da Poesía. Deixo aquí dúas mostras gráficas deste orixinal e imaxinativo traballo que aproveita fantasticamente o espazo do local cuns versos ferreirianos e un atinado texto de Antonio García Teijeiro. Beizóns.
Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro
Antonio García Teijeiro (texto) – Fino Lorenzo (ilustracións)
Recendos de aire sonoro
Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2011, 88 páxinas, 10 €
Non é doado coñecer nin manexar con habelencia as claves creativas para chegar aos lectores máis novos; non é doado tampouco escoller o camiño da poesía para contactar con eles e, aínda menos, facer confluír nunha única proposta as pontes que unen dúas manifestacións artísticas como son a poesía e mais a música…, con todo e mais con resolución, Antonio G. Teijeiro, que vén de dar a coñecer hai pouco outro volume poético, volve transitar estes camiños como xa fixera nalgún sentido con Palabras envoltas en cancións.
Así pois, sensible a esta dinámica de darlle forma e voz poética a algo tan intanxible como a música e baixo a consideración, expresada por Daniel Barenboim, de que a «música é aire sonoro», definición recollida á súa vez de Ferruccio Busoni, Teijeiro dálle corpo a esta intuición e constrúe, a través de breves composicións de factura sinxela e ritmo marcado, por veces exhibindo moldes da poesía popular, noutros casos abeirado a estéticas máis contemporáneas e mesmo de intención lúdica, unha melodía musical e harmónica con versos inspirados nas posibilidades que o universo das voces humanas ou dos instrumentos musicais poden suxerir…, velaí, entre outras, as presenzas do violín, a viola, a trompeta, a frauta, o óboe, a gaita, a guitarra ou o piano, ao que se lle dedica unha especial atención. Ao tempo, o autor non desbota a oportunidade para tributar unha pequena e sentida homenaxe a voces musicais queridas polo autor como Bob Dylan, The Beatles ou Beethoven.
Por último, só cómpre engadir que Fino Lorenzo realiza un traballo impecable e suxestivo como ilustrador deste libro, conxugando a técnica da colaxe con trazos coloristas, vigorosos e abertos, conseguindo unha interpretación harmónica e atractiva dos poemas. Por esta, e polas razóns arriba amentadas, este Recendos de aire sonoro debería ser un libro moi a ter en conta para os que, xa iniciados na lectura, queiran redescubrir e contaxiarse coa música a través da poesía.
Verbas de sal, de Antonio García Teijeiro
Verbas de sal
Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2011, 56 pp., 12,85 € (ilustracións de Alberto Vázquez).
Unha nena curiosa, un fantástico monifate e un enigmático home maior, todos tres seres solitarios, cruzarán os seus destinos habitando o sentido último das palabras, desas “verbas de sal” que aquel home confiaba ás ondas do mar. O libro aprópiase dun palpable rexistro lírico, gañando a complicidade desde a primeira páxina e exhibindo un notable potencial descritivo de mans dadas cunha intensa pulsión plástica, só esperable nun autor de longa e reveladora traxectoria como Teijeiro, sabedor de que a fluidez narrativa e a aparente sinxeleza é algo que custa acadar. Velaquí unha parábola sobre a soidade, que repara tamén no valor salvífico da comunicación, a amizade, a poesía e os libros.
Texto publicado baixo o título de «Unha parábola da soidade» nas páxinas de información cultural, sección «recomendacións», de La Voz de Galicia, o 28 de febreiro de 2011.





