Tag Archives: Cabalo de ouros

Dez libros dunha década (narrativa e ensaio)

Ao fío da análise valorativa sobre dez anos de letras galegas que incorporei nun apuntamento anterior, tamén o número 500 do «Culturas» solicitoume unha sorte de top 10 dos libros de corte narrativo e ensaístico que viron a luz nesta última década. Reproduzo aquí a escolla que, coma todas, é subxectiva e de certo inxusta por silenciar títulos que ben merecían estar nela. Velaquí sen orde de prioridade ningunha.

NOVELA. Os libros arden mal, Manuel Rivas, Xerais, 2006.

NOVELA. Intramundi, Carlos G. Reigosa, Xerais.

NOVELA. Fantasmas de luz. Agustín Fernández Paz, Xerais, 2011.

ENSAIO. Historia da educación e da cultura en Galicia. Antón Costa Rico, Xerais, 2004.

ENSAIO. De provincia a nación. Justo G. Beramendi, Xerais.

CINEMA + NARRATIVA.  Dúas letras. Fina Casalderrey e  Eloy Varela. Galaxia, 2012.

NOVELA. Cabalo de ouros. Víctor Freixanes. Galaxia, 2010.

NOVELA. Entre fronteiras. Xavier Alcalá. Galaxia, 2004.

NOVELA. Herba moura. Teresa Moure, Xerais, 2005.

NOVELA. A vida nova de madame Bovary, Galaxia, 2008.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Divulgación, Ensaio, Literatura galega, Narrativa, Opinión | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Leave a comment

Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes e A cidade da roupa ao sol, de Marga do Val, premios da crítica 2010

Onte falláronse, na cidade de Cáceres, os premios da Crítica 2010.  A Sección da Crítica, pertencente á Asociación de Escritores en Lingua Galega, delegou en Laura Caaveiro a representación da mesma, que comunicou os resultados da pertinente votación que se celebrou en Compostela hai uns días. Parabéns, pois, a Víctor F. Freixanes e a Marga do Val, galardoados nesta ocasión.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Premio | Coas etiquetas , , , , | Leave a comment

Letras gallegas en Qué leer, nº 162

 

  CITAS OBLIGADAS PARA EL NUEVO AÑO

Ocupada la crónica del mes pasado con el fallecimiento de Francisco Fernández del Riego, centramos esta página en un breve balance narrativo del año anterior y algunos de los acontecimientos  que se anuncian para este 2011

 

ALGO DE LO MÁS SIGNIFICATIVO

A pesar de que ha sido innegable la disminución cuantitativa en la oferta editorial gallega de este pasado año, me resulta difícil recordar un año en el que hayan coincidido novelas, libros de relatos, poemarios o ensayos de tanta altura e interés. Es imposible aquí abarcar todos los géneros de manera que me ocuparé de cinco destacadas novelas que concitaron el beneplácito de crítica y  lectores.

En narrativa me quedaría con Periferia, de Iolanda Zúñiga, premio Xerais de este año, por su fuerza, su heterodoxia y compromiso y añadiría Todo é silencio, de Manuel Rivas, por su habilidad para tejer un tapiz en el que se ahonda en las tiranías ejercidas desde el poder; no olvidaría tampoco Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes, por su valor como retorno de un gran narrador con una pulida obra mayor; finalmente incluiría Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, por abrir nuevos y exitosos caminos para el género negro y Obediencia, de Antón Lopo, premio García Barros 2010, con el que amplía con acierto las fronteras de la ciencia ficción.

 LO QUE VIENE

[En el aspecto cultural] además de la apertura parcial de la polémica y costosa “Cidade da Cultura” en el Gaiás compostelano, después de más de una década desde el inicio de las obras, concretamente de sus dos primeros edificios dedicados a la biblioteca y al archivo, serán básicamente dos los autores sobre los que girará la atención mediática de este año.

En primer lugar buena parte de las publicaciones previstas se vertebrarán alrededor de Lois Pereiro, figura que como ya avisamos en una crónica anterior, ocupará indudables esfuerzos editoriales al haber sido elegido como homenajeado para el Día das Letras Galegas. De hecho, resulta significativo que ya se encuentren en circulación diversas publicaciones madrugadoras como el estudio del pintor y ensayista Antón Patiño titulado Radiografía do abismo (Espiral Maior) al que añadirá próximamente Dicionario de sombras, sobre idéntico asunto. A esto cabe añadir la reedición a cargo de Edicións Positivas de sus dos poemarios más conocidos y la edición de un inédito titulado Conversa ultramarina: un diario epistolar dirigido por Pereiro a Piedad Cabo. Finalmente, no se puede obviar la espléndida Fotobiografía sonora, a cargo de Ouvirmos, donde el sello lugués incluye un abundante corpus documental y fotográfico que revisa la trayectoria biográfica y literaria de Pereiro a cargo de Xosé Manuel Pereiro, periodista y hermano del poeta, Manuel Rivas, Lino Braxe y Xurxo Souto, junto con dos discos compactos, que recogen música y poesía. No serán, ni mucho menos, las únicas publicaciones sobre el autor monfortino, como iremos viendo a lo largo de este año.

 Otro de los personajes literarios  de quien se hablará, y mucho, este 2011 será del escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, de quien se celebra el centenario de su nacimiento, como se celebrará en el 2012 el centenario de Celso Emilio Ferreiro.  Por lo menos están proyectadas, de la mano del Consello da Cultura Galega, un conjunto de ambiciosas actividades entre las que destacan un congreso que tendrá lugar en el mes de septiembre, además de lecturas dramatizadas y un nuevo montaje de la pieza teatral O incerto señor don Hamlet.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Crónica | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Leave a comment

Top 10- narrativa galega 2010

Nesta última entrega de Biblos dou a coñecer, na habitual sección «breviario», unha breve listaxe do que considerei como máis salientable no eido da narrativa galega deste ano pasado. Con certeza faltan títulos, e mesmo algúns que foron moi do meu agrado, mais todos non poden estar. Velaquí o artigo:

Os comezos dun novo ano son datas propicias para o balance. Neste caso cumpriría o da década, mais neste espazo atrévome só cunha revisión anual e de xeito moi conciso. Un top 10 de carácter moi persoal, sen orde de prioridade e exposto aínda a risco de non poder incluír todo o que realmente me gustou do estritamente editado en narrativa no pasado 2010, acompañado tan só cun par de frases argumentativas.

  1.  Periferia, de Iolanda Zúñiga. Premio Xerais 2010. Poderoso mergullo, heterodoxo e escasamente convencional, no universo das favelas paulistas, metáfora do propio mundo.
  2. O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro. Premio Lazarillo 2009. Unha documentada, intensa e moi solvente novela sobre os últimos pasos de Vicent Van Gogh.
  3.  O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro. O retorno á Venecia das viaxes e descubertas asombrosas da man dun personaxe histórico revisitado con acerto.
  4. Todo é silencio, de Manuel Rivas. Novela-metáfora de intensas resonancias onde o narcotráfico é só un apoio para afondar nas tiranías exercidas desde o poder.
  5. Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras. Novo detective, atractivo argumento e outro éxito deste habilidoso e efectivo autor de novela negra.
  6. Obediencia, de Antón Lopo. Premio García Barros 2010. “Algo máis na ficción científica”, así titulei unha crítica e coido que aí se concentra a vontade renovadora e orixinal do autor.
  7. Futuro imperfecto, de Xulia Alonso. Unha das sorpresas da tempada: un percorrido autobiográfico conmovedor polas estremas da vida e da morte.
  8. Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes. O retorno devecido dun narrador que non defraudou, mesmo superando esixentes expectativas.
  9. O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre. Unha proposta narrativa suturada con moito enxeño, exhibindo un amplo abano de recursos para afondar nas incógnitas da propia condición humana.
  10. Un último destino, de Xosé C. Caneiro. O retorno ao espazo da vella Dalmara, poboada singularmente por eses personaxes melancólicos nun coidado exercicio de estilo. 
Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Crónica, Narrativa | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Leave a comment

CABALO DE OUROS, DE VÍCTOR F. FREIXANES

Cabalo de ouros

Víctor F. Freixanes

Galaxia, Vigo, 2010, 368 páxs.

Epifanía, de prescidirmos das acepcións con maior frecuencia de uso e que aparecen vinculadas co significado relixioso, significa aparición ou manifestación. Este último sentido é o que, ao meu xuízo, lle acaería a este Cabalo de ouros de Víctor F. Freixanes: unha epifanía que espero non transitoria pois cando menos neste caso non é difícil conxecturar que está destinada a perdurar, o que talvez sexa o mellor que se poida dicir dunha peza literaria.

Dezasete anos de silencio son, quen o dubida, moitos anos para os lectores de Freixanes que, sospeito, se han asomar a este libro co interese engadido de saber se a escrita do pontevedrés se enroca en posicións xa coñecidas, se volve transitar por vellos motivos ou se, polo contrario, determina dar un paso adiante e ofrecer algo novo… E algo de todo isto hai en Cabalo de ouros, talvez máis do último, pois é indubidable que nel se rastrexan elementos característicos do autor, espellados tanto no diálogo que mantén con espazos e algúns entes de ficción ou nas apelacións constantes que se fai aos lectores, como na perseveranza de manter esa liña narrativa alicerzada nun xogo de realidade e ficción que bebe da memoria, individual ou colectiva, máis ben individual e colectiva, para ofrecer unha construción sólida, intensa, aceda por veces, cun pouso un tanto desesperanzado tamén, pero viva e chea de forza.   

Cabalo de ouros é unha extraordinaria proposta pois non é doado que o artificio mediante o cal  a voz narradora se confunde á mantenta coa instancia autorial funcione; porque tampouco é cousa de ignorar o encaixe que se logra entre unha forma narrativa novelesca que arremeda aos cantares de cego tradicionais, fonte inicial da historia que logo se desenvolve, na que palabra e música se confunden plasticamente; porque non resultan menos asombrosos os fundidos que fan avanzar varias liñas narrativas ao mesmo tempo, nin a atinada dosificación de ritmos narrativos. O lector, fagan a proba, fica enlevado nese rodopío de historias contadas cunha forza e unha prosa arrebatadora e vigorosa,  vívida, fluída, amantiña por veces e sempre transparente, tal unha enxurrada que nos arrastra e nos acompaña de acó para aló desde Vilanova de Alba á pousada do Pasamundos, do Vigo da posguerra ata a Venezuela dos anos oitenta, onde se recompón a historia e onde se cruzan os destinos, como non, remexendo outra volta nos faiados na memoria dun personaxe clave.

Desde xeito o lector convértese asemade en espectador, por veces activo, que se devorca nunha historia terrible de dolorosas consecuencias e que nace dunha asombrosa partida de cartas onde a clave repousa na “ollada intensa, arnal” dos ambiciosos xogadores e onde o que se xoga sobarda as rendas, as herdades, os predios, o diñeiro ou os aforros particulares…, toda esa  enorme fortuna, en boa parte  derivada das explotacións do volframio na posguerra, trastoca a percepción das cousas a través deses personaxes malpocados, violentos, nobres, canallas…, mais todos imborrables como son o cura de Boullón, o Santiso, o licenciado Lobeiras e a Rosaura engudellados nunha historia de amor singular, Don Floro, os fuxidos, o entrañable vello Matías de Amaral, as mulleres da casa de Dª Hermiditas, os Berdullas, o Agonías, a monxa Rosiña, Pico Serrano, Amalia, Martín García e outros moitos que aquí non caben, conformando un friso memorable. Con todos eles, coas palabras que din e coas que non se din desvélansenos moitas das claves da cobiza, das claudicacións, dos medos, dos derrotados, dos ángulos máis escuros da condición humana…, asuntos que, en boa parte, prenden o fío desta novela, como prenden tamén na delgada fronteira entre a morte e a vida, ma furia, na vinganza, na loucura, no terror que produciu a guerra (“cando o mundo pegou un pinchacarneiro”), nos naufraxios… porque o relato, dise na novela, é a “memoria do que somos” que circula sempre “como o discurso da vida, cheo de reviravoltas”. O vello Quintín, o dos cantares de cego, ficaría ben contento con esta novela. Este lector tamén.

 

Texto publicado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 4 de novembro de 2010.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Narrativa | Coas etiquetas , | 2 Comentarios