-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog Costa do Solpor
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
"Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Galaxia IES Valadares Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos Marcos Calveiro María Reimóndez Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Rinoceronte Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Xoán Carlos Domínguez Alberte Álvaro Cunqueiro Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (49)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (7)
Banda deseñada (5)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (5)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (298)
Crónica (80)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (199)
Docencia (2)
Documental (4)
Edición (1)
Editorial (6)
Efeméride (23)
Ensaio (103)
Entrevistas (55)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (14)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (36)
Literatura infantil (30)
Literatura xuvenil (17)
Manuscrito (113)
Música (15)
Narrativa (130)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (15)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (18)
Obituario (1)
Opinión (70)
Poesía (151)
Premio (48)
Presentación (27)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (12)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (44)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (31)
Vendas (2)
Video (76)
Video promocional (3)
Xornalismo (10)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Carlos López Bernárdez
Do idilio á diáspora, de Carlos L. Bernárdez
Do idilio á diáspora
NigraTrea, Baiona, 184 páxinas, 25 €
Cómpre saudar con satisfacción este ensaio que chega agora ás nosas librarías por moi diversas razóns; entre elas salientaría a garantía que supón vir da man dun dos nosos máis contrastados especialistas na historia da arte galega como o seu longo currículo ben exhibe, e mesmo subliñaría a afouteza que significa hoxe editar un libro destas características, situado nun ámbito especialmente resentido pola crise como é o da produción ensaística e, máis particularmente, no que di respecto das publicacións vinculadas cos estudos artísticos. Facelo, ademais, tan requintadamente desde o punto de vista da edición técnica, incorporando abondosas ilustracións, con reproducións nalgúns casos moi poucos coñecidas, coido que cando menos resulta reseñable e mesmo esperanzador.
O subtítulo do libro –“modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane”– recolle acaidamente a orientación que este conxunto de ensaios proxecta, isto é, interpretar analiticamente o que ocorreu na nosa pintura desde o chamado costumismo rexionalista do século XIX, pasando polos ecos modernistas e simbolistas ata chegar ao denominado grupo “Os novos”, que percorreu con teimosía e orixinalidade a distancia que conducía aos camiños da renovación, sen esquecer ir avanzando dun xeito parello aos vieiros das vangardas europeas. Dito noutras palabras, este ensaio achega unha cartografía rigorosa que evidencia as tensións e estratexias que, desde os alicerces, espellaron na creación dunha escola de pintura galega cun sentido de seu, revisando despois a forma en que esta estética artística propia se desenvolve nos tempos anteriores á guerra civil para perfilar, en último caso, as liñas de forza da súa evolución, tanto no exilio americano como no interior ata os anos cincuenta.
A relevancia outorgada ao contexto histórico propio que acompaña a evolución da pintura galega nestes anos convértese nun elemento axial do libro, sen abandonar a perspectiva de entender as nosas manifestacións artísticas como unha parte substancial da tradición cultural europea, sempre mergullada nun espazo de reconstrución identitaria á busca dun espazo propio. Neste universo sobresaen as figuras senlleiras de Castelao e mais Seoane, inevitables puntos de inflexión neste proceso, mais non podería deixar de recomendar as páxinas dedicadas á interpretación das achegas de Laxeiro ou Colmeiro, ao
cartelismo ou mesmo á exposición de pintura galega celebrada en Buenos Aires nos anos cincuenta, entre outros temas.
Esta proposta de Carlos L. Bernárdez, por último, foxe do cripticismo, da inintelixibilidade expositiva; moi ao contrario, paréceme un traballo ideado para interesados na materia e para os queiran iniciarse e saber máis. A súa inequívoca orientación didáctica, como amosa a adopción dun discurso fluído que posibilita un asequible seguimento, facilita outear ese horizonte tan plural e vario constituído por grandes figuras e excepcionais obras. Moi recomendable, en fin, para se mover con seguridade neste ámbito da nosa tradición pictórica.
Esta recensión, baixo o título de «Memoria da pintura galega», viu a luz nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 26 de maio de 2012.
Faces do país, de Carlos López Bernárdez
Carlos López Bernárdez
Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950
Fundación NovaCaixaGalicia, Vigo, 2011, 88 páxinas.
Non adoito encargame de recensionar catálogos expositivos mais este que me ocupa coido que o merece por moitas razóns. Unha delas é o carácter inédito da iniciativa e outra, talvez a máis relevante para min, descansa no rigor, solidez e axilidade expresiva que domina a documentada peza ensaística, sobre o retrato en Galicia no período que vai de 1890 a 1950, da man de Carlos L. Bernárdez, comisario da exposición homónima que ata fins de novembro deste 2011 aínda se pode ver no Centro Social NovaCaixaGalicia de Compostela e, ao longo de decembro e xaneiro de 2012, no espazo que a mesma entidade posúe en Pontevedra.
O discurso sobre a retratística galega deste período acompaña a reprodución, moi coidada como adoita acontecer nestes casos, dos máis dos retratos expostos e é así como, a través desta confluencia, somos quen de calibrar neles desde a influencia das vangardas, pasando polo que peneirou ou reorientou a chegada da guerra civil e as súas consecuencias ou esa liña de sentido que o autor denomina «tensión entre realismo e evasión».
Aquí pódese consultar unha visión rápida do máis salientable da exposición e esta ligazón contén unha galería dalgúns dos retratos da exposición e mais unhas declaracións orientativas do autor e comisario da mostra. Catálogo e exposición altamente recomendables porque permiten transitar por unha parte substancial da nosa propia identidade.

