-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (47)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (289)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (184)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (5)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (24)
Literatura infantil (27)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (104)
Música (14)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (67)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (10)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Celso Emilio Ferreiro
Dos premios AELG e do Día das Letras (entrevista en La Voz de Galicia)
As páxinas de Lecer e Cultura de La Voz de Galicia acollen hoxe unha entrevista que Xesús Fraga me realizou ao fío dalgúns asuntos recentes baixo o titular de «O Día das Letras non debe limitarse a un ano. O crítico avoga por implicar máis á sociedade civil para estender as actividades». Velaquí o diálogo e o meu agradecemento pola atención.
Ramón Nicolás, crítico literario que exerce o seu labor no suplemento Culturas de La Voz, vén de ser distinguido nos premios da AELG polo seu blog, Caderno da crítica, e a súa biografía de Celso Emilio Ferreiro.
-Os blogs mudaron moitas cousas no panorama editorial. ¿Como o utiliza un crítico?
-Mudárono, en efecto, aínda que talvez un tanto relativamente porque non se pode falar de xeneralización deste soporte, malia que cada día é maior o número de persoas que se asoman á rede para se informar pois xa foron educados nas súas potencialidades, no seu doado acceso e na súa inmediatez. No que atinxe á crítica, e especificamente a do libro galego, esta é unha batalla na que hai que estar e que non se debe perder, e mesmo coido que goza dunha saúde que está á vangarda do que se fai preto de nós.
-A súa biografía de Celso Emilio está a ter moi boa acollida…
-A acollida foi e é tan fabulosa que nin nas mellores expectativas o sospeitaría hai menos dun ano. Alégrome, sobre todo, porque co galardón se me posibilita agradecer a confianza dos lectores, e tamén a que me prestaron Xerais, a Fundación Celso Emilio Ferreiro e moitas persoas próximas. Tamén porque entendo que a biografía é un libro colectivo, que creei a partir de xenerosas achegas de persoas que compartiron a súa memoria comigo para trazar, no posible, un perfil actualizado de Celso Emilio Ferreiro.
-Falta pouco para o 17: ¿como prolongar o espírito do Día das Letras e o interese pola literatura galega?
-O Día das Letras non pode, nin debe, circunscribirse a un mes, nin, ao meu ver, a un ano. A experiencia levada a cabo desde a Fundación Celso Emilio Ferreiro o ano pasado para sumar vontades que conflúen no interese de difundir a memoria e o legado de Celso Emilio conduciu facilmente a estender as actividades ao longo de todo un ano, e mesmo máis alá. Neste sentido cómpre implicar máis á sociedade civil con diferentes estratexias, e hainas.
Na Bienal Literaria «De pedra e de palabra». Entrevista no Diario Cultural sobre a pedra en «Longa noite de pedra»
Este pasado venres, 15 de marzo, participei na Bienal Literaria «De pedra e de palabra» que organizou o Centro Pen-Galicia. Ao fío da miña intervención, que versou sobre a simboloxía do termo «pedra» en Longa noite de pedra, Xiana Arias, do Diario Cultural da Radio Galega, realizoume unha breve entrevista á que se pode acceder premendo aquí; nela sintetízanse algunhas das claves da miña exposición. Moitas grazas pola atención á achega que realicei para esta bienal.
O poema «Rosalía» de Celso Emilio Ferreiro en Presencia de Rosalía
No volume Poesía galega completa de Celso Emilio Ferreiro (Xerais, 2004) recóllese un poema titulado «Rosalía» incorporado desde O libro dos homenaxes. Previamente, como se cita en nota a rodapé, o poema gozou dunha variante previa no libro Presencia de Rosalía.
Particularmente manexara unha fotocopia do poema que CEF publicara neste libro pero é agora, grazas a Luís Ferreiro, cando podo manexar o volume, editado en 1975 por mor do noventa aniversario do pasamento de Rosalía e patrocinado polo que daquela se chamaba «Banco de Crédito e Inversiones». Unha nota prologal que subscribe o Patronato Rosalía de Castro sublíñase que a convocatoria para darlle corpo ao libro partira da sección filatélica do Patronato e que a edición chegou a bo porto logo do traballo de coordinación de Antón Patiño Regueira -o propietario da libraría viguesa Librouro- e mais de Xesús García-Malvar.
O libro é todo un documento sociolóxico que revela unha misoxinia verdadeiramente pasmosa para aqueles anos desde as instancias, claro é, de artellar unha homenaxe a Rosalía pero analizando a nómina de colaboradores resulta rechamante que parte do máis substantivo do que a autora de Cantares gallegos simboliza, isto é, a muller incorporada ás tarefas literarias desde a consciencia do seu papel, quer se ignora quer se considera secundario. Malia isto, desde un punto de vista estético, Presencia de Rosalía é unha verdadeira alfaia comezando pola cuberta deseñada por Luís Seoane e mais polo concurso artístico de Martínez Pasarín, Urbano Lugrís, Victor Casas, Manuel Torres, José Luís de Dios, Antón Patiño, Castro Couso, Carlos Maside, Siro, Castelao, Laxeiro, Virxilio, Colmeiro, Pérez Bellas e Rosales Ardá.
Na vertente literaria non é menor a diversidade das colaboracións, á marxe do xa sinalado, e que se inician da man de Camilo José Cela, quen repara no concepto de morriña en Rosalía, para continuar coas voces de Uxío Novoneyra, Gonzalo Torrente Ballester, o propio Celso Emilio Ferreiro, Xosé Filgueira Valverde, Valentín Paz-Andrade, Salvador Lorenzana, Víctor Luis Molinari, Álvaro Cunqueiro, Carlos Baliñas, Darío Xohán Cabana,
Xosé Mª Álvarez Blázquez, Neira Vilas, Santos Simões, Eduardo Blanco-Amor, Xohán Naya, Basilio Losada Castro, Carlos A. Zubillaga, Eduardo Pérez Hervada, Xavier Costa Clavel, Manuel Fabeiro, Eliseo Alonso, Isaac Otero, Xosé María Castroviejo, Luis Blanco e Ramiro Cartelle.
Nun día tan relevante coma hoxe no que é de lei lembrar a Rosalía reproduzo aquí as catro primeiras estrofas do poema que Celso Emilio titulou «Decimos Rosalía» e que se incorporaron no libro que me ocupou. Viva o Día de Rosalía!
Decimos Rosalía
i alcéndese un espello
na noite largacía.
Na noite ensimesmada
cai un orballo escuro
de auga lenta e calada.
De auga lenta de pranto:
nosos ollos son fontes
de tanto chorar tanto.
De tanto vao laido,
polas serras e vales
pasa un vento ferido.
Celso Emilio Ferreiro (ensaios e antoloxía)
Celso Emilio Ferreiro
Fundación Luís Tilve, Compostela, 2012, 82 páxinas, 9,50 €
Coa colaboración da Fundación Celso Emilio Ferreiro e mais a UXT Ourense, a Fundación Luís Tilve puxo en circulación, o pasado mes de decembro unha nova achega nucleada arredor da figura e mais da obra de Celso Emilio Ferreiro.
Deste xeito, alén das presentacións que veñen da man das organizacións que patrocinan o libro, son as palabras de Luís Ferreiro as que guían o lector a través das claves biográficas máis salientables do seu pai para logo engadirse dous testemuños como son os do ex Presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe, e mais o de Jaime Barreiro, quen desvelan, en clave persoal, as evocacións que a figura de Celso Emilio Ferreiro lles suscita, atendendo en especial áactividade política que o poeta de Celanova desenvolveu nos seus derradeiros anos.
A parte inicial desta entrega enriquécese, asemade, cun abondoso aparato gráfico –fotografías, algunhas delas moi pouco coñecidas, e outros documentos-, ao que se engade unha antoloxía, abondosa e ben representativa, de composicións poéticas de Celso Emilio que se poderían denominar de combate, recollidas ben en manuscritos inéditos, ben noutros libros xa publicados: unhas e outras dan conta dun corpus estimable de poemas de diferentes datas, marcados sempre polo compromiso coas liberdades democráticas e con Galicia que neles exhibe.
Unha sección titulada “anexos” pon o ramo a volume, ofrecendo un conxunto de documentos de diferente carácter –retallos xornalísticos de diferentes épocas, fotografías e outro material-, operativo para resctar algúns dos momentos claves da biografía do autor, antes e despois do seu falecemento.
Unha achega máis ao estimable corpus de publicacións que viron a luz o ano pasado por mor do centenario de Celso Emilio Ferreiro e que contribúe, con efectividade, á difusión da súa figura e do seu legado.
Celso Emilio Ferreiro en Álabe. Revista de la Red de Universidades Lectoras
Desde Álave. Revista de la Red de Universidades Lectoras solicitáronme hai algún tempo unha colaboración que puxese ao día a figura e mais o legado de Celso Emilio Ferreiro. Vén de colgarse na rede o número 6 que incorpora o artigo titulado «Celso Emilio Ferreiro: voz de un tiempo y una tierra a los cien años de su nacimiento», que presenta este resumo previo que abaixo reproduzo. O artigo pode consultarse premendo aquí. Grazas aos responsables da revista por pensar en Celso Emilio.
Se celebra en Galicia el centenario del nacimiento de Celso Emilio Ferreiro y, sin duda, esta es una manera de hacer justicia a una de las figuras más destacadas del sistema literario gallego del siglo XX. Su obra ya no puede circunscribirse, únicamente, al poemario Longa noite de pedra, metáfora recurrente para simbolizar el largo período de la dictadura franquista. En Galicia se ha insistido especialmente este año en la singularidad de su personalidad literaria que va mucho más allá de ser el responsable de una de las voces que canalizaron, literariamente, la contestación al franquismo.Tal vez porque él mismo promovió ediciones bilingües gallego-castellanas de su obra, su proyección más allá de Galicia lo había convertido durante cierto tiempo en un poeta conocido y popular; esta resonancia es posible que se haya ido diluyendo para las generaciones más jóvenes de lectores en castellano. Por esta razón se ofrecen aquí algunas de sus claves bio-bibliográficas más elementales y, a continuación, un breve recorrido por la estética literaria que transitó.
