-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (291)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (189)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (100)
Entrevistas (51)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (26)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (106)
Música (15)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (147)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Centauros do norte
Marcos Calveiro: Os personaxes mandan («Letras Galegas» en Qué Leer, nº 173)
Marcos Calveiro: «Os personaxes mandan»
Poeta, biógrafo, responsables de novelas de fondo histórico para adultos e destacado autor da literatura xuvenil galega fálanos dos seus proxectos e das súas últimas obras.
Marcos Calveiro (Vilagarcía de Arousa, 1968) exerce a avogacía na cidade de Vigo, onde vive, compaxinando este labor coa literatura. En narrativa para adultos destacan as súas novelas Festina lente e Settecento e no ámbito da literatura xuvenil colleitou numerosos éxitos en forma de galardóns literarios e unha indiscutible aceptación entre o lectorado. Neste último xénero destacan, entre outros, O carteiro de Bagdad, O pintor do sombreiro de malvas ou, o máis recente, Centauros do deserto (Rodeira/Edebé), co que conseguiu o premio Raíña Lupa.
Realizou unha orixinal biografía de Lois Pereiro este ano pasado. Que supuxo para vostede este traballo?
Era a primeira vez que aceptaba un encargo e ademais dunha obra de non ficción. Foi o maior reto ao que me enfrontei como escritor, o de maior responsabilidade e tamén o que máis me cambiou, sobre todo como persoa. E iso que ao final, desesperado pola miña propia incapacidade, fixen algo de trampa e a obra saíu con moita ficción.
O seu O pintor do sombreiro de malvas, co que conseguiu numerosos premios, segue reeditándose. Cal cre que foi clave do seu éxito?
Supoño que a emoción. Unha historia emotiva e emocionante polo que me comentan os lectores. Unha historia na que tiven un guía extraordinario que nunca volverei ter: o propio Van Gogh coas súas palabras e os seus cadros. Gran parte do éxito débolla a el, á súa sensibilidade como artista e como persoa.
Centauros do norte foi a súa última publicación. Que pesa máis nela: a revisión histórica, o cinema, a acción?
O pasado, a miña propia memoria de infancia: a dun neno que quedaba pasmado diante do televisor vendo un western tras outro. O Sétimo de Cabalaría, Xerónimo, o xeneral Custer, o derradeiro mohicano, Shane, o Mississipi, as dilixencias, Grupo Salvaxe, a febre do ouro, Liberty Valance…
Reclamou con frecuencia a relevancia da literatura infantil e xuvenil galega, por que?
As cifras e os datos, ás veces fríos, avalan neste caso a miña reclamación: a LIX é o máis traducido, exitoso, e premiado da literatura galega, pero aínda non se lle dá a importancia que debería ter. Só hai que ver a repercusión nos medios de calquera premio ou publicación de LIX para decatarse da súa escasa relevancia social en moitos casos. Cando publiquei a miña primeira novela para público adulto houbo moitos que descubriron que era escritor, cando xa levaba varias obras de LIX publicadas e premiadas.
A LIX é o primeiro elo na formación lectora, sen ela non habería futuro, os lectores, como os dinosauros, extinguiríanse.
Algún proxecto narrativo?
Estou a traballar, tras case un ano en branco no que non parei de viaxar por centros escolares. Trátase dunha novela de adultos en principio e aínda teño para moitos meses de traballo por diante. Non sei, é unha historia que se me meteu dentro e ata que consiga botala fóra non poderei porme con outros proxectos de LIX que tiña máis inmediatos. Son da opinión de que son as historias ou os personaxes os que o escollen a un e non ao contrario. Eles mandan e eu obedezo.
Esta entrevista viu a luz na sección «Letras Gallegas» da revista Qué leer, nº 173; ofrezo aquí a súa versión en lingua galega.
Noutra dimensión, de Marica Campo e Centauros do norte, de Marcos Calveiro: Literatura xuvenil de primeira
Noutra dimensión
Galaxia, col. Árbore, 220 páxinas,
12,50 €
Marcos Calveiro
Centauros do norte
Rodeira, 136 páxinas, 8,85 euros
Convencido, como estou, do bo momento que atravesa a nosa literatura infantil e xuvenil ocúpome hoxe de dúas mostras deste último ámbito pois ambas as dúas testemuñan, como outras que se poderían escoller, as elevadas doses de madurez, pluralidade e talento que carrexa esta modalidade para nós.
CENTAUROS DO NORTE
Aos éxitos obtidos por Marcos Calveiro nestes eidos –lémbrese tan só O pintor do sombreiro de malvas ou O carteiro de Bagdad- xúntase arestora esta peza, galardoada no seu día na oitava edición do Premio Raíña Lupa que organiza anualmente a Deputación da Coruña a través do concurso dun solvente xurado.
Centauros do norte é unha novela que, con habelencia compositiva e articulada nunha acaída estrutura capitular, sitúa a quen ela se achegue no México da revolución de Pancho Villa a través das experiencias, iniciáticas moitas delas, dun mozo de dezasete anos, músico de profesión, cuxos ollos e vivencias serven para reconstruír un mundo que talvez fique arredado para moitos adultos ou sexa descoñecido para outros tantos lectores novos. O acerto de introducir personaxes reais para dotar de verosimilitude ao relato, como o caso do director de cine Raoul Walsh, mais o deseño solvente doutros, como as figuras do vello filósofo Longinos ou do propio Pancho Villa, conducen a establecer un acaído punto medio entre o que de aventureiro poderían ofrecer as vicisitudes do espazo histórico escollido e o que significa a asunción duns ideais de igualdade e xustiza defendidos ata o último alento. Este inequívoco pouso reflexivo abre o volume a diversos niveis de lecturas, ao meu ver todos ben suxestivos e intensos. Convido asomarse a este volume coa convicción de que non se sairá defraudado.
NOUTRA DIMENSIÓN
Non menos interesante resulta Noutra dimensión, de Marica Campo, que ademais conta nesta ocasión con ilustracións a cargo de Noemí López. Transitara xa estes eidos Marica Campo con pezas como Abracadrabas ou con E Xoel aprendeu a voar, mais teño para min que esta achega talvez supere en ambición ás anteriores, tanto pola concepción do proxecto narrativo como polo seu propio desenvolvemento.
Nas páxinas da novela asístese á reconstrución dun pasado, desde unha idade adulta, usando tres esteos básicos como son o pouso da aventura, o vector da fantasía e mais o plano da realidade. Nun esquema, así pois, que abala entre o arrecendo iniciático do protagonista e as ansias da descuberta doutros horizontes, tendo sempre presente o recurso da viaxe como alicerce da narración, a autora sabe aínda conxugalo con outros motivos presentes nos esquemas máis narrativos tradicionais, e tan rendibles aínda, presentes nos relatos de xorne popular. E, para que non faltase unha refolada contemporánea, non se obvian, para os receptores máis inmediatos da súa obra, con referencias actuais ás novas tecnoloxías que constitúen o día a día de moita mocidade.
Son máis os relanzos temáticos que non se desatenden nesta obra densa e chea, ao tempo, de tantas revoltas: velaí, por exemplo, a relevancia outorgada ao mundo do libro en diferentes dimensións ou esa inveterada sede de xustiza que caracteriza o protagonista. Por outro lado, as recorrentes doses irónicas e humorísticas que pairan aquí e acolá completan un libro compacto e cruzado por abondosos elementos que se proxectan, en moitos casos metaforicamente, nun tempo presente, configurando asemade un lector participativo, o que non é mal obxectivo.
Este texto saíu publicado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 12 de novembro de 2011, baixo o título de «Literatura xuvenil de primeira».

