Tag Archives: Consello da Cultura Galega

Xornada «Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega» (Novas CEF XLII)

O Consello da Cultura Galega organiza unha iniciativa para conmemorar o centenario do poeta de Celanova. Trátase dunha xornada arredor da emigración galega e a figura de Celso Emilio quen pasou sete anos da súa vida en Caracas e experimentou vivencias que foron relevantes tanto na súa vida como na súa obra. A xornada celebrarase o vindeiro 24 de maio en Compostela baixo a coordinación do profesor  Xosé Manuel Núñez Seixas. Premendo nesta ligazón accédese á información sobre a xornada e participantes.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Convocatoria | Coas etiquetas , | 1 Comentario

#Álvaro Cunqueiro, xornalista. Faladoiro en Vigo

Reproduzo a nota informativa sobre este faladoiro no que intervirei mañá ao fío dos actos conmemorativos do centenario Álvaro Cunqueiro:

O xoves día 1 de decembro ás 20 horas celebrarase na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) en Vigo o undécimo e último dos faladoiros incluídos no programa do Centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). O escritor e director da editorial Galaxia, Victor Freixanes, a profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra, o ensaísta e crítico literario Ramón Nicolás e o xornalista e conselleiro de “Faro de Vigo”, Ceferino de Blas, falarán sobre “Álvaro Cunqueiro, xornalista”.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Convocatoria, Faladoiro, Xornalismo | Coas etiquetas , , | Leave a comment

Poesía 1933-1981 e Álvaro Cunqueiro en Ortigueira

 

Álvaro Cunqueiro

Poesía 1933-1981

Galaxia, Vigo, 2011, 308 páxinas, 19,90 €

 

Constituía realmente unha necesidade, e deixar pasar este ano sería unha oportunidade lamentablemente perdida, a de ofrecer aos lectores unha edición da obra lírica de Álvaro Cunqueiro que, dalgún xeito, puidese incorporar esoutras composicións poéticas que ata hoxe non se compilaran en forma de libro e que durmían no esquecemento das hemerotecas. Este foi o obxectivo dos profesores Xosé-Henrique Costas e mais Iago Castro que xuntan nun volume, alén do neotrobadoresco Dona do corpo delgado publicado en 1950 e desa peza única chamada Herba aquí e acolá, volvendo recoller aquí  só os poemas que se presentaban na edición de 1980,  a sección Outros poemas, talvez o capítulo de maior interese, sobre todo por se completar con medio cento de composicións, escritas maioritariamente entre 1933 e 1960, recollidas agora por vez primeira en forma de libro.

          Non menos celmosos resultan os denominados “poemas apócrifos”, con 13 composicións que, nese xogo paródico tan do gusto do mindoniense, deu a coñecer como supostas traducións de poetas estranxeiros que, na realidade, nunca foron nin existiron, ou máis ben foron e existiron unicamente na súa imaxinación. Velaquí, así pois, un grupo de  “alófonos fantásticos”, en feliz terminoloxía dos seus introdutores, talvez a parte máis substanciosa e suxestiva do que esta achega supón. Por último, a edición complétase co epígrafe “Paratextos” un feixe de apuntamentos, comentarios ou debuxos que do autor sobre os novos poemas ou sobre as falsas traducións. Mágoa, unicamente, que a publicación ignore a referencia, como debería ser de regra a meu entender, da fonte desde a cal estes poemas aparecen aquí felizmente rescatados.

         Con todo, esta Poesía 1933-1981 vólvenos ao pracer de asomarnos a esa sorte de manantío, textual e literario, seica inesgotable e sempre novo, que simboliza a poesía cunqueiriana para a nosa tradición literaria.

 

O CUNQUEIRO MENOS COÑECIDO

 Claudio Rodríguez Fer (editor)

Álvaro Cunqueiro en Ortigueira

Consello da Cultura Galega-Concello de Ortigueira

Ed. non venal, Santiago de Compostela, 2011, 56 páxinas.

       

Por outra banda, o Consello da Cultura Galega e mais o Concello de Ortigueira impulsaron unha publicación, de carácter  non venal e introducida documentadamente polo profesor Claudio Rodríguez Fer, na que se recollen, logo dunhas palabras limiares de Ramón Villares, unha serie de artigos que Cunqueiro publicou en Era Azul, un semanario editado en Santa Marta de Ortigueira, e outros tres textos que viron a luz en “La Voz de Ortigueira” nun tempo posterior a aquel outubro de 1936, cando o mindoniense se establece neste vila costeira para se dedicar á docencia nun colexio privado; un labor que compaxinará coa redacción de colaboracións inspiradas nos principios ideolóxicos do falanxismo, o que posteriormente lle abrirá as portas para seguir unha traxectoria profesional sempre relacionada coa práctica do xornalismo.

   Alén dos contidos que encerran nestas prosas exhumadas,  de carácter fortemente apoloxético respecto da causa falanxista e, nalgúns momentos, de tonalidade intensamente ultraconservadora, o certo sempre é que se amosan gobernadas por un peculiar e significativo caudal imaxinativo, de xinea culturalista e, sobre todo,  posibilitan un cabal e rigoroso coñecemento das actividades que Cunqueiro desenvolveu nun período moi concreto como foi o da propia guerra civil.

 

Esta recensión saíu publicada nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 1 de outubro de 2011 baixo o título de «Universo Cunqueiro».

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Crítica literaria, Efeméride, Poesía, Xornalismo | Coas etiquetas , , , , , | 2 Comentarios

poesiagalega.org

Descubro un tanto serodiamente, aínda que xa coñecía algunhas dilixencias previas á iniciativa, este proxecto de investigación que ofrece xa, ao pouco de botar a andar, un amplo abano de recursos dixitais centrados na nosa poesía contemporánea e que ve a luz, en colaboración co Consello da Cultura Galega, mercé os esforzos do denominado Grupo Alea de Análise Poética (GAAP-USC).

O devandito grupo de traballo, coordinado polo profesor Arturo Casas e composto por  Iris Cochón, Lorena Domínguez Mallo, Margarita García Candeira, María López Sández, Isaac Lourido, Chus Nogueira, Montse Pena, María do Cebreiro Rábade e Iria Sobrino, ao que se engadiron investigadores externos como son Helena González, Dolores Vilavedra, Olivia Rodríguez, Ana Acuña, Miro Villar e José Luís Forneiro, xunto con Laura Mariño, coido que leva camiño de converter este sitio web nun espazo de referencia para o coñecemento e difusión da nosa poesía  e, de feito, poesiagalega.org dispón xa dunha máis que apreciable base de datos  que incorpora textos de carácter crítico, abondosas fotografías, diversos rexistros sonoros e gravacións de vídeo, de enorme utilidade para a investigación literaria ao erixirse como un recurso dixital sinxelo, con contidos rigorosos e, para min, de consulta obrigada.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Crónica, Poesía | Coas etiquetas , , , | Leave a comment

Letras gallegas en Qué leer, nº 162

 

  CITAS OBLIGADAS PARA EL NUEVO AÑO

Ocupada la crónica del mes pasado con el fallecimiento de Francisco Fernández del Riego, centramos esta página en un breve balance narrativo del año anterior y algunos de los acontecimientos  que se anuncian para este 2011

 

ALGO DE LO MÁS SIGNIFICATIVO

A pesar de que ha sido innegable la disminución cuantitativa en la oferta editorial gallega de este pasado año, me resulta difícil recordar un año en el que hayan coincidido novelas, libros de relatos, poemarios o ensayos de tanta altura e interés. Es imposible aquí abarcar todos los géneros de manera que me ocuparé de cinco destacadas novelas que concitaron el beneplácito de crítica y  lectores.

En narrativa me quedaría con Periferia, de Iolanda Zúñiga, premio Xerais de este año, por su fuerza, su heterodoxia y compromiso y añadiría Todo é silencio, de Manuel Rivas, por su habilidad para tejer un tapiz en el que se ahonda en las tiranías ejercidas desde el poder; no olvidaría tampoco Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes, por su valor como retorno de un gran narrador con una pulida obra mayor; finalmente incluiría Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, por abrir nuevos y exitosos caminos para el género negro y Obediencia, de Antón Lopo, premio García Barros 2010, con el que amplía con acierto las fronteras de la ciencia ficción.

 LO QUE VIENE

[En el aspecto cultural] además de la apertura parcial de la polémica y costosa “Cidade da Cultura” en el Gaiás compostelano, después de más de una década desde el inicio de las obras, concretamente de sus dos primeros edificios dedicados a la biblioteca y al archivo, serán básicamente dos los autores sobre los que girará la atención mediática de este año.

En primer lugar buena parte de las publicaciones previstas se vertebrarán alrededor de Lois Pereiro, figura que como ya avisamos en una crónica anterior, ocupará indudables esfuerzos editoriales al haber sido elegido como homenajeado para el Día das Letras Galegas. De hecho, resulta significativo que ya se encuentren en circulación diversas publicaciones madrugadoras como el estudio del pintor y ensayista Antón Patiño titulado Radiografía do abismo (Espiral Maior) al que añadirá próximamente Dicionario de sombras, sobre idéntico asunto. A esto cabe añadir la reedición a cargo de Edicións Positivas de sus dos poemarios más conocidos y la edición de un inédito titulado Conversa ultramarina: un diario epistolar dirigido por Pereiro a Piedad Cabo. Finalmente, no se puede obviar la espléndida Fotobiografía sonora, a cargo de Ouvirmos, donde el sello lugués incluye un abundante corpus documental y fotográfico que revisa la trayectoria biográfica y literaria de Pereiro a cargo de Xosé Manuel Pereiro, periodista y hermano del poeta, Manuel Rivas, Lino Braxe y Xurxo Souto, junto con dos discos compactos, que recogen música y poesía. No serán, ni mucho menos, las únicas publicaciones sobre el autor monfortino, como iremos viendo a lo largo de este año.

 Otro de los personajes literarios  de quien se hablará, y mucho, este 2011 será del escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, de quien se celebra el centenario de su nacimiento, como se celebrará en el 2012 el centenario de Celso Emilio Ferreiro.  Por lo menos están proyectadas, de la mano del Consello da Cultura Galega, un conjunto de ambiciosas actividades entre las que destacan un congreso que tendrá lugar en el mes de septiembre, además de lecturas dramatizadas y un nuevo montaje de la pieza teatral O incerto señor don Hamlet.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Crónica | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Leave a comment