-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog Costa do Solpor
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
"Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Galaxia IES Valadares Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos Marcos Calveiro María Reimóndez Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Rinoceronte Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Xoán Carlos Domínguez Alberte Álvaro Cunqueiro Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (49)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (7)
Banda deseñada (5)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (5)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (298)
Crónica (80)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (198)
Docencia (2)
Documental (4)
Edición (1)
Editorial (6)
Efeméride (23)
Ensaio (103)
Entrevistas (55)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (14)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (36)
Literatura infantil (30)
Literatura xuvenil (17)
Manuscrito (113)
Música (15)
Narrativa (130)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (15)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (18)
Obituario (1)
Opinión (70)
Poesía (151)
Premio (48)
Presentación (26)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (12)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (44)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (31)
Vendas (2)
Video (76)
Video promocional (3)
Xornalismo (10)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Dolores Vilavedra
Dolores Vilavedra sobre Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro
A profesora e crítica Dolores Vilavedra escribe nas páxinas de Praza Pública as súas impresións arredor de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. A miña gratitude pola súa lectura.
Integrando neste epígrafe de non ficción Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a monumental biografía do celanovés preparada por Ramón Nicolás, son consciente de incorrer en certa contradición pois xa o propio poeta se preguntaba que pode haber que sexa máis ficticio ca unha biografía, xénero que definía como unha “invención” que tiña como obxectivo “captar la faceta esencial del alma del biografiado” para “construír una especie de esquema interpretativo, siempre parcial”. Pois ben, abofé que Nicolás consegue isto, e moito máis: anos de entrevistas, de furar nas hemerotecas e de axuntar documentación permítenlle non só debuxar unha imaxe máis fonda e matizada do home e do autor senón tamén completar a crónica literaria e política dun tempo aínda non abondo historiado.
Mais o biógrafo é quen de non estrangular o seu alento creativo: o discurso combina o rexistro factual e obxectivo con puntuais incursións noutro máis libre, xogando ás veces a recrear de xeito indirecto a voz e o punto de vista de Ferreiro e verquendo aí as páxinas máis fermosas desta obra senlleira, como as que abren o capítulo 14, nas que rastrexamos con emoción a pegada do comezo da Alba de gloria.
A narrativa galega na fin de século, de Dolores Vilavedra
A narrativa galega na fin de século
Galaxia, Vigo, 364 pp., 24 €
Son sempre precisos, e benvidos, títulos que afonden e diagnostiquen, con espírito crítico, a saúde do noso sistema literario. A profesora Dolores Vilavedra, aínda coa pexa da proximidade temporal e as dificultades inherentes que iso conleva, atrévese a facer unha lectura propia diseccionando, con solvencia analítica e manexando abondosa documentación, o que ocorreu na nosa narrativa desde finais dos anos oitenta ata case hoxe mesmo. O estudo, que xa é de referencia, deita un resultado final satisfactorio e non esquece nin elude a relevancia que para a última narrativa galega tiveron os aspectos contextuais, os debates e os conflitos xerados no seo do propio sistema.
Baixo o título de «Diagnóstico da nosa narrativa» este texto publicouse na sección «recomendacións» de La Voz de Galicia o 21 de marzo de 2001.
Cartografía de Xohana Torres na revista Grial (nº 188)
Grial 188
Víctor F. Freixanes / Henrique Monteagudo (dirs.)
Galaxia, Vigo, 140 páxs., 12 €
Todo un acerto, ao meu ver, nuclear esta última entrega da histórica Grial na figura e, sobre todo, na obra de Xohana Torres. Talvez poucas escritoras foron e son tan referenciadas no mapa poético galego contemporáneo coma ela e, se cadra, a proxección da súa obra non sexa a que en xustiza lle correspondería.
Así pois, coa intención de fomentar a necesaria revisión e valoración das súas achegas literarias, Grial acolle un monográfico coordinado pola profesora Dolores Vilavedra que dá a coñecer diversos asedios críticos sobre moi diversas facetas creativas da autora de Estacións ao mar, subscritos por Helena González, Olga Novo, Iolanda Ogando e Montse Pena, todos eles de lectura obrigada.
Fóra destas páxinas non falta a imprescindible evocación de quen tanto tivo que ver coa propia revista como foi Francisco Fernández del Riego ou unha interesante entrevista co lingüista brasileiro Dante Lucchesi. Por último, alén das seccións habituais, saliento un pequeno ensaio titulado «Por un proxecto de futuro para o idioma galego» subscrito por Henrique Monteagudo -a disposición en pdf na web de Galaxia- e as interesantes colaboracións de xorne máis literario que veñen da man, nesta ocasión, de Román Raña e Iván García Campos.

