-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Vigo Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (4)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (290)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (187)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (99)
Entrevistas (51)
Exposición (2)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (25)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (105)
Música (14)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (145)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Edicións Xerais de Galicia
15.724, de Xesús Constela
Xesús Constela
15.724
Xerais, Vigo, 248 páxinas, 17,50 €
Agardaba con interese esta nova proposta narrativa de Xesús Constela (Ferrol, 1963) pois tras catro anos do seu Shakespeare destilado botábase en falta o seu concurso entre os narradores de noso con máis cousas que dicir. A espera, ao meu ver, pagou a pena pois Constela constrúe un discurso narrativo celmoso e, ao tempo, poliédrico.
Quen a esta novela se achegue advertirá como o autor ideou e concibiu unha minuciosa estratexia que parte, por outro lado, do enigma que supoñen os díxitos empregados para titular esta proposta narrativa. O lector discorre por ela con naturalidade e, sobre todo, cédelle axiña a necesaria complicidade que resulta operativa para situarse nun universo espacial emprazado nun tempo futuro que, con todo, se presenta ben transparente e case tanxible, exposto nunha inequívoca clave alegórica na que o territorio é o dunha patria que se asenta “no lombo dunha ave durmida”, rodeada dun lugar estraño e afastado, que nunca se pode cruzar, separada do resto do mundo baixo un omnipresente símbolo que é o armadillo e presidida polo chamado Gran Mariscal, desde quen emanan unhas leis de inspiración marcial contidas no chamado “Libro dos Protocolos”, a través do cal van coñecéndose os alicerces da sociedade. Este é o contexto no que se desenvolven as vivencias dunha familia, marcada certamente por un fado negativo, onde o máis relevante talvez non repouse nas as idas e voltas que se nuclean arredor dun suposto crime, senón na chamada de atención arredor das verdadeiras intencións que rexen os resortes do mecanismo xudicial vixente naquel espazo e, en xeral, do conxunto de normas e regras impostas desde a instancia dun poder intocable e tantas veces arbitrario, onde non é menor a influencia dos medios de comunicación, simbolizada nos escritos de Leo K., quen coas súas crónicas xornalísticas publicadas na “Gaceta do Val” é quen de redirixir e manipular ao seu antollo boa parte da opinión pública dunha sociedade, xa de seu, manipulada e teledirixida.
É esta, ao tempo, unha novela na que se fala dos ámbitos do sentimento que agroman entre irmáns e irmás, dos vincallos invisibles que en tantas ocasións ninguén nin nada pode romper, quer entre os irmáns xemelgos chamados Nube e Gordo, quer entre o último e o protagonista Samuel R., en quen se observa, sen dubidalo, un personaxe cheo de matices, de contradiccións e de enorme forza solidaria. Engádanse a todo isto asuntos, se se quere secundarios mais que talvez non o sexan, como son a fronteira indeterminada entre cordura e tolemia ou as reflexións sobre o concepto de submisión e a aplicación da pena de morte.
Todo o dito constrúe unha novela que exhibe un interesante xogo de voces narradoras que flutúan desde o distanciamento, un tanto aséptico do comezo, ata adoptar, inevitablemente, unha perspectiva na que se toma parte activa nos feitos relatados. Gustoume, en fin, esta novela: unha diáfana alegación en contra da sociedade oligárquica e controladora da vida dos cidadáns e cidadás. Velaí, ao meu xuízo, un dos seus méritos, e non quixera concluír sen salientar a atractiva foto de cuberta que chega da man de Anxo Cabada (autor tamén da foto do autor que arriba reproduzo). Lean e xulguen.
Esta recensión, minimamente retocada, publicouse baixo o título de «Alegación contra as oligarquías», nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 19 de maio de 2012.
De xente nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde, de Xosé Fernández Ferreiro
De xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde
Xerais, Vigo, 2012, 176 páxinas, 16,15 €
Lin con atención e interese esta entrega de Xosé Fernández Ferreiro, situada a cabalo entre a crónica e o exercicio xénero memorialístico; un libro inspirado, como se confesa no limiar do mesmo, nunha intervención que Fernández Ferreiro ditou no seo dunha homenaxe tributada no antigo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil hai algún tempo e organizada polo Pen Clube de Galicia.
O certo é que este volume enriquece notablemente o xénero entre nós pois é abondosa e intensa a cantidade de información e documentación, de estimable valor histórico e sociolóxico, que o autor de Nogueira de Ramuín deita nestas páxinas. Algo especialmente operativo para coñecer, de primeira man, capítulos da nosa historia literaria -tamén cultural e política- máis recente, sendo algúns protagonizados por quen nolos relata e noutros actuando como testemuño fiel do acontecido. É este, así pois, un libro de intención propedéutica, agás se cadra nalgúns brevísimos capítulos, que transitan por anécdotas pouco substanciais mais que entendo como recurso para distender a lectura. É máis relevante, ao meu ver, esa evocación do camiño percorrido desde a agrupación denominada «Xente Nova» até os anos de «Brais Pinto«, grupo este último que cada vez máis demanda unha rigorosa e clarificadora análise pois sen dúbida o seu labor vai cobrando outra dimensión do que ata agora se recolle nas investigacións ou interpretacións máis ao uso, sobre todo pola vontade renovadora, ou se se quer pioneira, que desenvolveu en moitos ámbitos.
Esta achega supón un certeiro avance na recuperación dos fíos soltos e do que significou Brais Pinto baixo o punto de vista dun dos seus integrantes, desempoando capítulos talvez esquecidos polo paso do tempo ou, nalgúns casos, ocultados ou minimizados. Cómpre agradecer o esforzo que Fernández Ferreiro depositou en fiar todas as lembranzas e ofrecérnolas mercé un rexistro rápido, fluído e altamente informativo. Para quen isto subscribe, que gusta moito destes libros, supuxo unha lectura ben proveitosa.
Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez
Cita en Fisterra
Xerais, Vigo, 2011, 208 páxinas, 17 €
Se do libro do fundamental libro de Manuel Antonio, De catro a catro, adoita dicirse que nel se percorren os vieiros dunha dupla viaxe: a que singularmente permite transitar exteriormente polo que as singraduras marítimas suscitan e a que é resultado dunha procura máis persoal e íntima, penso que non é desatinado apuntar que este Cita en Fisterra posúe certos ecos desta estrutura, salvando as diferenzas que, loxicamente, son moitas.
Talvez quen se achegue á proposta precisará dun compás, ou se cadra non, que o oriente respecto da natureza desta entrega: un libro de viaxes arredor do que ao escritor lle suxire un espazo xeográfico moi concreto, isto é, Muros, Xallas, Fisterra, Soneira e mais Bergantiños…, esa chamada Costa da Morte (do Sol)?, unha reportaxe xornalística a xeito de crónica?, unha colectánea de artigos de opinión?, ficción composta de relatos que, suturados, arremedan unha novela?, un exercicio de memorialismo?, unha sorte de xeografía sentimental…? Pois, na realidade, esta achega de Luís Rei asume conscientemente trazos de todos os modelos anteriores e o resultado, con franqueza, non resulta en absoluto carente de interese.
A previsible pexa da heteroxeneidade que se podería aducir, ao meu ver, esvaécese xustamente pola solidez da estratexia desde a que estas prosas se conciben: a mestura de xéneros ou de filiacións narrativas retroalimentan pluralmente esta proposta singular, asentada, cómpre dicilo, tanto nunha prosa extraordinariamente coidada e dotada de moita plasticidade como na exhibición dun pouso irónico que, cando menos a quen isto subscribe, lle parece unha decisión moi acaída e, ao tempo, necesariamente distanciadora.
A carón, así pois, de acontecementos dos que a voz narrativa, doadamente coincidente coa autorial, vai revelando e que pertencen a esa esfera do máis íntimo e persoal (lecturas, pensamentos, reflexións…) Cita en Fisterra vén sendo unha bitácora que espella a viaxe realizada ao longo de sete xornadas por ese territorio amentado e que, polo mesmo, tamén se pode entender como unha continuación doutra entrega narrativa que o autor subscribira hai vinte anos baixo o título de Imán Fisterra, compartindo as dúas o devezo por reflectir “a beleza afouta da paisaxe” e “a contumacia con que esa beleza recibe toda caste de agresións dun moi pernicioso urbanismo de barra libre”. A esta vontade explícita, e mais a outros obxectivos nos que salienta unha ollada curiosa e sempre aleuta, contribúe un coro de voces que aparecen aquí e acolá, composto por emigrantes, músicos, escritores, fotógrafos, xentes do común, pintores…, que posibilitan coñecer un monllo de historias, sucedidos e biografías que, nunha lectura máis ampla, fan que esta Fisterra recreada ben poida ser Galicia enteira ou, se cadra, como sinala o propio Rei, “un estado de ánimo”.
Sexa como for, recomendo este libro pois as viaxes contadas sempre atesouraron moitos saberes en ferrados de palabras.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 25 de febreiro de 2012, baixo o título de «Fisterra, metonimia de Galicia».
Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía, de Charo Portela Yáñez
Charo Portela Yáñez
Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía (ilustracións de Jaime Asensi)
Xerais, col. Merlín, Vigo, 2012, 104 páxinas, 9 €
Chegoume onte este ensaio e non puiden evitar a tentación de priorizar a súa lectura tanto polas expectativas depositadas neste traballo que sabía ía realizar Charo Portela como pola revisión biográfica de Paz Andrade, en clave sintética e divulgativa, que agardaba. E o certo é que non me defraudou en absoluto, tal e como sospeitaba dunha investigadora e ensaísta como Portela, que xa posuía unha traxectoria fecunda e solvente no ámbito das investigacións e exhumacións textuais vinculadas coa figura de VPA.
Tendo sempre presente que o este traballo concreto -agárdase outro estudo da súa autoría de maiores dimensións na mesma casa editora- está orientado cara a un lectorado fundamentalmente novo mais tamén cara a aquel que pouco ou nada coñece arredor da figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas, coido que a autora chega a un acaído punto medio que redimensiona con xeito os diferentes focos de interese que unha biografía como a de VPA pode ofrecer, porque este libro é, sobre todo, un exercicio biográfico moi documentado e construído cun discurso expresivo efectivo e fluído que permite, ademais, asomarse a algunhas facetas do escritor pontevedrés que até o de agora resultaban pouco difundidas ou coñecidas.
O fío cronolóxico, así pois, que se emprega como criterio desta biografía é o que posibilita viaxar no tempo desde os primeiros anos de VPA ata o seu labor na chamada transición; desde a súa valoración e perspectivas respecto da lingua galega ata o seu traballo político; das vivencias experimentadas na guerra á súa relación con Castelao ou desde o seu traballo a prol da modernización da pesca galega a iniciativas proxectadas en traballos de corte literario ou creativo, avanzando sempre con soltura e apoiándose, cando é preciso, tanto na reprodución dun apreciable corpus fotográfico e documental, incluíndo neste último grupo fragmentos epistolares, poéticos, ensaísticos, xornalísticos ou doutra índole que serven para iluminar socalcos vitais e profesionais que revelan a intensidade dunha vida.
O libro de Charo Portela, acompañado das atractivas ilustracións de Jaime Asensi, deixa ás claras ese perfil integrador de VPA, que desenvolveu tarefas como avogado, político, empresario e literato dominado por un incuestionable compromiso co país como sinala a biógrafa. Ademais, é Portela quen se responsabiliza dunha equilibrada e representativa escolma textual do propio VPA recollendo textos poéticos, xornalísticos ou ensaísticos, de moita utilidade tanto no ámbito docente como noutros territorios que estean dominados pola curiosidade e o coñecemento.
Vaia tropa!, de Antón Cortizas
Vaia tropa! (ilustracións de Mª Reyes Guijarro)
Edicións Xerais, Vigo, 120 páxinas, 12,90 €
Había xa certo tempo que quería deixar aquí as miñas impresións sobre Vaia tropa! de Antón Cortizas, un libro que hai que inserir, por dereito propio, nese camiño que pretende vivificar o discurso poético dirixido a primeiros lectores e que o fai optando por un camiño que non é doado, isto é, abeirándose a unha estética raiana cos denominados «nonsenses» e con aquilo considerado rotundamente absurdo.
A súa proposta, desprexuizada e heterodoxa, paréceme traballada desde a intelixencia e o enxeño. Promove ademais, desde un ricaz espírito lúdico, o achegamento á linguaxe poética con suxestións e achados en ocasións moi sorprendentes e efectivos, instalándose tamén nas proximidades dos chamados limericks, deitando un resultado global máis que satisfactorio sobre todo, ao meu xuízo, porque o autor nada ademais entre as augas do humor e a ironía, sen deixar entrever outras preocupacións temáticas que o lector deberá ir descubrindo segundo as súas propias capacidades.
Vaia tropa!, por outro lado e talvez aí resida un dos seus encantos, permite pero desaconsella, unha lectura plana e acougada; moi ao contrario é este un libro que cómpre xiralo, erguelo ao nivel dos ollos ou baixalo para atopar a perspectiva axeitada e poder ler algunhas composicións…, cómpre ler de dereita a esquerda e de esquerda a dereita, cómpre axudarse dun espello que o libro inclúe para ler cabalmente algúns poemas e posibilita, en fin, que cadaquén entenda como queira as metáforas ou descubra o que é un caligrama… Non é pouca cousa, abofé, o que esa proposta vitalista e divertida encerra.




