-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog Costa do Solpor
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
"Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Galaxia IES Valadares Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos Marcos Calveiro María Reimóndez Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Rinoceronte Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Xoán Carlos Domínguez Alberte Álvaro Cunqueiro Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (49)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (7)
Banda deseñada (5)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (5)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (298)
Crónica (80)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (198)
Docencia (2)
Documental (4)
Edición (1)
Editorial (6)
Efeméride (23)
Ensaio (103)
Entrevistas (55)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (14)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (36)
Literatura infantil (30)
Literatura xuvenil (17)
Manuscrito (113)
Música (15)
Narrativa (130)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (15)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (18)
Obituario (1)
Opinión (70)
Poesía (151)
Premio (48)
Presentación (26)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (12)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (44)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (31)
Vendas (2)
Video (76)
Video promocional (3)
Xornalismo (10)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: En vías de extinción
Encontro sobre «En vías de extinción», de María Reimóndez, no Club de Lectura «Lendo no Galiñeiro»
Pasou María Reimóndez polo club de lectura «Lendo no Galiñeiro», concretamente o que se destina ao profesorado, persoal non docente e pais e nais do alumnado do IES Valadares de Vigo.
O motivo, loxicamente, establecer un faladoiro arredor da súa última novela, que resultou extraordinariamente intenso. Reimóndez desvelou que a novela responde a un intento de «entender a propia vida» e que se integra nun proxecto narrativo de longo alcance que cristalizará en posteriores entregas.
Ao longo do diálogo aflorou en moitos momentos o efecto que denomino «a emoción de ler», algo que non ocorre con todas as propostas narrativas, vinculado ás veces con continxencias e lecturas persoais mais tamén coa estratexia de estrañamento que a propia lectura provoca. Falouse da concienciuda estrutura da novela, das situacións de marxinalidade, da pretensión de obter visións máis globais, das ideas críticas que percorren este libro, das identidades, do título como «voz de alarma» dos mundos que se transforman, do galego de Lugo como homenaxe ás raíces lingüísticas, e mesmo do que se pode facer coa illa de Toralla; non se esqueceu tampouco deterse no labor da ong Implicadas no Desenvolvemento.
Sospeitei sempre que esta novela tiña un longo percorrido pois gozaba do raro poder de activar resortes en que se achegue a ela e onte, unha vez máis, quedou confirmado. Grazas a María Reimóndez por compartir este serán tan brillante (fotos do encontro de Anxo Cabada).
Top 10. Narrativa galega 2012
Na última entrega de Biblos que estes días comeza a se distribuír -revista, por certo, que completa sesenta números que viron a luz ao longo de dez anos-, dou a coñecer, na habitual sección «Breviario», unha listaxe do que considero como o máis salientable no eido da narrativa galega publicada este ano pasado. Como sinalo no comezo faltan, con certeza, outros títulos, e mesmo algúns que foron moi do meu agrado. Velaquí o artigo:
<<Coma sempre, ao comezar un novo ano e botar a vista atrás resulta inevitable revisar o que se leu, e compendiar ao que meu xuízo foi o máis salientable. Velaquí un top 10 de carácter persoal, loxicamente, sen orde de prioridade e que se centra na narrativa publicada en lingua galego o ano pasado. Asumo que nel non se inclúe todo o que realmente me gustou, alén de dúas ou tres novelas aparecidas no momento en que isto redacto e que poderían modificar esta escolla. Dun ou doutro xeito aquí está:
1. As voces baixas, de Manuel Rivas. Deses libros que resoan na memoria de quen o le, pola intensa brillantez con que foi escrito, pola sinceridade e emotividade que desprende.
2 A forma das nubes, de María López Sández. Premio narrativa breve Repsol 2011. Ao meu ver unha das sorpresas do ano dunha autora de extraordinario potencial.
3. Palabras de auga, de Marcos Calveiro. Premio Merlín 2012. Unha historia estremecedora e comprometida para afondar en realidades que non vemos ou non queremos ver, tamén na propia condición humana.
4. En vías de extinción, de María Reimóndez. Novela que sabe a liberdade, que arrecende talento, sempre nos camiños da heterodoxia e a reflexión: imprescindible.
5. Verde oliva, de Xavier Alcalá. Experiencia e sabedoría narrativa para afondar con brillantez nos días previos da chegada de Fidel Castro ao poder.
6. Dúas letras, de Fina Casalderrey. Un libro que é un luxo: un relato poderoso e milimetrado que inspira unha magnífica curtametraxe.
7. Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño. Á sombra dos mitos da Materia de Bretaña, unha reflexión magnífica sobre os conceptos da impunidade e da culpa.
8. O curioso mundo das persoas normais, de Xosé Monteagudo. Retratar a paisaxe e os sentimentos da vida cotiá desde a perspectiva de alguén, que só é quen de outeala, non é doado e o autor é quen de emocionar.
9. Os fillos do mar, de Pedro Feijoo. A proposta incorporou tantos lectores á narrativa de noso que só por iso xa é de agradecer. Ademais, non lle falta pericia narrativa, talento e engado. Outra agradable sorpresa da tempada literaria.
10. 15.724, de Xesús Constela. Cun substrato que é unha alegación contra as oligarquías e a pena de morte, o autor ofrece un espléndido exercicio narrativo que non decae nin na derradeira páxina>>.
Manuscritos: María Reimóndez (I)
Non hai moito salientei o que, a meu entender, significaba En vías de extinción, de María Reimóndez, unha novela empoleirada nas últimas semanas nos libros máis vendidos e que está a obter o recoñecemento da crítica.
E, xustamente, dese volume amentado e por cortesía da autora, achego unha mostra caligráfica dun dos cadernos de anotacións que o viu nacer e mais a súa cuberta (reproducida na parte inferior deste apuntamento).
María Reimóndez, segundo confesa, escribe sempre inicialmente en cadernos e logo incorpora as súas anotacións ao ordenador. Nesta primeira versión salienta a práctica ausencia de correccións e marcas no manuscrito, tan só unha para sinalar que a páxina xa se reproduciu no arquivo correspondente do ordenador, existindo noutras páxinas algunhas outras emendas motivadas polos frecuentes cambios de nome que adxudica aos seus personaxes. Neste caso, o libro escribiuse coas ideas moi claras nun período que non foi máis alá de tres semanas intensas de traballo, entre as cidades de Bangor e Múnic, polo que os contidos dos cadernos e o resultado final que se pode comprobar no libro editado son moito máis próximos ca noutras ocasións.
En vías de extinción, de María Reimóndez
En vías de extinción
Xerais, Vigo, 2012, 400 páxinas, 21 €
Hai novelas, é unha opinión, que poden pasar á posteridade por un capítulo luminoso, pola armazón técnica, polo desenvolvemento atinado dun argumento. Descoñezo se algúns dos motivos amentados, ou outros distintos, poderán asignárselle no futuro a esta proposta que me ocupa; sexa como for, a meu entender, En vías de extinción merece, cando menos, ser lida e valorada pola frescura, modernidade, rebeldía e
heterodoxia que, sen dúbida, atesoura.
Non resulta doado, malia todo, sintetizar os elementos axiais que gobernan esta voluminosa entrega; até o que puiden advertir algúns dos alicerces que a constrúen fan pensar nunha novela de protagonista, aínda que tamén sexa coral pois non se esquezan os ben singularizados Adela, Tom, Doris, o señor Manuel, Alicia ou os cans Roxo e Risco. É Gaia, así pois, o personaxe central perfilado cun buril tan incisivo e limpo, que muda desde Mariña até ese nome, o que transmite unha engaiolante personalidade marcada pola persuasión e mais pola defensa –argumentada e rotunda- das súas propias conviccións, sexan estas estritamente persoais ou de proxección colectiva, ofrecendo aquí unha inequívoca panorámica que retrata con intelixencia o noso tempo actual, especialmente diáfana tanto na maxistral e esmagadora defensa do propio idioma como no que se rastrexa nun monllo de textos abeirados ao ensaio e encabezados baixo o título de “Teoría e práctica do discurso”, nos que se reflexiona sobre a ecoloxía en Galicia, arredor do papel ético dos intérpretes e outros asuntos de perenne actualidade.
A novela, e non só por esa cuberta na que se incorpora unha árbore en parte grafitada nun muro e noutra como é natural de ver, amosa esa dualidade pola que transita a protagonista, a cabalo de desexos truncados ou talvez acadados, entre as súas raíces, rurais e omnipresentes porque ao tempo tamén a definen, e a súa vida cotiá desenvolta en distintos ámbitos profesionais e vitais. Non resulta gratuíto que as distintas epígrafes da novela respondan a nomes de árbores, nin tampouco que a cerna e as vetas espellen diversos momentos vitais de Gaia, reflectindo quer a nenez e a historia familiar; quer o seu traballo de intérprete, quer a relación sentimental cunha cantante de nome MK; sen obviar ese tempo inmediatamente anterior ao presente onde o saibo da empanada que lembra da casa natal realiza a mesma función que a madalena de Proust nin, finalmente, esoutro plano no que se evocan os anos primeiros na aldea e as vivencias nunha cidade como Vigo.
Todo o devandito non se amosa dun xeito lineal e é por iso polo que se esixe unha implicación activa de quen a ela se achegue, sen que isto nunca se erixa como unha barreira infranqueable: os acontecementos van e veñen, arrinca talvez in media res e salta por riba de espazos e tempo, cun diálogo acaído de voces narrativas, ata que todo converxe con naturalidade alicerzando esa sorte de etopea dun personaxe, agromando así ese perfil que enraiza nunha sólida e rotunda defensa da (bio)diversidade, exhibindo unha crítica, mordaz e demoledora, por exemplo, do sempiterno ventar público das intimidades das persoas ou afondando na verdadeira dimensión dos conceptos de rebelión e intransixencia. Unha reserva de palabras e sentimentos para rescatar o que, estando en vía de extinción, aínda podemos salvar, sobre todo a liberdade, persoal e colectiva.
Esta recensión publicouse baixo o título de «Rebeldía e heterodoxia» no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 14 de xullo de 2012.
En vías de extinción, de María Reimóndez (presentación)
Onte asistín á presentación de En vías de extinción, a última novela de María Reimóndez, na Feira do Libro de Vigo. Non frecuento como debera as presentacións mais unha amiga pedírame que asistise e alí fun. O acto, presidido simbolicamente por un feixiño de ponlas e talos de árbores do país, decorreu con simpatía e, para min, con indubidable interese. Tanto Manuel Bragado como Michael Skinner diseccionaron con estilo propio senllas lecturas do orixinal, significativamente coincidentes en moitos aspectos. Un libro, ao que parece, radical -que vén de raíz-, innovador, plural, que esculca na verdadeira faciana de moitas cousas, que defende o dereito á intimidade e á biodiversidade, con argumentos literariamente contundentes mais tamén con retranca. Dou fe, lendo xa as primeiras páxinas deste libro, que hai moito disto, o que me comprace extraordinariamente pois tamén precisamos textos literarios deste xorne, que nos axuden tamén a pensar.
María Reimóndez, ao final, leu tres breves anacos que iluminaron con acerto e claridade os principais sentidos dunha novela que, conxecturo sen moito medo a errar, que ha ser un dos libros máis destacados da tempada.




