-
Lista de ligazóns (blogroll)
- A canción do náufrago
- A noite branca
- A sega
- Alvarellos Editora
- As crebas
- As escollas selectivas
- Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Biblos
- Blog Centenario Francisco Fernández del Riego
- Blog de Agustín Fernández Paz
- Blog Galaxia
- Blog Kalandraka
- Blog Toxosoutos
- Blog Trifolium
- Blog Xerais
- Bouvard e Pécuchet
- Brétemas
- Cabaret Voltaire
- Cabrafanada
- Carta Xeométrica
- Ferradura en tránsito
- Fervenzas literarias
- Ler e ver
- O levantador de minas
- O porto dos escravos
- Trafegando ronseis
- Un ollo de vidro
- Web Celso Emilio Ferreiro
-
Álvaro Cunqueiro "Culturas" Agustín Fernández Paz Baldo Ramos Begoña Caamaño Biblos Celso Emilio Ferreiro Claudio Rodríguez Fer Consello da Cultura Galega Edicións Xerais Edicións Xerais de Galicia Editorial Galaxia Entrevista Espiral Maior Faktoría K de Libros Fran Alonso Francisco Castro Galaxia IES Valadares Iolanda Zúñiga Kalandraka Laiovento La Voz de Galicia La Voz en Espiral Letras Galegas Lois Pereiro Luís Ferreiro Manuel Bragado Manuel Rivas Manuscrito manuscritos María Reimóndez Marcos Calveiro Miro Villar Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro Poesía Qué leer Roberto Vidal Bolaño Rosalía de Castro Toxosoutos Trifolium TVG Valentín Paz Andrade video Xerais Adianto editorial (2)
Adianto reseña (1)
Álbum ilustrado (48)
Antoloxía (1)
Apuntamento (1)
Arte (3)
Artigo (6)
Banda deseñada (4)
Biografía (16)
Blogue (9)
Booktrailer (1)
Catálogo expositivo (5)
Celso Emilio Ferreiro (164)
Cine (6)
Club de Lectura (3)
Convocatoria (31)
Crítica (23)
Crítica literaria (291)
Crónica (79)
crowdfunding (1)
Curso (3)
Día das Letras (40)
Divulgación (189)
Docencia (2)
Documental (4)
Editorial (5)
Efeméride (23)
Ensaio (100)
Entrevistas (51)
Exposición (3)
Faladoiro (4)
Fotografía (7)
Gastronomía (2)
guión (1)
Historia (2)
Homenaxe (13)
Ilustración (2)
Inédito (1)
internet (4)
Lectura (5)
Libro ilustrado (6)
Libro lecer (3)
Lingua galega (1)
Literatura (21)
Literatura galega (26)
Literatura infantil (28)
Literatura xuvenil (16)
Manuscrito (106)
Música (15)
Narrativa (128)
Necrolóxica (1)
Noticia (24)
Noticia literaria (13)
Novela (13)
Novela gráfica (5)
Novidades editoriais (16)
Obituario (1)
Opinión (68)
Poesía (147)
Premio (43)
Presentación (23)
Programa radiofónico (13)
Promoción da lectura (4)
Recomendacións (1)
Recursos didácticos (8)
Reedición (2)
Relatos (7)
Reportaxe (1)
Revista (18)
Roberto Vidal Bolaño (2)
Romanceiro (1)
Sen clasificar (6)
Teatro (11)
Televisión (6)
Textos (3)
Tradución (42)
Unidade didáctica dixital (1)
Valentín Paz Andrade (12)
Varios (30)
Vendas (1)
Video (73)
Video promocional (3)
Xornalismo (9)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck and Luke Morton requires Flash Player 9 or better.
Meta
Tag Archives: Francisco Castro
Unha regalía: Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida
Accedín hoxe, non oculto que con emoción, a un exemplar dun libro moi devecido. Ao velo lembrei o que aseveraba nun chío a xornalista Carme Vidal, ao fío da noticia da aparición deste Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, no que contaba unha fermosa historia: «Ese home é «escritor e comunista» dicía meu pai cada vez que Lueiro volvía a Fornelos. E eu, de nena, mirábao admirada». Probablemente, de eu ser neno, de vivir en Fornelos e ver aquel home, se alguén me dixese que Lueiro era escritor e comunista pois miraríao admirado, sen dúbida. Non tiven a sorte, nin sequera, de tratalo, nin de asistir a ningún acto no que el estivese presente, pero si tiven a fortuna de coordinar este libro que quere ser unha actualización tanto do que Lueiro debe significar aínda hoxe como modelo de quen resiste en condicións adversas -velaí esa «liberdade ferida»- e defende con convicción os seus principios. Pero é que Lueiro, ademais, escribiu, e escribiu moito, e penso que non o fixo mal.
O libro parte dunha idea de Paco Lores, presidente da Federación de Asociaciones Gallegas de Buenos Aires e así cómpre recoñecelo. Sen a colaboración, e o apoio, da familia Lueiro, en especial de Marieta Lueiro, de Edicións Xerais de Galicia e, sobre todo, da xenerosidade desa media centena de persoas que quixeron formar parte deste proxecto o libro nunca vería a luz. Quero, pois, deixar aquí constancia da miña gratitude a todas as voces que participan nel, especialmente a dúas que xa nos abandonaron, pois a xestión do libro foi vagarosa, como foron as de Herminio Barreiro e mais Isaac Díaz Pardo, e tamén á memoria de Maruxa Lores, que planea recorrentemente, como non podía ser doutra maneira, en todas as páxinas deste libro.
Ao carón destes últimos hai palabras -ensaios literarios, perfís biográficos, poemas, narracións…- e deseños gráficos dun grupo de persoas ás que quero agradecerlles a súa xenerosidade, o seu traballo, a súa paciencia e comprensión. Velaquí os seus nomes na confianza de que a a memoria de Lueiro permitirá que cadremos e poidamos celebrar a vixencia do seu legado: Paco Lores, Manuel Bragado, Luís Cochón, Ramón Chao, Antonio Chaves, Gerardo González Martín, Modesto Hermida, Francisco López “Chesqui”, Basilio Losada, Manuel Lueiro Lores, Gustavo Luca de Tena, Xosé Luís Méndez Ferrín, Olegario Sotelo Blanco, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández Rei, Luís Mera Naveiras, Francisco X. Fernández Naval, Gogue, Manuel Quintáns, Siro, Anxo Angueira, Fran Alonso, Marilar Aleixandre, Rosa Aneiros, Xosé C. Caneiro, Ramón Caride Ogando, Delfín Caseiro, Francisco Castro, Xoán C. Domínguez Alberte, Miguel Dubois, Xavier Franco, Xosé M. Eyré, Inma López Silva, Xavier López, Antón Lopo, Carlos Oroza, David Otero, Mariña Pérez Rei, Xesús Rábade Paredes, Baldo Ramos, Xurxo Sierra, Xosé Vázquez Pintor e Miro Villar. Beizóns.
Manuscrito: Francisco Castro
Francisco Castro revélame que, hai algún tempo, unha arroutada conduciuno a se desfacer dunha morea de manuscritos e mais dun apreciable número de cadernos de notas que o tempo, e o traballo, foran amoreando. Privado agora deses documentos quixo, porén, estar aquí e partillar o que se pode entender como o máis semellante aos escasos manuscritos que conserva, isto é, unhas notas para ditar unha conferencia que pronunciou en Pontevedra, hai xa un par de meses, baixo o título de «A literatura é o País das Marabillas«. Grazas pola cortesía con esta bitácora!
O neno can, de Fina Casaldarrey e Francisco Castro
Fina Casalderrey / Francisco Castro
O neno can (ilustracións de Patricia Castelao)
Galaxia, Vigo, 64 páxinas, 11 €
Saúdo co agarimo e vehemencia precisas que merece un proxecto, que vai alén do literario, como o que chegou estes días ao meu poder. Trátase d´O neno can, unha obra escrita a catro mans, que non son unhas mans calquera pois tanto Fina Casalderrey como Francisco Castro xa demostraron, amplamente, as súas virtudes como destacados creadores.
Descoñezo o proceso de creación destes cinco relatos mais como lector intúo que a complicidade debeu ser intensa pois o resultado final, que é o que un valora, fai converxer
nos textos o mellor de cada narrador: sensibilidade, coidada estrutura, axilidade e sinxeleza expositiva, todo posto ao servizo, paréceme, dunha prioridade como é a de contaxiar un andazo saudables como debe ser o de promover os valores da igualdade e da xustiza, para o que idearon historias dominadas pola vontade de exhibir situacións, capítulos da vida cotiá, das diversas vidas cotiás, que afectan a nenos e nenas que ven conculcado o seu dereito a levar unha vida digna, quer polas súas discapacidades, polas insalvables dificultades no contexto social no que alentan ou polos abusos a que son sometidos. É evidente que en cada un dos relatos repousa unha intención de querer ir sempre máis alá, isto é, de construír un artefacto literario que, ademais, resulte operativo para abrir os ollos, para reflexionar arredor do universo da nenez e confirmar que non todos os nenos e nenas participan de circunstancias que serían desexables dentro das contempladas na chamada Convención dos Dereitos da Infancia.
O libro contribúe, con rotundidade e para todas as idades, a derrubar as barreiras que se conteñen nunhas citas iniciais que actúan como pórtico dos contos, por certo interpretados fantasticamente a través das ilustracións de Patricia Castelao. Por todo o dito deséxolle a mellor das sortes a este libro, que se lea e difunda, pois literariamente parécenme relatos intachables. Participo da idea que non estaría demáis axudar a unha iniciativa solidaria que agroma da vontade creadora e igualmente solidaria de dous autores de noso e dunha editorial galega que destinará parte dos seus beneficios a UNICEF. Parabéns por esta proposta e que colleite moitos éxitos.
Generación perdida, de Francisco Castro, en Pulp Books
Acolle, o número 170 da revista Qué leer, unha recensión sobre a versión castelá de Xeración perdida: unha novela que Francisco Castro publicara hai xa algúns anos., concretamente no ano 2004 e que, se mal non lembro, tivera a sorte de copresentar, xunto co autor e mais o xornalista, escritor e amigo Álvaro Otero. Deixo aquí ese texto non sen saudar esta nova iniciativa de pulp books que resulta operativa para proxectar autores, autoras e obras de noso cara ao exterior.
In vino veritas, de Francisco Castro
In vino veritas
Galaxia, Vigo, 2011, 388 páxinas, 20 €
Presteille sempre especial atención ao percorrido narrativo de Francisco Castro, desde que este botou a andar; nun principio aguilloado pola curiosidade, desde hai un tempo para acó francamente interesado por todo aquilo que ten que dicir. Desde os seus inicios ata a actualidade non é difícil observar como a súa voz foi consolidándose, adquirindo en boa lóxica novos matices ou reflexos e, abofé, asentándose como un dos nosos narradores máis interesantes e de maior proxección. A perspectiva global que fornece coñecer a súa traxectoria permite identificar que In vino veritas exhibe, por un lado, esa “marca da casa”, isto é, esa voz narrativa empoleirada como un personaxe máis: desihinibida, fresca, irónica ou mordaz, que desmitifica ou ataca sen piedade, que filosofa ou nos conduce por aquí e acolá, conseguindo axiña a complicidade do lector; por outra banda tamén significa o seu retorno a un dos motivos máis recorrentes no autor vigués como é o de recrear os vimbios dunha historia de amor (“quen non ama está morto” dise na novela), un tanto infrecuente e adobiada coa presenza dalgúns elementos sen dúbida sorprendentes, fóra de que talvez sexa esta a súa proposta cunha filiación máis abertamente cinematográfica.
Castro constrúe, así pois, nun pano de fondo dominado polas relacións persoais, unha parodia da novela de detectives da que, con todo, aproveita exemplarmente todos e cada un dos trazos canónicos do xénero, e faino a través dun detective ben singular que debe desenlear unha intriga na que goza de non pouca relevancia o universo das relacións sadomasoquistas, asunto ben pouco transitado nas nosas letras. Con todo, teño para min que a inequívoca intención que domina a proposta non é outra que a de tirarlle o veo a todo o que hai detrás do denominado “telelixo”, todas esas tiranías persoais e colectivas que encerra, poñendo enriba da mesa as claves dese mundo e obrigándonos a valorar a idioticia que esta subcultura proxecta sobre boa parte da nosa sociedade contemporánea.
Por isto esta é unha novela para debater e para discutir cando acaba a súa lectura. Como a min me ocorreu, estou certo que quen se achegar a esta proposta se deixará axiña atrapar polo seu ritmo envolvente, debuxará en ocasións un sorriso irónico e bosquexará tamén outros acenos, eses que fan erguer as cellas e non baixalas durante tempo, mesmo cando se achega a resolución e un se decata de que, en efecto, no viño está a verdade.
Baixo o título de «Unha (nova) historia de amor coa idioticia catódica como pano de fondo» esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 16 de xullo de 2011.



